|
Crack
Karma: 32.27
|
Chegamos ao ecuador da liga, é tempo de reflexionar e botar a vista atrás para ver como se fixeron as cousas durante a primeira volta. Podedes poñer aquí as vosas opinións.
|
|
Crack
Karma: 32.27
|
Eu vou facer o balance do Silleda, o equipo que mellor coñezo nesta competición. Despois de 17 xornadas que deron para moito o balance é positivo, pero non o mellor que puido ter sido.
No plano defensivo empezamos a liga bastante mal, o que nos custou derrotas como a que sufrimos en Noia na segunda xornada ou a do Unión poucas xornadas despois. Co paso dos encontros atopamos a tecla e parece que todo regresa á normalidade, e debemos demostralo no seguinte partido tras este sexto pinchazo. En ataque destapouse un home como Vilas, que no partido contra o Arzúa xogou en punta e dende aquela non se perdeu ningún partido, traballando moito e explotando a súa velocidade, sen dúbida un home que pode facer esquecer ao gran dianteiro co que contabamos o ano pasado, Andrés. (Que parece que non vai volver ao Lalín, polo que teño oído disque queda en Paraguay). O partido contra o Lalín foi de largo o que mellor reflexou o potencial do equipo á marxe da derrota por 2-1, e é unha das cousas que nos ten que animar a continuar. De todos os xeitos os erros seguen a ser de concentración, que non por acerto dos rivais, e esa é unha cousa que perdemos do ano pasado, como a capacidade de levantarnos. Antes ir por detrás no marcador non supoñía problema, pero agora cústanos moito máis levantar o voo despois dos goles en contra. Como xa dixen, balance positivo, se nos fixeramos con puntos que non se deberon perder, coma os do Unión e ese punto do Lalín, poderiamos estar aí arriba, apretando un pouco máis. A nosa posición na táboa creo que é moi boa, tanto como polo feito de estar en promoción como polo de ter de cara todos os factores cancha, (agás o do San Marcos e Unión), dos equipos de arriba de cara a segunda volta. (Xogamos os derbis, contra Oleiros, Noia, Villestro e Dubra incluso na casa). Creo que somos un dos equipos mellor posicionados para estar na fase de ascenso deste ano e intentaremos facer valer a nosa condición de candidatos a entrar nela. Moita sorte de cara a segunda volta para todos e animádevos a comentar no tema. |
|
Crack
Karma: 43.58
|
AMIGO LVIS: PARECE QUE XA DAS POR FEITO QUE VAS A GAÑAR NA PUEBLA, POIS PENSA QUE O VAS TER MOI CRUDO PORQUE AQUI SOLO GANOU O OLEIROS E FOI POR O QUE FOI POR QUE HASTA QUE TIVERON QUE SALIR DOUS A VEZ LESIONADOS DO CAMPO, CAGAVAN MASILLA E XA NA SEGUNDA PARTE OUTRO CON OUTRA BRECHA NA CABEZA.NON SEI SI MIRASTES A CLASIFICACION, PERO SOLO ESTADES DOUS PUNTOS POR ENCIMA NOSA E VINDES EN CAMIÑO PARA A PUEBLA ASI QUE CUIDADO QUE QUEDA MUCHA LANA QUE CARDAR AMIGO.
DE TODALAS MANEIRAS CONTA CON QUE AQUI IDES TER QUE SUDAR A CAMISETA. UN SALUDIÑO, CAMPEON. |
|
Crack
Karma: 43.58
|
Eu considero que o valance e positivo para todos desde a decima plaza neste momento ocupada por o dubra hasta a primeira, pois o que mais lonxe esta desde aqui a os postos de promocion
e a catro puntos e o resto estan todos nuha piña de un dos ariva ou abaixo. |
|
Tuercebotas
Karma: 6.11
|
yo solo digo una cosa,cn el oleiros nadie contaba para nada!!y mira dnd estamos 1º!!!pero claro...estamos ai x suerte y x el campo...ya...
|
|
Tuercebotas
Karma: 6.39
|
el campo y la suerte espartaco no sabes que vamos de primero x el campo y x la suerte? xDDDD
|
|
Polivalente
Karma: 16.38
|
Si que é verdade que ninguén contaba co oleiros, pero a realidade é que está ahí arriba e agora mesmo é un claro candidato aos postos de promoción. Como local estase a amosar moi forte. Pero fóra da casa tamén gañou bastantes partidos. Os seus números reflexan que saben aproveitar moi ben os goles que meten e rentabilizalos en forma de puntos. Sea polo que sea, son os campións de inverno e iso hai que respetalo.
|
|
Tuercebotas
Karma: 6.11
|
xfin alguien q abla bn d nosotros y sabe lo q dice jaja si señor apalpador!
|