Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Creo que o Pontellas, con mellor ou pior equipo, obvio que non vai loitar polo ascenso, ten un xeito de xogar moi intelixente, aparte de que merecéramos gañar con comodidade, soubo esperar o seu momento sen dar un so patadón cara arriba. Chapeu polo adestrador que teñen. Non sei como xoga o Gondomar pero se defendemos coma nos últimos xogos acho que sacaremos o partido adiante. Forza Ou!! 17 Nov 2017, 18:27 60.26
Pois nada, a petar as Gaiandas que é un campazo grande de herba natural. Forza Ou!! 16 Nov 2017, 11:16 60.26
Concordo co favoritismo de Ourense, Bande, Estradense, Sanxenxo, Porriño e Atios como se esperaba. Vexo un Grove que baixa moito fóra da casa e un Moaña extremadamente irregular. Pero aparte destes oito equipazos hai un pelotón moi igualado que vai loitar pola permanencia. Espero e desexo que Nogueira e Ribeiro escapen da queimada. 16 Nov 2017, 10:20 60.26
Como madrugas tocaio :D Temos que ir pola vitoria coa solidez defensiva amosada nos últimos partidos. O campo é ideal para facelo pero con moito respecto por este equipo histórico, o Gondomar. Forza Ou!! 15 Nov 2017, 11:09 60.26
A seguir sen encaixar que algún goliño vai caer para gañar. Forza Ou!! 12 Nov 2017, 16:02 36.44
Xa teño vontade de ver ó noso grande capitán Xurxo entrando nas convocatorias e xogando. 11 Nov 2017, 12:41 60.26
Parece que agora xoga o Peluso na Preferente contra o Pontellas. Xa pode correr o coitado. 10 Nov 2017, 10:33 36.44
Do mesmo xeito que prefiro que non xoguen nin Bruno nin, por exemplo Senén contra nós porque son moi bos xogadores, tamén non concordo con este tipo de cláusulas tipo Midrí. É unha arma de drobre fío. 08 Nov 2017, 14:36 36.44
Terceiro derbi consecutivo onde temos que manter a porta a cero e marcar algún gol para sumar os tres puntos ante un Nogueira ó que lle desexo o mellor e, coma ó Ribeiro, que manteñan a categoría. 06 Nov 2017, 00:16 36.44
Que pasada!! Non puiden ir a Bande pero estou feliz polo noso Ourense. Un pasiño máis e a seguir con esa fortaleza defensiva que dicides que tivemos hoxe porque xenialidade dos nosos sempre vai haber algunha para decantar o partido. Forza Ou!! 05 Nov 2017, 23:57 36.44
Non puiden ir ver ó Ourense co Ribeiro aínda este ano. Levei unha alegría polos tres puntos para o saco. Forza Ou!! 02 Nov 2017, 02:14 36.44
Se non somos o Real Madrid ou o Barça da categoría con 1500 socios entón que somos? Hai que ser humildes e asumir cando as cousas non se fan ben. Un adestrador que anda con desculpas dese tipo... Temos un gran plantel, por iso goleamos ó líder e gañamos no Lourambal por un resultado curto. Non tapemos o sol cun dedo. Gústame moito como xoga o Ourense e a proposta de fútbol que presenta. Pero nos partidos de fóra algo estamos facendo mal para encaixar tantos goles. Asumamos os fallos e traballemos para corrixilos pero non vaiamos ó vitimismo de dicir que non temos para máis porque iso non cola a estas alturas. Forza Ou!! 31 Oct 2017, 09:21 59.39
Só digo. Pódese perder pero como se perdeu hoxe non é de recibo. Despois de fallar a enésima ocasión de sentenciar cóllenos o Pontellas de soneca e márcanos dous goles en dous minutos e logo de tirar unha soa vez a porta en todo o partido. Noraboa ó Pontellas que xogou un repregue perfecto sen dar un balonazo arriba e saíndo moi ben á contra. Isto haino que remediar porque non pode seguir así. 29 Oct 2017, 22:07 362.08
Non sei a que ven iso de que non é o mesmo que con CD Ourense pero que é similar. Que aínda estamos en Preferente neno, a todo se chegará. Pero inevitabelmente claro que non é o mesmo. Agora o clube é NOSO, non dos políticos, por iso é MELLOR institucionalmente e se as sensacións son dunha piña total entre o equipo e a afección dende terceira autonómica a preferente, imaxina o que será en terceira ou segunda B. Respecto e humildade ante este Pontellas que aposta por un fútbol combinativo polas referencias que teño e a tomar San Campio. Forza Ou!! 29 Oct 2017, 09:34 384.67
Eu penso que a baixa de Bruno non resta porque apenas xogou no equipo e tamén non respondeu ás expectativas depositadas nel polo corpo técnico. Charly ten ficha polo primeiro equipo e en calquera momento pode ser convocado e xogar. Agora sería o momento de incorporar ese dianteiro polo que todos devecemos e que nos dea ese plus para compensar a calidade que temos en todas as demais liñas. Todos a San Campio a petalo. Forza Ou!!. 27 Oct 2017, 00:59 59.03
O artificial utilízano ás seccións inferiores do Pontellas e é grande. O primeiro equipo usa o natural pero en ningures veñen ás dimensións. 24 Oct 2017, 15:17 59.03
Ourensanistas, vermellos, hai que petar o San Campio, sintético de 105x66. Non está nada mal a priori. Forza Ou!! 23 Oct 2017, 12:34 59.03
Vitoria cómoda ante un Grove que trata moi ben a bola e tivo as súas opcións na segunda parte pero atopouse cun gran Pato. Tres puntos importantísimos para seguirmos na loita. Forza Ou!! 22 Oct 2017, 19:58 166.00
Coma di o zapeu estes tres puntos son vitais polos cruces entre os tres rivais darriba e para tentar mellorar o coeficiente respecto de eles. Forza Ou!! 17 Oct 2017, 15:49 59.03
Máis do mesmo. Dominamos o partido de cabo a rabo. Conseguimos rasear o balón a pesar do estreito que é o campo. Volvemos fallar case todo o que creamos. Chegamos con moito perigo e botámolas fóra. Este equipo non nos fixo NINGUNHA ocasión en xogada. Tiraron 2 faltas laterais e marcounos un gol o central de cabeza coma no Porriño. Resultado inxusto pero é un punto máis. 16 Oct 2017, 01:00 83.92