Comentarios de AficionadoTerceira

Comentario Fecha Karma
Estou bastante dacordo co que comenta o compañeiro elfutbolesasi2015, dende a grada o partido que se viu foi un bonito partido entre dous grandes equipos, que se viron perxudicados por un pesimo arbitraxe (pero que vamos decir...xa deberiamos estar acostumbrados....) sinceramente creo que o arbitro se enganou moito para os dous equipos....pero como as decisións arbitrais sempre son polémicas, tentarei dar a miña humilde opinion dende a maior neutralidade posible como fago sempre. Primeira parte con claro dominio do CD Artes, que empezou moi forte e so nunha contra o Baroña puxose por diante aproveitando o seu poderio en ataque, o artes pareceu baixar os brazos nada mais encaixar o gol...pero veuse pouco a pouco arriba de novo, e fruto dese dominio chegou o gol nunha falta do medio campo que sacan rapido e pillas descolocados os defensas do equipo visitante. 1-1 no marcados, resultado co que se chegaría o descanso, ata aqui creo que o CD Artes foi moi superior en todos os aspectos. O comezo da segunda parte parecía que o guión ia continuar...os locais sairon moi fortes e tiveron claras ocasions por banda esquerda, estaba dominando o partido que se lle poñía de cara coa expulsión do dianteiro do baroña, xogador que estaba creando máis peligro na area local (expulsión susta tras un insulto o arbitro) pero cando parecia que as cousas se poñian de cara para o Artes, inexpicablemente viñeronse abaixo, parecian ter presa por remontar o partido e dita ansiedade pasou factura, o Baroña supo xogar cun home de menos e creaban peligro a base de contragolpes...nun deles chegaría o 1-2, e pouco despois o Artes quedaría tamen cun home de menos, cando xa todo parecia a piques de rematar un claro erro do defensa do Baroña provoca un claro penalti (tonto e inocente pero claro) que trasforma o dianteiro do artes para poñer as taboas de novo no marcador. Resultado creo que xusto, para o que se viu no campo. O CD Artes debe seguir remando para acercarse arriba, e pola sua banda o Baroña CF debe seguir na sua liña para continuar a persecución os seus veciños e meterse en postos de ascenso. Sorte os dous na vindeira xornada! 09 Nov 2015, 23:55 9.57
Partido crucial para o ADC Cruido, que pode estar ante unha das ultimas posibilidades de engancharse o carro do ascenso, de non facelo empezarase a abrir un espazo que a final de ano pode ser complicado de recortar... comeza a haber distancias entre os equipos e so unha boa racha de victorias pode solventalo. Pola sua contra o Abanqueiro quere seguir metendo distancia, escapando e confirmando (máis se pode) o seu papel de favorito a liga (ainda que e algo que xa ningún equipo duda) son os rivais que todos queren batis seguro! Sorte a ambos equipos, e como sempre, que gañe o mellor! 06 Nov 2015, 13:25 34.28
Partido importante para os visitantes, necesitan gañar se non querer que os seus veciños (O Porto do Son) se escapen.... son os favoritos a levar os tres puntos ante un CD Artes moi necesitado quen no da ca tecla e parece desengancharse dos postos polos que quería pelear....pero ollo esto ainda non acabou e queda moita liga para recuperarse.... que mellor momento que facelo que este? Esta pode ser a xornada na que empecen a marcarse as diferencias, o abanqueiro parece xa escapado e claro candidato a levar o titulo da liga, e a brecha para os postos da fase poden comezar a abrise nesta 7xornada... Sinceramente espero que esto non pase, e que o artes gañe, e aprenten un pouco as cousas ahí arriba. Moita sorte e que gañe o mellor 06 Nov 2015, 13:22 9.57
Interesante partido o que se vai vivir no campo da Alta esta xornada, o Crocha (actual 3º clasificado) enfréntase o todavía invicto lider da clasificación, o Abanqueiro SD. Un Crocha que creo que segue sen mostrarnos a su mellor versión, pero que convirte en perigo a mínima ocasión; terá ante sí a oportunidade de decir que foron os prineiros en vencer os favoritos. O Abanqueiro en cambio pode tentar pegar unha escapada que lle de marxen de erro nun futuro, importantísimos 3 puntos para os visitantes que pra semana reciben o Araño, e quererán facelo aínda como lideres na táboa. Para eso deberán gañar nun complicado campo que todavía ningún equipo conquistou (a piques estivo o cures de facelo a semana pasada) Poderán os locáis sumar os tres puntos e apretar a clasificación? ou sairán os visitantes todavía máis reforzados do encontro? Verémolo o domingo no partido que cerra a quinta xornada da liga! Moita sorte os dous equipos, e como sempre, que gañe o mellor. 23 Oct 2015, 14:29 34.28
O derbi da xornada no campo da trinidade! O novo campo de Oleiros acolle este fin de semana outro bo partido na terceira rexional, entre o CD Artes e os seus veciños o Olveira CF. Empecemos polos locais que veñen de conseguir a sua segunda victoria consecutiva e xa estan empezando a escalar postos na clasificación, acercándose a donde merecen estar, o equipo verdibranco parece empezar a carburar e xa quedan atrás as duras derrotas das primeiras xornadas, empezan a ser o equipo que tanto nos sorprendeu o ano pasado, esperemos confirmar esa milloría este domingo. Pola sua contra, o Olveira CF non acudirá a regalar os 3 puntos, e sairán a pelealo todo, non son por casualidade o equipo menos goleado; o feito de que veñan de encaixar duas derrotas consecutivas pode xogar encontra do Artes, que non quere pagar os pratos rotos. Moita sorte a dous equipos que queren acercarse cada vez máis os postos de arriba. 23 Oct 2015, 14:20 9.57
pouco máis podo engadir o que dixo noso compañeiro monxo, partido complicado entre o Cures SD que sairá a demostrar que a posición que reflexa a clasificación non e a que acostumbran ocupar nin a que por xogo merecen...e que como ven xa mencionou monxo veñen de cerrar un bo fichaje para o seu ataque... esperemos velo o domingo no campo... e un SD Araño, que ten que gañar para intentar pelearlle o liderato o Abanqueiro, antes de que a vindeira xornada se encontren cara a cara. Os locais son os grandes favoritos, pero xa todos sabemos que eso aqui non e suficiente para levarse os tres puntos. Moita sorte a ambos equipos. 23 Oct 2015, 14:06 30.99
Partido importante o que se vai vivir este Domingo no Son, donde locais e visitantes necesitan os 3 puntos para manter as ilusions de gañar a liga. Esperábase máis dos locais, que ata agora non demostraron o cartel de favoritos que se lle colgaba antes de iniciar a liga, coleccionan no seus resultados un pouco de todo (derrota, victoria e empate) frente os que en principio son rivais directos (Baroña, Crocha e Araño respectivamente) serán capaces de recuperar a senda da victoria e volver a mirar arriba? Pola sua banda o ADC Cruido vive un momento dulce tras gañar os dous ultimos partidos con clara ventaxa ante Artes e Nebra (ambos por 4-a) na casa, pero esta vez tocalles saír da comodidade e desplazarse ata as alturas do campo de Porto do Son. Cruído que ten o seu maior perigo no extremo dereito (que e a sua clara referencia), e que maís lles vale que teña un día acertado se queren levarse os 3 puntos. Será o Porto do Son de apretar un pouco máis esta liga? ou por contra comezarán a abrise espacios na clasificación? Sorte para os dous equipos! 15 Oct 2015, 13:35 9.57
Segundo "derbi" consecutivo para o Carreira CF , que necesita resarcirse das sendas goleadas que encaixaron nas duas xornadas anteriores a mans do Abanqueiro (6-1) e do CD Artes (4-0); ambas ocasiones como visitantes, Teñen a oportunidade de vengarse na casa frente un Olveira CF que tamén ven de perder contra o actual lider, e que visita o campo da Guía con claras intencións de levarse os tres puntos e seguir arriba, demostrando que non e sorte que estén donde están. Seguro que será un partido duro e moi desputado, no que a priori non hay un favorito a levarse o premio. Moita sorte a ambos conxuntos! 15 Oct 2015, 13:26 9.57
Un necesitado Nebra CF enfrentase a un motivado CD Artes que o pasado domingo brindounos un bonitisimo xogo ante o Carreira, e que lle permitiu sumar os primeiros 3 puntos do ano. Demostraron que saben xogar e que as duras derrotas sufridas nos dous primeiros partidos non se corresponden co vivido no campo. Os visitantes son favoritos si, pero os locais xunto co Goians son os dous equipos que ainda non coñecen a victoria, e eso faraos moi peligrosos, sairán a morder cada balón, cada pelota...e aproveitarán cada oportunidade. Serán capaces os blanquiverdes de controlar o xogo e demostrar que son, por equipo, candidatos a fase? O CD Artes necesita os 3 puntos para acercarse a loita e non quedar descolgados demasiado pronto da loita que se espera para os meses de inverno. Moita sorte os dous equipos e que gañe o mellor! 15 Oct 2015, 13:20 9.57
Partido importante para ambos equipos, ambas escadras necesitan sumar os 3 puntos para non descolgarse. Por parte dos locais os 3 puntos permitirianlle seguir na loita cerca dos ansiados postos, mentres que para os seus rivais o botín e necesario para nos descolgarse da cabeza, e que non empece a abrise un brecha que este ano se pagará moi cara. Estamos nunha liga no que cada partido pode marcar a diferencia entre estar na loita ou virse abaixo, e a pesar de que e certo que aínda e moi pronto ningún equipo quere ter que remar despois a diferencia. Un cures mellor que o ano pasado enfrentase a un Crocha que segue sen demostrar o nivel que xa amosaron a tempada pasada. Será nesta xornada nada que empecen a abrise espacios na clasificación? Dende aqui desexamos que nos brindedes un bonito partido e que os ansiados tres puntos os leve o equipo que mellor xogue. 15 Oct 2015, 13:11 9.57
Como ben comenta o compañeiro Georx, o Araño e o favorito sobre o papel, pero necesita demostralo sobre o terreo de xogo ante un Goians que vai a máis, pouco a pouco e xornada a xornada mellora o seu futbol, e planta cara os seus rivaisa, que suan a gota gorda para facerse cos 3 puntos; estou seguro de que os locais pronto se levarán o gato a auga. (paciencia) O araño ten a posibilidade de poñerse o frente da táboa se gaña, e o Baroña fai o mesmo ante o actual lider; pero a pesar de que o Araño e o favorito neste encontro non creo que o teña nada doado. Presenciaremos a sorpresa da xornada? Moita sorte a ambos e que gañe o mellor! 15 Oct 2015, 13:04 30.72
O partido da xornada! Esperemos presenciar un bonito duelo entre o "favorito" (sobre o papel) a gañar a liga e que creo vai ser a "Sorpresa" do campeonato o Baroña CF.... O Abanqueiro SD, actual lider da liga e único equipo que gañou todo o xogado ata o momento, enfrentase na casa a un Baroña CF disposto a demostrar que non e o equipo do ano pasado, e que quere presentar a sua candidatura os postos de promoción. O poderio ofensivo do abanqueiro e o seu maior peligro (13 goles a favor en tan so 3 xornadas disputadas, promedia uns 4 goles por partido); será o Baroña capaz de frenalos?? haberá cambio de lider na táboa este fin de semana?? verémolo este domingo na charca. Moita sorte os dous conxuntos, e esperemos que nos fagades presenciar un bo espectáculo. 15 Oct 2015, 12:59 9.57
Partido complicado para o Porto do Son, equipo que todos creían serían os rivais a batir pero que na primeira xornada protagonizaron a sorpresa o caer co Baroña (Equipo que persoalmente creo que vai ser a revelación da liga...senon tempo o tempo), o Son debe gañar si ou si para non sufrir máis da conta nos vindeiros meses; o SD Araño tamen necesita os puntos para demostrar que poden loitar por gañar a liga, creo que son os favoritos. Gustaríame poder ir ver o partido, pois ambos equipos saben o que xogan, teñen uns criterios claros e buscan con ainco a portería contraria, será unha bonita batalla tamén nos banquillos, ambos sacan proveito de xogadas ensaiadas. Moita sorte os dous, esperemos ver un bonito partido! 11 Oct 2015, 00:42 30.52
Partido a priori fácil para o Crocha, que necesita os tres puntos para seguir arriba e que non se escapen os que en principio serán os rivais directos (baroña, Abanqueiro e Araño). Pola sua parte o Goians necesita dunha victoria para ter opcion a algo e non quedarse descolgado, pois ter qye remar 9 puntos nesta liga non será nada doado. O Crocha e o claro favorito pero.....poderá david tumbar a goliat?? 11 Oct 2015, 00:37 9.50
O outro partido do fin de semana, no que o Abanqueiro SD quere seguir demostrando por que e o favorito a gañar a liga, empezaou moi forte o inicio de liga e xa leva 10 goles en so dous partidos por un encaixado, creo que e favorito sobre o papel, pero terao que demotrar no campo, campo complicado no que os locais an de intentar demostrar que están ai por meritos propios, ademáis debemos ter en conta que e o único equipo da liga imbatido, seguirá asi o luns?? esperemos ver moitos goles (son por ahora os dous equipos con máis pegada e que menos encaixan) será entretido sen dubida. Moita sorte as duas escadras! 11 Oct 2015, 00:34 9.50
Bonito partido esta xornada, un bo "derbi" no que o equipo local quere sumar os primeiros tres puntos si ten intencion de aspirar a algo este ano. Pola contra o Carreira espera sumar para acercarse os de arriba e que non comecen a escaparse e poder loitar máis tarde por postos de fase.... e a pesar de que aínda e pronto para falar de obxetivos, sen duda estos puntos recordaranse o final de ano; promoción que vai estar cara e moi loita (ou eso cree un servidor). Se teño que apostar fariao a favor dos locais, xa que creo teñen mellor equipo a pesar de encaixar sendas goleadas no arranque, pero teñen capacidade para refacerse e dar guerra ata o final como demostraron o ano pasado. Espero poder disfrutar dun bonito partido e que a chuvia non faga moitos estragos. Sorte a ambos conxuntos e que gañe o mellor! 11 Oct 2015, 00:29 9.50
Estou de acordo contigo en varias cousas monxo. Ainda e moi pronto para falar de favoritos ou de postos de promoción, e non bastará a primeira xornada para sabelo, senon que necesitaremos unhas cantas, pero o que esta claro e que hay 3-4 equipos que teñen a priori o cartel de favorito e coincido contigo en cales son esos equipos (Son, Abanqueiro,Crocha e Araño) a promoción creo que vai estar cara este ano e que pode haber equipos que den a sorpresa, entre eles como ben mencionas o Baroña, vinos un par de veces en pretemporada e non son o equipo do ano pasado, reforzouse ben e creo que loitará arriba e dará moita guerra (teñamos un ollo en eles). 23 Sep 2015, 11:36 63.61
Pra un servidor este e o outro gran partido da primeira xornada, xunto co Baroña-Porto do Son. Ambos equipos querrán demostrar que o ano pasado quedaron as portas da fase por algo, pola parte dos locais o equipo sufreu unha gran renovación,cambiando dende o Campo (agora xogan no novo campo de Oleiros) ata de adestrador e facendo alguns novos fichajes; ainda que tamen sufreu baixas. Por outro lado temos os Abanqueiro SD, que a pesar de que o ano pasado comezaron con mal pe acabaron séptimos e dando moita guerra, creo que será un dos equipos a batir este ano, xunto co recén descendido Porto do Son e os equipos que xogaron a fase do ano pasado: Crocha e Araño. Antes de comezar a liga, estes 4 equipos parecen ser ,a priori, os favoritos para loitar na parte alta da clasificación. 22 Sep 2015, 11:45 29.98
Primeiro partido da temporada, que gañas de que o balón comece a rodar xa! Partido entre un clásico desta competición, o Olveira CF que se renovou esta temporada con alguns xogadores pero que sen dúbida chama a atención pola ausencia do seu medio (Kiko) pero que non lle impedirá intentar facer do seu campo un auténtico fortín, campo difícil para calquer equipo que acuda a plantarlles cara. Pola sua parte o FC Goiáns e un equipo que debuta este ano en Terceira e quere chamar a atención, veremos do que son capaces. Teremos aqui as primeiras sorpresas/ revelacións da temporada? un aficionado estará sen duda na grada do campo das dunas para ver o primeiro partido do ano, alí vos esperamos as 18:00 Moita sorte e que gane o mellor! 22 Sep 2015, 11:25 29.98
Un dos partidos con máis morbo do próximo fin de semana, a nova temporada empeza cun derbi por todo o alto entre o recén descendido Porto do Son (que se plantea como un dos riváis a batir na lucha polo ascenso) e un renovado Baroña, que creo que este ano vai dar guerra e demostrar que o posto alcanzado o ano pasado non se corresponde co que merecen. Non sei os demáis afionados, pero un servidor xa ten ganas de que empece a liga que se aplazou unha semana máis coa retirada do Caamaño; o que propiciou que se reorganizase o calendario para evitar os odiodos partidos de descanso. Moita sorte a ambos equipos nesta nova andadura pola Terceira Autonómica, que gañe o mellor! Se tivese que apostar por un resultado non sería doado, xa que ainda e o primeiro partido de liga; e a pretemporada engaña moito, pero... creo que o Baroña pode dar a sorpresa. 19 Sep 2015, 12:58 29.86