Mala xornada para Limia, Verín e a Baixa Limia

Mala xornada para Limia, Verín e a Baixa Limia

Este fin de semana foi unha mala xornada para os equipos da Limia, Verín e a Baixa Limia debido aos malos resultados acadados.

En Terceira o Verín CF perdeu por 2-1 frente ao CD As Pontes. Por se a derrota fose pouco o equipo está a 4 puntos da salvación e Sergio González Rodríguez, o autor do gol verinense, foi expulsado por doble amarela e perderase cando menos o seguinte partido.

En Preferente Sur o CF Monterrey caeu derrotado en Rozavales por 1-5 fronte ao Porriño Industrial CF e está último con 15 puntos a 11 do penúltimo e a 17 da salvación.

En Primeira Grupo 4 o Antela perdeu no último minuto frente a Manchica e cae aos postos de descenso. Se iso fose pouco un dos seus máximos goleadores, Javier Corbillón Pelayo foi expulsado e perderase o seguinte partido. O Piñeira Seca logrou empatar na casa 2-2 frente ao sporting Celanova pero atopase a 9 puntos da salvación. O Bande SD foi o único que sacou un bo resultado gañando por 0-5 ao Cortegada e aproveitando os empates de Allariz-Taboadela e Nogueira-Poligono colocase segundo a tres puntos do primeiro e un por enriba do cuarto.

En Segunda Grupo 10 o Muíños gañou por 6-5 ao Raio Alaricano, pero no minuto vinte xa gañaban por 4-0 e o Raio comenzou a remontada que acabou fracasando con esa victoria o Muiños. Está a sete puntos dos postos de ascenso. O Vilardebós perdeu 3-2 fronte ao Maceda nun partido que comenzou perdendo, empatou, volveuse por po diante o Maceda, volveu empatar o Vilardebos, e a falta de seis minutos o Maceda puxo o 3-2 definitivo. Con esta derrota o Vilardebós queda con 21 puntos, a catro da salvación pero con dous partidos menos que o resto. O Boado contra o UD Lobios rematou co mesmo resultado que empezara. Con este empate quedan décimo terceiros con 25 puntos e décimo segundo con 27, respectivamente.

Na Copa Deputacion de Ourense de Terceira Autonómica o Vilar de Barrio descansou, mentres que o outro representante da Limia, a ADC Sainza perdeu 1-0 e está última do seu grupo.

Artículos relacionados