|
Galáctico
Karma: 95.23
|
Mira Zidane5... Eu fun xogador do Recesende moitos anos, agora son directivo do clube, e de forma directa ou indirecta levo sobre 15 anos relacionado con el. Gracias ó fútbol, gracias ó Recesende, e xogando contra eses equipos que dis, fixen ó longo destes anos moitos máis AMIGOS dos que probablemente fagas ti na túa vida. E estou orgulloso de haber pertenecido e pertenecer a este CLUBE que ti lle chamas banda, que sí e certo, máis que un equipo é unha FAMILIA, na que tratamos os rapaces como PERSOAS, e na que poño a man no lume que ningunha do medio cento de PERSOAS que formamos parte dela quere abandoar...
Un saúdo. |
|
Limitado
Karma: 9.17
|
John Deere, xa que estás por aquí dando a cara, confirma que o porteiro no voso partido contra o Galicia de Caranza non era Cristian Vázquez Amado. Veña, cóntanos outra mentira aquí á cara!!
|
|
Limitado
Karma: 9.17
|
Xogaron ese partido, expulsaron a dous xogadores por agredir a un rapaciño que é do máis noble, e pasáronse a sanción por onde quixeron. Igual tivo que ver ou igual non, pero a raiz deste tema no foro deixaron de xogar. Algo tería que ver que todo o mundo estivese enterado non?
Creo que non lle falto ó respeto a ninguén informando dunha REALIDADE. |
|
Limitado
Karma: 9.90
|
Hoxe o Recesende xogou en Lugo e vin o partido, non teñen muy bo equipo, pero desde logo podo decir que foi o equipo mais limpio que pasou por este campo, asi que penso que o que estades a decir non e o correcto, ni una patada ni un mal xesto, asi que tomen exemplo alguns dos grandes que dan patadas por un tubo e logo ca impotencia dicen que lles rouban. Asi que non critiquedes a este equipo.
|
|
Limitado
Karma: 10.87
|
eu nn sei ke teñen en contra do recesende a xente moita fala pero nn ve nada do ke din se e verdade ke o demostren
|
|
Limitado
Karma: 9.17
|
Queredes demostracións? Mirade as sancións desta semana, dous xogadores do Recesende sancionados con 4 partidos cada un por agresión. Se sumamos todos os partidos que levan acumulados en sancións por agresións temos a meritoria cifra de 22 partidos!!
|
|
Limitado
Karma: 10.41
|
Pero este tema e dos que xogaban que estaban expulsados, non veñas meter no medio cousas novas, ou claro como non xogaban, aora tes que decir algo non ?
|
|
Limitado
Karma: 9.73
|
Eu non sei se xogaban xogadores sancionados ou non(cousa que non me extrañaria) pero o que queda demostrada e que cando falaba de este equipo como una banda era por cousas como estas. E non entro en discusión ningunha con nadie, pero ao final as cousas van dando a razón a xente e semana a semana queda demostrado. Un saúdo.
|
|
Galáctico
Karma: 95.23
|
Sí é certo que hai duas sancións de 4 partidos do partido contra o Boiro, pero aínda que non quero defender a actuación dos nosos xogadores, está claro que non fixeron o correcto, as expulsións foron nos minutos finais, co resultado de 1-6... (houbo dous expulsados por equipo polo mesmo motivo, como así figura na acta... polo que me parece un erro moi grave da federación que sólo se sancione a UN xogador do Boiro cando foron DOUS os expulsados)... e foron por provocacións verbais de xogadores do Boiro (que deberían saber gañar, porque seguro que si estivesen no outro lado non lles habería gustar escoitar según que cousas...).
Volvo a repetir, os nosos xogadores actuaron mal, non hai defensa algunha... pero quizais pecaron de falta de veteranía e caeron nas provocacións dos rivais (comportamento tamén moi reprobable... hai que SABER GAÑAR...). Non sei que queres dar a entender con esa cifra, Mahamadou Diarra, pero se estás a insinuar que os nosos rapaces son uns broncas vas por mal camiño, porque un ou dous partidos malos tenos calquera, pero podes preguntar neste mesmo foro si quitando estes dous partidos, algún equipo ten queixa de eles... por exemplo, mira o que comenta SD1AE, e dou fé de que xente de outros clubes ós que nos enfrentamos pensa o mesmo... |