Por fin!!! Un bo partido, o equipo xogou ao ataque, tocando a pelota, con mobilidade, creamos ocasións, fallamos algunhas (como non), un par delas clarísimas, pero en definitiva fixemos un bo partido. Tan difícil tería sido xogar así no partido de liga en lugar de xogar andando?, porque o rival era o mesmo. Se o equipo xoga cun mínimo de intensidade e ao ataque, coa calidade que temos, aparecen as diferenzas.
Moitas cousas positivas, a mobilidade do equipo, que non demos en ningún momento o habitual paso atrás de moitos partidos, a reaparición de Xurxo e de Pousa, pero por riba de todo, o gran partido de Carlos. Estivo rápido, vertical, presionando ao rival para recuperar o balón, axudando en defensa ao lateral, dando asistencias, marcando un bo gol e tendo opción de algún máis. Para min o mellor do partido. Bos minutos tamén de Xurxo no lateral, haberá que dosificalo polo tema físico, pero coincido co tocaio, con el no centro da defensa algúns dos goles que levamos encaixados non nolos meten. Tamén estivo ben Pousa no lateral, non lle crearon demasiados problemas pero solventounos ben, a diferenza dalgún outro lateral que eu me sei, intenta que o seu par non se poida dar a volta para encaralo. Durán entrou media hora ou así, pisou algo máis a área e o resultado foron un gol e un golazo, repito o do outro día, aí é onde ten que marcar as diferenzas. Tamén estivo moi ben Fran, pero en xeral, como dixen antes, estivo ben todo o equipo.
Agardemos que poida ser un punto de inflexión e que se repita actuación, con algún partido máis así seguro que os xogadores collen confianza.
Votación cerrada