Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Os xogadores do Ourense cobran unha pequena cantidade por partido gañado. Somos un clube de accionariado popular e é así. Lóxicamente, como temos máis de 1200 socios podemos ter unha boa infraestrutura e seguir crecendo e son os xogadores os que queren vir a pesar de que poden cobrar en equipos de superior categoría. Pero claro, ser o Ourense ten estas cousas e en breve estaremos onde a nosa masa social nos vai levar. Iso crea envexas pero ao final é coma os grandes planetas: limpan a órbita de planetoides e asteroides absorbéndoos. Finalmente incluso La Religión terá que se render ao equipo de maior masa social da provincia, é inevitable, os números non perdoan, matemática pura. Moito respecto hoxe polo Amoeiro e Forza Ou!! 28 Feb 2016, 14:57 37.35
Pola pinta parecen amantes do fútbol "patada a seguir" así que creo que sería perder o tempo. 28 Feb 2016, 01:12 37.35
Eu penso que estes non hai remedio que os cure. A cousa parece hereditaria:P 28 Feb 2016, 00:56 37.35
marcosv, coma o sucedáneo tes envexa dun equipo de segunda que representa á cidade e á provincia pero todo pasa tranquilos, a vida é así. 28 Feb 2016, 00:47 37.35
Ola señor sucedáneo, a foto de perfil é do Ourense que seguimos sendo nós. Está o escudo no Couto. O da auga e a luz e cousa dos teus amiguiños pepeiros que fundiron ó equipo pero non o sentimento. Evidentemente tes envexa dun equipo de segunda porque é onde estamos, ainda que por pouco tempo coma ti sabes. 28 Feb 2016, 00:43 37.35
De que piñeiro caería este sucedáneo do Maldini? Canaliza esa envexa e disfruta do Ourense que o paso por estas categorías vai ser efímero. Forza Ou!! 27 Feb 2016, 14:38 37.35
Dende que o Ourense gañou en Arrabaldo o Santa Cruz venlle seguindo os pasos a certa distancia e tamén non parou ata se meter nos dous postos de ascenso. Dez vitorias e un empate. Realmente sobresaíntes e facendo un fútbol vistoso. Olliño con eles. Gran partido en Eiroás con un notable Santa e un trío arbitral desafortunado. Forza Ou!! 01 Feb 2016, 00:30 14.42
Mcvayaina, aquí tes un ourensanista para dicirche que con fichaxe ou sen fichaxe do Santa o Ourense segue sendo o mellor equipo do grupo e nin por iso temos asegurado gañar ningún partido e menos contra o Santa que xa nos gañou no Couto e non foi por casualidade. Forza Ou!! 29 Ene 2016, 20:25 35.66
Flipei co Palmes colega, o Pontedeva é dos mais fortes na casa por iso lles puxera un empate na quiniela.hou hou hou!!!! 23 Ene 2016, 22:14 14.42
Cabacepas, por ir humildemente gañamos o partido porque se chegamos a ir de sobraos o Palmés empata ou gaña porque fixo moi bo segundo tempo presionando moi ben na saída do Ourense. Van se salvar fixo. 19 Ene 2016, 00:37 14.42
O Ourense estaba merecendo marcar polo dominio absoluto ata que chegou o revulsivo: Adrián, loitador como Unai pero máis veloz e acertado. Como ás veces dásenos por non pechar os partidos esta vez foi o Palmés cun gran final de partido que se non é por Samuel áuganos a festa. Xogando coma no últmo cuarto de hora non descenden oh!! Forza Ou!! 18 Ene 2016, 02:45 14.37
Partido da historia son todos porque suma tres puntos coma os demais, e como nos confiemos co novo Palmés de vinte días para acá, creo que o que vai mudar é o conto.non a historia. Forza Ou!!!! 17 Ene 2016, 01:16 14.37
Amigo Arnoiaforever, claro que non vin tantos partidos do Arnoia ou do Amoeiro coma ti mais vin os suficientes para non querer ver mais porque sempre xogan igual, e recoñezo que son efectivos. Tamén vin menos dos Santas e do Loñoá seguramente que ti e moitos pero non me importaria ver mais porque xogan a outra cousa. Xa dixen que é a miña opinión e podo me equivocar. E tamén dixen máis abaixo que detesto a todos os que van ao futbol a insultar. E diso estou seguro que non me equivoco. Saúdos. 12 Ene 2016, 00:10 14.37
Lendo todos os comentarios anteriores quería dar a miña humilde opinión acerca dos equipos deste grupo. Ourense, Santa Teresita, Loñoá e Santa Cruz plantexan un fútbol de toque admirable nesta categoría. Estes dous últimos máis de contragolpe, pero igualmente técnico e vistoso. Arnoia e Amoeiro confórmanse con aquilo de: "o fin xustifica os medios" ou "patada a seguir" e resúltalles efectivo sen dúbida. Se conseguimos ascender pido que polo ben do fútbol nos acompañen calquera dos Santas ou o Loñoá. É unha opinión persoal nada máis. Forza Ou!! 11 Ene 2016, 14:21 14.37
Que quede claro dunha vez. Estamos en segunda autonómica porque non se pode comezar en segunda b de cero. Somos o único equipo por afección(os mesmos do CD Ourense) e por historia(herdeiros de CD Ourense e propietarios do escudo de CD Ourense) que representa á cidade de Ourense e á provincia de Ourense e dito con todos os respectos para todo o mundo. O Ourense CF é un equipo que representa exclusivamente ó barrio da Ponte de Ourense e en ningún caso xogar no Couto ou chamarse Ourense lle da a categoría suficiente por afección e por historia. O Barbadás non é da cidade de Ourense nin o representante da provincia a pesar de ser o que está na categoría superior de momento. O UD Ourense respecta enormemente a TODOS os equipos sexan da categoría que sexan e non se sente superior absolutamente a ninguén porque a nosa filosofía é a HUMILDADE. Punto e final. Foza Ou!! O auténtico. 11 Ene 2016, 14:04 14.37
Penso que unha cousa é defender ao teu equipo e os valores que representa nunha cidade e na nosa provincia,e outra moi distinta, defender a violencia nos campos que nos perxudica a todos, aos da cidade e aos da provincia. 11 Ene 2016, 00:16 14.36
Estou complentamente en desacordo con eses comportamentos, con nenos ou sen eles. Esta xente son uns badulaques sexan do equipo que sexan e non lle fan ningún favor ao fútbol. Arriba os pementos da Arnoia e fóra dos estadios este tipo de badulaques. 10 Ene 2016, 23:43 -58.88
Parece que hai por ai algún Trashno escocido polo resultado, O Ourense é o equipo que representa á cidade de Ourense e á provincia, incluídos os de Arnoia. Quizais habería que cambiar o escenario do partido a Oira, un escenario da vosa categoría e da do Puente(Oirense CF) porque ainda asolagado como vos vai a vós, ou cun árbitro da vosa categoria(malísimo) vese que vos vai moi grande O Couto, coma os amiguiños de Oira. Saúdos cordias!! Forza Ou!! 10 Ene 2016, 23:27 -18.40
Gañamos contra os elementos: os climatolóxicos, os arbitrais e o equipo "patada a seguir". Por iso hoxe temos un triple mérito. Xa estamos onde queriamos. Agora a manterse nos dous primeiros seguir con humildade que é o único camiño. Forza Ou!! 10 Ene 2016, 20:23 14.36
Como el Amoeiro CF ha sido eliminado por alineación indebida, la eliminatoria correcta es: Leiro FC - CD Cea. 08 Ene 2016, 04:03 54.26