Viernes, 6 de Diciembre de 2019
  •     Bouso, Toño, Moisés, Pepe
  •     Menor, Eloy, Héctor, Iago, Daniel

LigaFan: Ligas Fantásticas Amateur

Próxima jornada de liga

Información general de la liga
O xogo consta de 9 bolos colocados en liña.
Cada xogo consta de tiro máis desquite. Tiran os dous xogadores e a continuación desquitan os dous. Repítese o proceso ata que un dos dous gañe o xogo.
Cada bolo puntuará segundo a última liña que rebase completamente. Se queda tocando a liña non conta como pasado.
As liñas que se consideran para este torneo son as de 10, 15, 20 e 25.
Os bolos que se tiren pero non rebasen ningunha liña contan 3 puntos cada un.
A liña de desquite é a de 10 para as mulleres e a de 15 para os homes.
No primeiro xogo comezará a tirar o xogador que aparece en primeiro lugar no calendario.
Nos seguintes xogos, comezará a tirar quen perdera o xogo anterior.
Gañará o xogo o primeiro que chegue a 90 tantos.
Gañará o partido o primeiro que gañe 3 xogos.
Para determinar a clasificación terase en conta o número total de xogos gañados.
En caso de empate entre dous xogadores decidirá o resultado do enfrontamento entre eles.
Se o empate é entre máis de dous xogadores, decidirán os seguintes criterios por orde:
1) Partidos gañados e perdidos entre os xogadores empatados
2) Xogos gañados e perdidos entre os xogadores empatados
3) Xogos gañados e perdidos por cada xogador no total da liga
4) Partido de desempate
Cada criterio aplicaráse de xeito excluínte, é dicir, se un criterio resolve un empate, os seguintes criterios aplicaránse só aos xogadores que continúen empatados

Os catro primeiros desta liga clasifícanse para os cuartos de final, que xogarán contra os catro primeiros do grupo A.

Para o vindeiro torneo, os cinco primeiros clasificados xogarán en Primeira División e os demais en Segunda División.

As datas que aparecen no calendario son orientativas, e poderán variar por circunstancias como a dispoñibilidade dos xogadores ou a climatoloxía.

1 seguidores

Administradores

SiareiroRiotortoCF
SiareiroRiotortoCF