Comentarios de TEIXEIRO

Comentario Fecha Karma
Dous triunfos consecutivos conseguiron elevar a moral do Polvorìn que lle serviron para abandoar os postos de descenso directo pero o rival ven a Cheda convencido de que vai puntuar. Un triunfo a calquera deles vailles valer para seguir escalando postos. 13 Nov 2019, 18:21 144.33
Partido televisado na tvg2 08 Nov 2019, 15:22 68.97
Bueno a Sarriana deixou marchar a Alberto para o Arzùa e con el viaxaron tamen un par de efectivos. De momento vailles ben pero eso è cuestiòn de sorte e rachas. 08 Nov 2019, 09:34 118.24
Seguro que ese estilo de xogo aberto agradarà o pùblico que se de cita na Alta, todos queren que gañe o seu equipo pero cando se ve bon xogo o aficionado ten que rendirse a evidencia, disfrutalo e deixarse de forofismos partidistas. O xogo è xogo: unhas veces gañase e outras pèrdese. 07 Nov 2019, 15:12 118.24
O Fisterra vai coma un tiro, ocupa a segunda praza e aventaxa con dous puntos os seus inmediatos e en Bembibre ten a posibilidad de manter esta posiciòn unha semana mais ante un Dubra que leva cinco derrotas consecutivas. 07 Nov 2019, 13:09 68.97
Non està a encontrar o camiño da consolidaciòn de resultados a Sarriana e non se da enganchado como candidato sòlido o ascenso e o lider xa lle leva 9 puntos de ventaxa. Ante o deprimido Laracha que a pasada xornada caeu ante o colista (que non habia gañado aìnda) debe chegar o triunfo e que convenza. 07 Nov 2019, 13:04 118.24
Partido no que ambos poden creer na victoria aìnda que mais necesitados os lucenses e con un Sigueiro mais animoso despois de gañar a pasada xornada. 07 Nov 2019, 12:59 68.97
Partido dos que lle gustan o Foz, pois a pesar de que o favoritismo sexa para o Ribadeo os locais crecense moito ante estes retos e esta temporada xa sacaron bo proveito en moitos deles. Pese a todo os locais necesitan moito mais os puntos xa que estan en zona moi perigosa e a competencia por sair de postos directos de ascenso non vai ter tregua, por contra o Ribadeo està en zona mais noble e un triunfo podelle servir para rebasar a rivales como Puebla ou Mugardos que teñen uns dificiles compromisos esta semana. 07 Nov 2019, 12:54 68.97
O Lemos respirou tras a victoria ante o Boimorto fai duas xornadas e o Arteixo meteulle un correctivo o Puebla na pasada e xa se coloca na parte media da tàboa a camiño de asaltar postos hacia arriba ou co perigo de baixar a zona perigosa. A irregularidade do Arteixo fai que sexa un equipo bastante impredecible e dependendo moito do dìa asì lle son os resultados. 07 Nov 2019, 12:45 68.97
Partido de moita presiòn para o Montañeros, leva cinco partidos sin gañar e nos que sò consigueu un punto, è colista despois de perder en Boimorto, chega un dos equipos mais en racha da categorìa e hai estreno de mister, chegou Moisès Pereiro ex-xogador do Montañeiros en Segunda B. O mister è xoven e tamèn con pouca experiencia como entrenador pois sò entrenou o Barbadàs na terceira divisiòn e o Antela en Preferente asì que o seu bautismo en A Coruña esperase con gran incognita ante unha aficiòn que esperaba moito mais do Montañeros. 07 Nov 2019, 12:40 160.65
O partido da xornada. Partidazo para ver e disfrutar e que o aficionado non se debe perder. O Puebla ven de perder en Arteixo e ten que enfrentarse o lider con decisiòn e concentraciòn si quere facerlle dano e ten que olvidarse da pasada xornada, como suele decirse è mellor perder un partido por 3-0 que tres partidos por 1-0 e este Puebla està capacitada para doblegar o lider e seguir soñando. Os viveirenses son sin lugar a duda o equipo a batir esta temporada, teñen un gran equipo e como alguen dixo de mediocampo para riba son equipo de terceira divisiòn pero tamèn parece que teñen un punto fraco que pese a que resolven os partidos moi pronto chegan a perder a concentraciòn o final dos mesmos e non lle custaron xa varios disgustos precisamente por eso de ser superiores. Recordar que na ùltima visita a Puebla o resultado foi 1-1 adelantandose no marcador os visitantes e ambos goles nos primeiros trece minutos. As Brijadas que se apresuren a reservar as entradas e que enchan a Alta de branquiazul. 07 Nov 2019, 12:28 118.24
Volveu a sonrisa a Lugo coa victoria contundente ante o Ràpido e escapar do farolillo roxo pero enfrente terà esta xornada un equipo mais que aguerrido que leva sete xornadas sin perder e maniatando a equipos como Bergan, Fabril e Arosa e xa ocupa postos medios da clasificaciòn despois de estar enterrado nas primeiras xornadas. 07 Nov 2019, 10:23 -10.94
Ilusionados teñen que estar os da Estrada con dar outro golpe de man pois despois das victorias ante o Barco e o Bergan (ante estes con goles e bon xogo) hai razons para que asì sexa. ¿quen se levarà o gato a auga, o pai (no Fabril) ou o fillo (no Estradense)? 07 Nov 2019, 10:16 68.97
E mais que desconcertante a marcha que leva o Bergan, e sin ir mais lexos a malleira que lle dou o utro dìa en Carballo o Estradense tanto en resultado como en xogo pero claro conocendo o potencial que teñen estàn habilitados e mais que obrigados a gañar en calquera campo e tamen no Poblado e sin equivocarse porque o que As Pontes ocupe o ùltimo posto non quere dicir que sean unha "cenicienta", este equipo vai ir a mais e o Bergan pode ser a sùa victima. 07 Nov 2019, 10:12 68.97
Soupo a gloria a victoria do Arzùa no Carballiño pero o Arzùa non quere vivir de rentas e sabe do moito que ten que pelexar en cada partido e quere ir metendo o graneiro canto antes eses puntos que poidan darlle a permanencia pero non serà facil nesta xornada xa que recibe a un rival coas mesmas pretensiòns e que chega con unha racha de cinco partidos sin perder. 07 Nov 2019, 10:06 68.97
Partido interesante no que o Barco sae como favorito e non debe perder para non rebaixar tensiòn na clasificaciòn. Os coruñeses veñen de poñer contra as cordas a todo un Compos o que controlaron perfectamente nun tempo e noutro aguantaronlle ben o asedio o que pasa è que hai pouco gol (dez en once xornadas) e eso pode dar ventaxa o rival. 07 Nov 2019, 10:02 68.97
Sin lugar a dudas è o partido da xornada, dous equipos que levan un alto ritmo e racha pois acadan invictos oito e nove xornadas respectivamente, por eso a victoria estarà moi cara. O Ourense lider aìnda aventaxa o Compos en tres puntos e os locais aventaxan o sexto e o sèptimo en un e cinco puntos polo que a derrota podelle supoñer a caida dun posto. 07 Nov 2019, 09:53 275.24
Andan algo cabreados alà polas terras de Carballiño sobre todo pola ùltima derrota contra o Arzùa na que tiveron numerosas ocasiòns de gol que non foron capaces de materializar pero o certo è que non deben saltar as alarmas porque de feito estàn a desenvolverse ben e na clasificaciòn dende o septimo o ùltimo non hai mais que a diferencia de 9 puntos polo que serà territorio no que haxa mil e un cambio. Non è moi doado puntuar na Porta Santa pese a que o titular estè ahora mesmo en zona de descenso pero o haber gañado no Porriño doulles aire pese a que logo perdese os des siguientes partidos pero claro hai que ver que foron ante o Ourense CF e o Choco. Partido moi aberto para ambos. 07 Nov 2019, 09:46 246.96
Dende que xogou no Viso co Arzùa donde fixo un partido primoroso o Pontellas non volveou a gañar e leva tres derrotas consecutivas e nesta xornada chega un reverdecido Choco con ansias de recuperar os puntos perdidos a semana pasada ante o Arosa e poder seguir apretadiños nese grupo de cabeza no que estàn seis equipos. 07 Nov 2019, 09:39 68.97
Abrese a xornada na Magdalena donde o Compos ten a obriga de gañar se quere darlle alcance o Ourense CF, pero a casualidade è que das cinco veces que visitou a Magdalena nunca logrou gañar, sò consigueu dous empates e sò marcou un gol, un gol marcado precisamente por Primo que pode debutar ahì esta semana. 07 Nov 2019, 09:34 68.97