|
Titular
Karma: 13.78
|
Portazgo 2-Sp Cambre 6.
Hoxe no campo do burgo o Cambre,gañou o seu ultimo compromiso da primeira volta,con solvencia no marcador que non no seu xogo.Antes de cumplir o primeiro minuto,os visitantes poñianse por diante nunha desafortunada xogada da defensa local.o Portazgo estirouse un pouco e logrou o empate cun golazo dende case o medio do campo.O Cambre puxose o mono de chollar,e levantou o partido ata lograr un resultado de 1-4. a segunda partre supuxo un cambio radical,os visitantes se durmiron,deixaron o peso de xogo os locais que chegaban pero no remataban.Lograron un gol en despiste colectivo dos visitantes e apretaron pero o Cambre espertou e conseguiu o 2-5 . despois o arbitro decidiuse catgar o partido,non pitando un penalti claro na area do Cambre,e expulsando a un xogador local.Con superioridade nu8merica os visitantes se atoparon mais comodos,e colocaron o 2-6 final no marcador. O mellor foi o resultado pero o xogo do Cambre foi calamitoso;incluso se fallou un penalti con 1-2 no marcador. Asi que campeonato de inverno honorifico para os blancos e a mellorar por que si non.... |
|
Titular
Karma: 11.29
|
Vizoño S.D. 6-0 Cecebre
Pese ao resultado, partido, na primeira parte, moi complicado para o Vizoño, o Cecebre, que aínda que vai de último, e quizáis, un dos equipos máis peleóns dos de abaixo, e pódenlle marcar 5, que non se rinden, por eso e algo digno de felicitar. O partido foi noso, de principio a fin, con moitas ocasións, e 5 dos goles, foron moi bonitos a verdad. O primeiro, foi un roubo dun medio noso, pasoulla ao dianteiro e Iván marco a pracer, o segundo, o noso segundo porteiro, xogou de interior, e marcou un golazo desde a banda. Xa na segunda parte, Iván marcaba cunha bonita volea, o cuarto funme de dous, e tirei coa perna esquerda ao pao corto, o quinto xa non vin, e o sexto un golazo de falta directa do noso lateral esquerdo. |
|
Crack
Karma: 54.92
|
S.E Abellá 4-1 Once Caballeros
Victoria do Abellá por 4-1 ante o Once Caballeros, nun partido no que á media hora de xogo xa dominaban os locais por 2-0, resultado co que se chegou ao descanso. No comezo da segunda parte o Abellá puxo o 3-0 cun gol á saída dun córner, despois os visitantes recortaron distancias con un penalty que o porteiro estivo a punto de parar, pero os locais acabaron coas escasas posibilidades do equipo rival co definitivo gol. O resultado fixo xustiza ao que ocurríu no campo, xa que o Abellá dominou un partido con bastantes paróns, no que os visitantes case non crearon ocasións de peligro. |
|
Limitado
Karma: 9.28
|
Mal partido do Cambre que gañou coa lei do mínimo esforzo. Os goles chegaron grazas a boas xogadas aisladas que destacaron máis que o partido en xeral. Destacar que os visitantes erraron o seu segundo penalty consecutivo, asique esperemos que no próximo haia máis sorte. Tócalles descansar a seguinte xornada, cousa que seguro lles irá ben.
|