Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.
Avisar de información errónea
¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.
Os xalleiros fixeron valer a sú experiencia e o oficio nun partido no que non foron quen de marcar dous penaltis. O Xallas, SC gozou de máis ocasións. Na segunda parte os cormeláns sofriron o traballo feito nos primeiros 45 minutos. Moi bo ambiente no campo de Platas de Reinoso, unhas 1.500 persoas presenciaron o partido. As gradas teñidas dunha cor azul (o do equipo de Corme), que se fixeron notar durante todo o encontro. Desde un dos accesos ao campo, o da estrada Baio-Santa Comba, se oían os cánticos dos siareiros comerláns.
Falta poucas horas para a disputa da final da Copa da Costa. Un trofeo con moita tradición e sona na Costa e que traspasa fronteiras. Un día de festa, un día de fútbol, o cumio dunha traxectoria positiva para os dos finalistas. O Xallas de Santa Comba nos últimos anos foi quen de chegar e mesmo gañar algunha final.
Os encargados de impartir xustiza, aos que se lle desexa toda a sorte posible:
Árbitro principal : Manuel Casanova Vázquez. Árbitros asistentes : Iván Morlán e Alejandro Lema.
Tamén se espera que o futbol sexa o que predomine na final, sexa un día de festa e do deporte e que gañe o mellor. Neste caso, como é lóxico, tiraremos algo para casa, para o Xallas, SC, co máximo respecto, por suposto, ao Corme.
A final da Copa da Costa 2015 xogarase no Platas de Reinoso (Baio-Zas), o 28 de xuño, ás 19:00 horas. Fai dous anos o equipo xalleiro gañou a Copa da Costa fronte ao Malpica neste mesmo campo.