Solicitar jugadores del

Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.

Avisar de información errónea

¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.

Sábado, 15 de Diciembre de 2018, 18:30
Goles
1-0 (51') 
 
 
1-1 (71') 
 
2-2 (82') 
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos

Pronósticos: 22 Hacer quiniela

91% UD Ourense
9% CD Arenteiro
Debes loguearte para insertar un nuevo comentario. ¿No tienes cuenta? Regístrate gratis

100 comentarios publicados

JonDillinger 18 Dic, 21:35
Denunciar

Mensaxe número 100, non veño aportar nada pero esto non podía quedar nos 99. Saúde e sorte a todos!
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 18 Dic, 19:21
Denunciar

Non me cabe dúbida. Pato, Alfredo,Yosu en Preferente ou Durán en Primeira Autonómica solo o pode conseguir un proxecto como o do Ourense. E no segundo tamén de acordo. Moléstame moito pero... é o que hai. Fano case todos cando o resultado lles vai acompañando.

Eu solo era por relaxar un pouco o ambiente. Saudos.
 Votación cerrada

OUD 18 Dic, 14:09
Denunciar

Que saibas que coincido en todo o que dixeches pero hainos que podían estar en segunda B e viñeron a Preferente. E nunca apoiarei a quen tente enganar ó árbitro ainda que sexa do meu equipo.
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 18 Dic, 11:05
Denunciar

Haxa paz carallo.
O Arenteiro leva moitas xornadas de capa caída. Foi a Ourense a xogar as súas bazas e arrancou un punto. Non creo que alguén contase que os de verde fosen alí a plantexar o partido como se fosen o Barça de Guardiola. Un ten que xogar co que ten. E, se con iso, lle da para rascar un punto, benvido sexa. Dos dous a quen se lle debía esixir xogo é ao Ourense que por algo está pelexando os playoff. E, polo que sexa, non acreditou a superioridade que se lle supón. Ter máis tempo a pelota que o rival non serve de nada. Hai que tirar a porta. E o Ourense pouco tirou.
Para mín, resultado xusto.
Polo que a min respecta, morreu a rivalidade ata o partido de volta e, de aquí ata esa xornada, deséxolle o mellor ao Ourense.
O do tipo que non quere xogar en preferente (para qué se pode xogar en 3ª), o do impresentable (supoño que o coñeces), o do Carballiño que anda por aí a repartir puyas, o de chamar paleto a alguén sendo da provincia de Ourense os 2 (a máis paleta de España de longo)... Non sei, son cousas prescindibles.

Forza Arenteiro e Forza Ourense.
 Votación cerrada

OUD 18 Dic, 09:48
Denunciar

Xa me dirás que ocasións tivo o Arenteiro aparte do golazo do que non queria xogar en Preferente e o churro do piscinas que previamente fixo unha zambullida propia dun plusmarquista dos cen metros braza. O que pasa é que a culpa é do que picou, non deste impresentábel.
 Votación cerrada

cuclillas 17 Dic, 00:33
Denunciar

Son opinións pesule, pero a min ese esquema non me gusta, nin con campos en bo estado nin con campos desfeitos. Ainda que sí que podería chegar a comprender un fútbol un pouco máis directo, pero non en relación co tamaño do campo, senón co mal estado do mesmo. Podo chegar a comprendelo nun lodazal, máis non o comparto, porque o campo hai que cubrilo igual, tanto pra defender como pra atacar, e co 4-2-4 non se cubre ben. Fútbol máis directo, pode ser, pero non con ese esquema.

E a campo pequecho, tipo fútbol sala, a calidade ten o mesmo ou máis que dicir. Logo pra min todo se endereita poñendo toda a calidade posible e ben disposta: É que senón non hai rapaz que empece a xogar nestas categorías ou noutras máis baixas... Eu non poría excusas pra non darlle "cancha" a rapaces con talento, que non digo que ti has estés a pór.
 Votación cerrada

Pesule 17 Dic, 23:16
Denunciar

Que tal cuclillas saudos. E complicado ahí moita igualdad E polo que levo visto iste ano nesta categoria . O campo no medio estaba moi chungo era un barrizal igual curras foi un dos motivos polo que dicidiu o das bandas . Si e verdad e que ise sistema nun campo tan grande e jodido pero nun pequeño igual non tanto e se ollas o calendario seica veñen saidas a campos pequerrechos....
 Votación cerrada

cuclillas 17 Dic, 22:54
Denunciar

Boas pesule. O 4-2-4 ten o que ten: Namentres 4 xogadores van cara diante, non poden voltar cara atrás, ou se cadra, cando voltan, xa está o equipo escarallado. Tan solo con debuxalo... Amais, os catro de diante, ao atacar todos á vez nunha liña perfecta, vanse acomodando máis e millor a outra liña: A dos defensas do equipo rival. Ten o efecto sorpresa ou o efecto tromba... Ou pode telo. Pero eí que o equipo rival aguanta dúas embestidas...

O Valencia xogou con íl fai "dous días" e foi un fiasco. O xogo non hai quen o elabore porque os dous do medio teñen pouco que facer cos catro de diante arriba. Medianamente ben defendido... Podíalle valer ao Real Madrid de Mourinho, que algo así sí que facía, aínda que repartindo o xogo Xabi Alonso e con moita pólvora arriba. Podíalle valer contra algúns equipos, pero non contra outros. Eu acórdome do CD Ourense de Romerito en terceira, co que tamén tivemos fiasco en Caravaca, e era o que facía: Xogaba con un 4-2-4, e dime ti algún equipo ben disposto que non nos gañara ou empatara.

En canto o resultado... Aos puntos puido gañar o Ourense por dominio, pero a verdade é que as oportunidades claras, incluido o penalti marrado, foron do Arenteiro. Eu recordo unha de Carlos de Dios nun man a man contra Pato na primeira metade... Xogada rápida na que ben se aplicaron Cassio e Adil... Contra de libro ben feita, pero malograda. En definitiva, Ourensanista, para min xusto. E penso que sí, que haberíamos de facer sentir ben a outros equipos da provincia que pasan polo Couto. Non digo de regalarlles puntos nin de deixar de corear aos xogadores da UD Ourense. Pero as veces pécase no estadio dun certo aire de suficiencia ou de búsqueda do éxito que non debería de ser tal que así. E págase co rival ou co árbitro, cando un xoga as súas bazas segundo quere xogalas, e eu son dos que penso que o Arenteiro, co Rubio, puido levarse o partido. Así que o mal ou o ben tamén se o fixeron eles.
 Votación cerrada

maxo1964 17 Dic, 15:29
Denunciar

a prepotencia por bandeira de estes capitalinos q van o futbol cos ollos vendados porque solo ben o que eles queren se alguen mereceu ganar ese foi o arenteiro sin duda equipo ramplon este da capital q quere abandeirar o futbol de orense se e con esta proposta pois seguramente a alguen engañan pero cada vez menos vamos verdes
 Votación cerrada

Ourense15 17 Dic, 12:55
Denunciar

JonDillinger, o Arenteiro empatou porq estivo ben plantado no campo e tendes mellor plantilla do q a clasificacion dice (eu contabavos en torno á 10°plaza). Se despois o Ourense fixo un partido moi pobre (primeira parte infumable) pois si, pero q vós plantexastes ben o encontro e soubestes aproveitar as vosas chegadas (a excepcion da de De Dios, q foi clara pero non era o mellor rematador q tiñades, se fose outro...) está clarisimo. O penalti fallado houbese sido o 1-1, q non tiña porq levar nin a unha vitoria do Arenteiro nin a unha vitoria nosa. Só empataria o partido, veremos si despois ía haber ese intercambio de golpes. En definitiva, eu creo q foi xusto, porq foi o q pasou JAJAJA
 Votación cerrada

JonDillinger 17 Dic, 12:13
Denunciar

Eu son o primeiro que non aprobo as perdas de tempo, e o de finxir lesións é algo que me incomoda moito. Neso concordo ao 100%, pero no que non coincido con algún é en que puntuamos só por deméritos do Ourense e non polo propio esforzo, penso que algo si que fixemos, valórese ou non xa é percepción persoal. E por min queda aquí o conto, nós temos que ter a cabeza no Porriño que nos queda moito que remar cara a salvación. Un saudo
 Votación cerrada

Verdegaio 17 Dic, 12:10
Denunciar

Está claro que algúns que aquí opinan non estiveron no partido, ademáis dos dous goles de cada equipo, houbo outras dúas ocasións claras-clarísimas de gol as dúas foron do Arenteiro ademáis dun penalti fallado. O Ourense en toda a primeira parte nin xiquera foi capaz de tirar a portería, e na segunda os dous únicos tiros foron os dous goles, e para de contar. Pasen polas ópticas que polo nadal hai moi boas ofertas.
 Votación cerrada

Ourense15 17 Dic, 11:59
Denunciar

JonDillinger, é a realidade, o Arenteiro chegou un par de veces á nosa porteria, igual q nós a vosa jajaja. En definitiva, reparto de puntos xusto, ainda q sempre se quede un con q puidemos e puidestes ganar. Eu creo q o Arenteiro por ocasions mereceu puntuar. Por proposta (lesions continuas) foi da mais pobre que pasou polo Couto. Pero como hai moitos metodos, é evidente q é ben mellor xogar asi q facer o partido alegre q fixo aqui por exemplo o Paiosaco e perder. Asiq pois nada, a salvarse e bo punto💪🏻. Digo esto sinceramente e sen intencion de ofender, é o q me pareceu a min. A autocrítica xa a fixen mais abaixo de ahi q non fale nesta mensaxe do partido do meu equipo🤷🏻‍♂️
 Votación cerrada

JonDillinger 17 Dic, 11:55
Denunciar

Fíxome gracia tamén o do que non quería xogar en Preferente, o sábado había algún no campo do Ourense que xogou en terceira no Arenteiro mentres non ascendentes, ben ves que oportunistas hainos en todos lados.
 Votación cerrada

JonDillinger 17 Dic, 11:47
Denunciar

O Arenteiro non fixo nada, foron dous regalos pra deixarnos sumar 1 punto, tranquilo Ourensanista, se na segunda volta tedes opcións de xogar a promoción seguro que o teñen en conta e vos devolven o favor, non compre menospreciar a nadie pra engrandecerse un mesmo.
 Votación cerrada

OUD 17 Dic, 09:51
Denunciar

Estou dacordo co don Pesule. Frodo e Arce podían ter taponado as bandas, sen desmerecer a berdian e Ourense15. Creo que aínda merecendo o empate, o Arenteiro chegounos dúas veces, unha o que non queria xogar en Preferente, e outra o "piscinas" que marcou un churro que ainda non o cre. Parabéns ao Arenteiro e se están a 14 puntos será por algo ainda que o sábado non houbese tal diferenza.
 Votación cerrada

Pesule 16 Dic, 23:06
Denunciar

Non ten porque partirse o equipo se os dous de arriba das bandas botan unha man no medio enton sen posesion seria un 4-4-2
 Votación cerrada

cuclillas 16 Dic, 22:53
Denunciar

É que xogar con un 4-2-4 é o que ten, berdian, unha auténtica ruleta rusa. Chegaron as oportunidades, pero por ámbalas dúas partes. Non é un esquema estable en ningún caso. O equipo partiuse e somente unha maior calidade ou un maior acerto pode desequilibrar a balanza. O Arenteiro tamén ten a súa sorte e a súa calidade, e por iso tamén marcaron os seus goles... Resultado xusto
Editado 16 Dic, 22:53  Votación cerrada

Ourense15 16 Dic, 22:51
Denunciar

Totalmente dacordo contigo berdian. Pareceume xenial o cambio de Presas por Joni, non porq Presas o fixese mal q para nada, senón porq necesitabamos atacar os seus 3 centrais con mais ca un xogador e eu creo q o equipo agradeceuno. O problema estivo cando o Arenteiro ia perdendo q estabamos partidos con 4 xogadores arriba e facia q eles chegaran facil á liña de tres cuartos. Entón aí chegou o cambio de Marquitos, pero o q entrou, Alfredo mantivo o sistema de 4 arriba, en vez de meter o futbol-control de Fonde ou mesmo o maior esforzo defensivo de Luis. A maiores, Alfredo saia de lesion polo q non está ao 100%. Tamen concordo contigo en q evidentemente a nosa idea ao mellor non nos daba nin para empatar, pero eu creo q houbo xente q non entendemos os cambios e estamos no dereito a expresarnos e dicir a nosa idea. E esa idea pasaba por repetir a do resto da tempada, a do control do partido e non facelo un ida e volta. Pero bueno, é un punto mais contra un rival directo pola salvacion q non nos recorta puntos e xa temos 32, asiq ben
 Votación cerrada

berdian 16 Dic, 21:52
Denunciar

Paréceme que o partido do domingo non sirve para medir o nivel de ningún dos dous equipos. A sensación de inestabilidade que transmitían os xogadores en cada movemento brusco fai ver o complicado que era xogar en un terreo que cando chove un pouco se convirte nun lameiro.
Na miña opinión acertou Currás no cambio de Joni por un Presas que necesita un bó tapete para que a súa habilidade xere situacións de superioridade. É certo que foi un cambio arriscado porque Joni non é mediocampista e quedaban nesa posición únicamente Durán e Germán, que fixeron ambos un gran esforzo por abarcar toda a zona ancha.
Onde creo que errou Currás foi en non desfacer o cambio unha vez que se adiantou no marcador. Eu tería cambiado aos extremos (Arce e Marquitos) polos dous mediocampistas (Luís e Fondevila) e deixaría a Joni e Hugo arriba. Dese xeito cambiaría o esquema a un 4-4-2 coa intención de dominar o partido no centro do campo e impedir que o Arenteiro se achegara á área de Pato.
Está claro que eu non son entrenador e que igual cos meus cambios acababamos perdendo o partido, pero creo que nos faltou dominio no centro do campo co marcador a favor.
 Votación cerrada

Pesule 16 Dic, 16:52
Denunciar

O comentario ese que lle fixeron sobra dende logo. Saudos e sorte o Arenteiro
 Votación cerrada

JonDillinger 16 Dic, 16:16
Denunciar

Xa sei Pesule, faltaría máis home, eu non quixen xeralizar e espero que o entendas, pero no momento molestoume moito a verdade. Tamén recoñezo que se tódo-los partidos competiramos igual non estaríamos a un punto do descenso directo, o dito, deséxovos o mellor, un saudo!
 Votación cerrada

Pesule 16 Dic, 15:19
Denunciar

E moitos seguidores do Ourense somos dun pueblo de merda e así o recoñecemos ... total ... jajaja
 Votación cerrada

Pesule 16 Dic, 15:12
Denunciar

Xa bueno . Pero os 14 puntos de diferencia xa se explicóu de onde viñan.... e e o que hai... sorte para o Arenteiro e que acade pronto o Seu obxectivo igual que o Ourense
 Votación cerrada

Anarion 16 Dic, 14:51
Denunciar

Un partido horrible, o Ourense moi por debaixo do seu nivel habitual, o arbitraxe absurdo, a excesiva perda de tempo por parte dos xogadores do Arenteiro... Xuntaronse moitas cousas, e en xeral deixaron moi mala impresión.

Espero que no partido contra o Laracha se xogue mellor porque estamos a regalar puntos moi valiosos na casa
 Votación cerrada

Verdegaio 16 Dic, 13:32
Denunciar

Non te molestes JonDillinger, alá cada quen cos seus complexos. O que si me parece moi censuralble e unha total mostra de antideportividade foi o do porteiro do Ourense, xa non me gustaron dous detalles feos que tivo na primeira parte, pero o do final con Portela tirado na área e a súa actitude de desprezo si que me pareceu impropio dun deportista, lamentable.
 Votación cerrada

JonDillinger 16 Dic, 13:01
Denunciar

Máis dun se cadra levou un susto porque non contaba que un equipo de pueblerinos chegase ao 90 con opcións de sacar os 3 puntos do Couto. como nos chamou algún na grada ao que eu respondín, xa que o grupo de persoas que estábamos diante del nos limitamos a aplaudir ao noso equipo e manter a boca pechada sen faltarlle ao respeto como él fixo connosco, e se algo non tolero son as faltas de respeto hacia ninguén. Anécdotas aparte e sen ánimo de xeralizar, esperaba máis do Ourense, tendo en conta que eles salen a competir e nós a pasar as tardes esa diferencia no campo non foi tan palpable como si nos pasou fai 15 días cun Ferrol a medio gas que nos pasou por encima. Un saúdo a tódo-los Ourensanistas e moita sorte nos vosos obxetivos.
 Votación cerrada

Pesule 16 Dic, 11:58
Denunciar

Hoxe a xente que traballa e vive honradamente do seu traballo ten que facelo o sabado tamen e e a xente que lle interesa a o Ourense os da deputacion e o futbol Provincial non lle s van a ir
 Votación cerrada

Pesule ha borrado su comentario

Pesule 16 Dic, 11:52
Denunciar

E si que o Ourense debe atender a petición dos socios e o fútbol os sábados non lle interesa nin na casa nin fora
 Votación cerrada