| Boas a todos. Non teño por costume comentar en ningún partido, pero hoxe vouno facer.
Levo un tempo seguindo o Conxo, vendo os partidos que xoga como local. O equipo tivo partidos nos que sairon moi enchufados e conseguiron un bo resultado e outros nos que a falta de concentración, actitude ou motivación (chamádelle como queirades) fixo que perderan algún que outro punto e incluso conseguir algún tamén, a base de traballo en equipo e tirando todos do carro, tendo comezado o partido con falta de ideas.
Non se lle fai ningún ben a ningún equipo cando se quere personalizar nun xogador os malos resultados (As críticas constructivas axudan, pero os comentarios que se leen hoxe non o son, baixo a miña opinión).
Este é un deporte de EQUIPO e como tal, conseguen os resultados. O EQUIPO gaña, perde ou empata pero o EQUIPO, non o xogador X ou B.
Sempre hai momentos nos que cada xogador quere facer a guerra pola súa parte e, como tod, unhas veces sae ben e outras sae mal...
No tocante ó partido de hoxe: O Conxo saiu, baixo o meu punto de vista, pouco concentrado e, ainda asi, conseguiu poñerse por diante no marcador. Foi a partir do 1º gol cando comezou a despertar e tentar levar o peso do xogo e do partido. Foi de menos a máis. O equipo contrario tamén fixo o seu partido e foi capaz de empatar. E ainda así, o Conxo, non baisou os brazos e tentou levar os tres puntos ata o final. Pode que quedase a sensación de que se perderon dous puntos, pero esto é o que ten o fútbol.
P.D. Espero que isto non lle sente mal a ninguén xa que non teño vínculo algún con ningún xogador do Conxo e vexo, ou intento ver, os partidos da maneira máis obxetiva posible.
Boa semana para todos |
25 Nov 2013, 00:33 |
10.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Esperemos non poñerllo fácil ó Villestro e que siga gañando a partires da seguinte xornada....
Cando acabe a tempada, espero que amantedefutbol non teña razón e os dous equipos estean en comarcal para o ano seguinte.Por ganas e esforzo non vai ser ( polo menos o Trazo ). E podo asegurarche que no Trazo non hai ninguén que se crea nada de nada. Imos partido a partido.
Un saúdo a tódolos xogadores do Villestro cos que coincidin o ano pasado, Eso si, saudareivos despois do partido.... jejeje
|
27 Nov 2012, 23:05 |
164.16 |
14 |
0 |
+info
|
| Con este comentario quero zanxar o tema dunha vez.
Sr. Podorski, antes de inxuriar a unha persona con ese tipo de historias e publica-las nunha páxina de internet, asegúrese ben de como son as cousas realmente. Espero que teña a xentileza de dicirme quen lle dou tal "información", pero que o faga en persona e non a través de esta web.
E por último, se ese comentario malicioso, saiu do vestiario do Trazo C.F., teña por seguro que chegarei ata onde faga falla e tomarei as medidas pertinentes.
LittleStuart, o mesmo lle digo a vostede. Espero que teña o valor suficiente para desculparse polas suas palabras contra min nesta páxina e tamén en persona e non detrás de un nick.
E agora volvo a reiterar que espero que o xogador lesionado non teña nada grave e volva canto antes ós terreos de xogo. |
28 Oct 2012, 15:02 |
58.76 |
10 |
2 |
+info
|
| ESTO XA SE SAE DE NAI..... A TODOS AQUELES QUE DIN QUE EU MANDEI LESIONAR A UN XOGADOR CONTRARIO, POR FAVOR SEÑORES!!!!!! ESTÁN POÑENDO EN DÚBIDA A MIÑA INTEGRIDADE CON FALSEDADES, INXURIAS E CALUMNIAS, ADEMÁIS DE AMEAZAS CON ABRIRME EN CANAL..... E PARA QUEN NON O SEPA, DICIR QUE ESAS ACUSACIÓNS ESTÁN TIPIFICADAS NO CÓDIGO PENAL E SON MOTIVO DE DENUNCIA. A OS SRES QUE PUBLICARON TALES AFIRMACIÓNS, DICIRLLES QUE, SE DEBERÍAN DISCULPAR (ESPERO QUE O FAGAN DE MANEIRA PERSOAL E TAMÉN NESTA PÁXINA WEB).
E VOLVO A REPETIR QUE NON SE DEBEN MEZCLAR TEMAS DEPORTIVOS CON TEMAS DE ÍNDOLE PERSOAL, PORQUE EU NON TEÑO PROBLEMAS CON NINGUÉN, NIN DEPORTIVOS NIN PERSONAIS.
A PACIENCIA TEN UN LÍMITE E NON PENSO PERMITIR QUE SE VULNERE DESA MANEIRA O MEU HONOR NIN O MEU NOME.
O FÚTBOL É UN DEPORTE E COMO TAL, TEN QUE SER E DEBE SER ISO, DEPORTE
|
28 Oct 2012, 01:33 |
276.88 |
21 |
0 |
+info
|
| Hai q ser un pouquiño mais respetuosos. Se son tan mala persona podedes dicirmo á cara, xa q dicides coñecerme... Pero polas vosas palabras creo q non é asi. NA PUTA VIDA XOGUEI SUCIO CON NINGUÉN. E NON ENSINO A NINGUÉN A LESIONAR A UN CONTRARIO. EU NON TEÑO NIN PUTA IDEA DE FUTBOL, PERO A XENTE Q TEÑO Ó MEU CARGO INTENTO INCULCARLLE RESPETO AOS DEMÁIS.
Vivo en sigüeiro e traballo en Sigüeiro e coñezo ós rapaces q xogan no Oroso. E agora dicídeme q gaño eu con q se lesione un xogador do Oroso., eh? Gaño algo?
Gaña algo a persona q me insulta e insulta a miña nai?
Sres. opinen de fútbol o q queiran pero non faltando asi. |
27 Oct 2012, 23:08 |
311.96 |
23 |
0 |
+info
|
| Paréceme de moi mal gusto o q acaba de poñer a persona esta. Na miña vida mandei lesionar a ninguén nin o farei nunca. Esto é deporte e non admito eses comentarios sobre a miña persona. Espero q rectifique ese comentario.
O q nombra a miña nai q faga o favor e se lave a boca. Q eu sepa non lle faltei a ninguén ó respeto e non permito este tipo de comentarios |
27 Oct 2012, 23:01 |
202.33 |
23 |
2 |
+info
|
| Haxa paz sres. O partido acabou. Un partido máis. A liga segue. Bo resultado contra o lider da liga. Partido limpo sen incidentes. Lástima da lesión do xogador número 23 do X. Oroso ( Hugo ). Espero q non sexa grave e teña unha pronta recuperación.
P.D. Diablillo, non entres ó trapo de outros comentarios q non tes porque morrer da risa nin malgastar o viaxe dunha ambulancia, q hai moitos recortes....
Saúdos a todos e bo rollo q o q conta é non levar un golpe |
27 Oct 2012, 20:59 |
82.08 |
15 |
5 |
+info
|
| Santiagobase, ¿Cómo se chaman dous xogadores foron do Trazo para o Tordoia? |
21 Sep 2012, 01:03 |
40.30 |
5 |
2 |
+info
|
| Sres. poñan un pouquiño de cordura. O partido rematou. Non vale a pena andar a faltar ó respeto a ninguén. O que pitou o árbitro ou deixou de pitar xa se foi, xa pasou. "Agua pasada no mueve molinos". O Lalin quedou campeón de liga e o Grixoa acadou a permanencia.
Sorte a tódolos equipos que se meteron na fase de ascenso e ós xogadores do Grixoa, A CENTRARSE NA COPA QUE AINDA QUEDA MOITO POR XOGAR! |
21 May 2012, 23:23 |
181.41 |
8 |
1 |
+info
|
| Noraboa ó Lalin, sorte na fase.
Xogadores do Grixoa, deixade o tema do árbitro. O Lalin marcou tres goles e o noso equipo só un. Victoria do Lalin e punto. O partido rematou e non se vai a rearbitrar. Asi q agora a centrarse na copa. |
19 May 2012, 20:08 |
125.63 |
10 |
2 |
+info
|
| Picheleiro, son o adestrador do Grixoa e q digas q desprezo ó contrario por poñer defensa de tres estas moi equivocado. Ca defensa en cuadro tirei do q hai. Despois q sairan as cousas ou non eso é outro cantar. Na segunda parte xa saimos con defensa de catro. Pero vamos, non teño porque explicarche nada. O q dis aqui é o q pensas e estas no teu dereito, pero non penses q por sair con defensa de tres estou desprezando ó rival porque non é asi. No q si che dou a razón é en q se saimos a xogar coma neste partido en calquera outro parecemos un equipo mediocre. Saúdos a todos e a seguir ben. |
25 Mar 2012, 10:43 |
93.42 |
8 |
1 |
+info
|
| Partido moi malo por parte do Grixoa. Tivo a sorte de que o Bodegón non estivo atinado de cara a portería. Poucas cousas positivas que destacar salvo o goles porque o Grixoa moi mal en tódalas fases do partido. |
24 Mar 2012, 21:31 |
69.30 |
6 |
1 |
+info
|
| Partido fixado para as 17:45h. do sábado 11/02/2012. |
09 Feb 2012, 23:33 |
159.14 |
11 |
2 |
+info
|
| Partido de moita intensidade, como soen ser os derbis, onde o Trazo tivo a oportunidade de poñerse por diante no minuto 3, grazas a un penalti moi claro do Grixoa, pero que foi quen de deter o porteiro do equipo local. A partir desa acción o Grixoa veuse arriba e comezou a meterse no partido. Poucas ocasións para os dous equipos cun xogo moi trabado e físico. O descanso chegaríase co resultado de 1-0.
Na 2º parte o Trazo saiu máis enchufado e creou algún que outro problema á defensa do Grixoa, modificando o seu sistema, colocando máis xente por diante do balón. O Grixoa defendía os ataques do Trazo e tentaba sair ó contragolpe o que lle supuxo a primeira expulsión ó equipo visitante cando un defensor agarra e tira ó dianteiro do Grixoa ( minuto 73 ). A partir de esa acción o Trazo seguiu intentando marcar o gol do empate tendo máis posesión e tentando gañarlle as costas á defensa do Grixoa. O Trazo acabaría xogando con nove por outra expulsión poucos minutos despois ( minuto 76 ) e, ainda nesas circunstancias, parecía non estar xogando en inferioridade xa que, o Grixoa, dedicouse a botar balóns fóra da súa liña defensiva sen criterio ata que conseguiron marcar o segundo gol ( minuto 81 ). No tempo restante o Grixoa si conseguiu ter máis o balón e aplicar máis criterio ó seu xogo, chegando a ter unha ocasión moi clara dun atacante do Grixoa que acabaría botando pola liña de fondo. Chegaríase ó final do partido co resultado coñecido de 2-0.
Desexarlle moita sorte ó Trazo.
Noraboa ós xogadores do Grixoa ( a seguir traballando coas mesmas gañas ou máis rapaces ) |
05 Feb 2012, 12:58 |
171.01 |
12 |
0 |
+info
|
| Desde aqui desexarlle unha pronta recuperación a Liste. |
29 Ene 2012, 12:43 |
205.08 |
15 |
0 |
+info
|