¿Conoces ya el calendario 2025/2026 de esta liga? Actualízalo y conviértete en administrador de la liga.
Seguir

Cultura

Crack
Karma: 78.42
Publicaciones: 27
Votos: 52 Ver más
cicladosano dijo 08 Mar 2013, 23:06 ... Denunciar | Responder
Locke fai unha reflexión sobre a natureza da sociedade civil desde a perspectiva dun hipotético estado previo ao que chama estado de natureza.
O estado de natureza é un estado de liberdade perfecta polo que os homes poden ordenar a súas accións, e dispoñer das súas posesións e persoas como queiran, dentro dos limites da lei da Natureza.
É tamén un estado de igualdade, onde todo o poder e xurisdición é recíproco, e ninguén ten máis ca outro. Non hai nada máis evidente que o feito de que as criaturas da mesma especie e rango, nadas con todas as mesmas vantaxes da natureza, e co uso das mesmas facultades, sexan iguais entre sí.
Igualdade e liberdade son os rasgos fundamentais do estado de natureza.
Con todo, algúns homes non deixan de cometer violacións da lei natural e entón os afectados se defenden dos transgresores o se toman a xustiza pola súa man. Para evita isto, Locke ve necesaria unha sociedade civil, para a que é necesaria un pacto.
O paso do estado de natureza ao civil é por consentimento, a sociedade civil fórmase por un acordo mutuo entre todos os individuos de unirse e vivir nunha comunidade.
Sendo os homes libres, iguais e independentes por natureza, ninguén pode ser eliminado deste estado e suxeito ao poder político doutro sen o seu propio consentimento. Cando un número de homes consentiu formar unha comunidade de goberno, queda incorporados e forman un corpo político, no que a maioría ten o dereito de actuar e prevalecer sobre o resto. Así, cada home, ao consentir con outros a formación dun corpo político baixo un goberno, obrígase a si mesmo a someterse ás determinacións da maioría.
Despois do contrato, o individuo debe obedecer os poderes da sociedade civil, que permiten ao seu goberno emitir leis e establecer penas en favor do ben público.
Locke afirma que a súa teoría non se basea en documentos históricos, senón que se atén a feitos simples coma a existencia xeral da razón e a condicións innatas coma a liberdade do home.
Para Locke, un parlamento é unha convención de homes libres que deciden vivir baixo as regras do xogo por eles establecido.
O contrato político non é limitado no tempo, senón permanente.
Locke concede poderes plenos ao goberno, pero esa plenitude debe entenderse no sentido de que, dentro da ley, pode afectar totalmente ao individuo. Ese “dentro da lei” refírese á lei positiva, e non pode afectar á natural.
Locke establece que o goberno debe representar a todos os homes , sendo a soberanía popular, e que a propiedade privada é un dereito natural do home.
Segundo Locke, o Estado é un instrumento garantidor do ben dos cidadáns e o libre gozo dos seus bens materiais. A propiedade non é asunto do estado, o cal debe de brillar pola súa ausencia sempre que lle sexa posible.
Finalmente Locke divide as distintas actividades do Estado en tres: poder lexislativo, poder executivo e poder federativo, creándose un organismo especializado en cada unha.

 
 
Votación cerrada
Aviso: cicladosano ha borrado su comentario
Crack
Karma: 78.42
Publicaciones: 27
Votos: 52 Ver más
cicladosano dijo 16 Mar 2013, 14:11 ... Denunciar | Responder

A existencia e infinitude son perfeccións de Deus. A esencia de Deus comprende a súa existencia, polo que considero que non se pode concibir a Deus sen existencia.
Se se concibe que Deus é perfecto e infinito, esta idea non pode proceder do ser humano, posto que somos finitos e imperfectos. Entendendo polo nome de Deus unha substancia infinita, eterna, inmutable, independente, omnisciente, omnipotente pola que todas as cousas que existen foron creadas.
Por tanto, “é necesario concluír que Deus existe, pois aínda que hai en min a idea de substancia, sendo eu unha, non podería haber en min a idea dunha substancia infinita, sendo eu un ser finito, de non ser posta en min por unha substancia que sexa verdadeiramente infinita”.
Con todo, alguén podería obxectar que Deus me engana, pero isto non é posible, pois sería unha imperfección que non se pode atopar nun Deus perfecto. Tamén pode obxectarse me equivoco, máis o creador non puido darme unha facultade defectuosa.
 
 
Votación cerrada