Comentarios de AMARELO

Comentario Fecha Karma
Vermello: tí das por feito que son xogador....por qué, neste foro teñen cabida todosss, polo tanto non te dirixas dunha forma que poida causar malos entendidos. É a miña opinión e non é enfermiza, é real, no solo é por este partido. Repito non te dirixas aos foreiros como xogadores, o foro compóñeno todo tipo de aficionados. Saúdos 22 Feb 2016, 18:19 56.79
Efectivamente melonero...melonero, agora xa non lle vai nen lle ven a naide, xa é campión outro. Melonero....melonero, e todos contentos ☺ 22 Feb 2016, 16:44 56.79
Roubo clamoroso a favor do Zona Vella. Un partido moi disputado con ocasións nas duas áreas. Nos minutos de desconto o Bodegón convirte un tanto, e cando o Portomouro se dirixía para o centro do campo......cal é a sorpresa que o señor colexiado levanta a súa man indicando ou máis ben inventandose un fora de xogo que naide viu. Persoalmente creo que existe unha campaña para que o Zona Vella ascenda si ou si. É vergonzoso que ata os árbitros se presten a esto. O Bodegón terá que loitar contra toda esta basoira. 21 Feb 2016, 21:51 -35.40
Un Bodegón forte, moi positivo e impresionante coma o que poidemos ver contra o Dubra a pesar do temporal, ten que superar este encontro coa mesma garra que nos ten acostumados. Ánimo rapaces, sodes a sana envidia de toda a categoria. 16 Feb 2016, 12:41 -35.10
O Bodegón debe afrontar este encontro con toda a seriedade e intensidade posibles. A estas alturas de liga as relaxacións poden resultar definitivas. O Bodegón ten que ir a polo campeonato mentres matemáticamente sexa posible, este ano é o do cambio de categoría. 13 Feb 2016, 12:19 -34.97
Partido de gran igualdade. Ganará o que máis intensidade poña. Sorte 29 Ene 2016, 20:36 -34.42