Comentarios de Audioslave

Comentario Fecha Karma
Aquí o único que está claro pola maioría dos comentarios, é que nin uns saben gañar nin os outros saben perder, e de respeto e educación tamén andamos escasiños, pero esto desgraciadamente é moi habitual no foro (hai excepcións pero escasas). 25 Mar 2013, 13:04 31.98
Non será tanta sorpresa que o 1ª clasificado e o 4ª empaten, ou eso creo eu, teño a que dicir que ámbolos dous teñen grandes conxuntos con moita calidade, quizais o Boiro é un pouco superior ó Unión no aspecto físico, pero a nivel de calidade e talento dos xogadores están moi parellos. Na miña opinión o Unión estaría mellor clasificado se non xogasen tódalas semanas metade dos seus xogadores cos xuvenis os sábados pola tarde co conseguinde desgaste que esto supón. É unha opinión persoal miña e agardo que a nadie lle cause malestar, un saúdo a todos. 03 Mar 2013, 17:28 11.22
"fácil" no fúbol é unha palabra que non existe, cando saes a un campo pensando que o partido vai a ser "fácil" hai bastantes `posibilidades que haxa complicacións 11 Sep 2012, 17:23 112.83
Ánimo Unión, que hai equipo para estar arriba tamén nesta categoría, moita sorte 21 Ago 2012, 15:29 61.47
Partido moi desigual, xa que se xa había en principio desigualdade nun 11 contra 11, o equipo máis débil a priori, presentouse ó encontro con só 10 xogadores co que non oubo color. 12 creo que foron ó final pero puideron ser bastantes máis. Ánimo para os chavales do Puebla que inda restan 4 xornadas e nesa situación é difícil saltar a un campo de fútbol. Por outra banda noraboa ó Unión que se proclamou campión de Liga con xustiza polos partidos que lles vin, e que comtinuen insistindo nesta idea de fúbol incluso cando as cousas non saián tan ben. 29 Abr 2012, 13:55 44.38
Nadie pode poñer unha crónica máis extensa, para os que non puidemos acercarnos. E tamén estaría ben que alguén da parte do Salvora opinase sobre o encontro. Un saúdo. 25 Abr 2012, 12:56 22.47
Sei que houbo gresca no partido, que hai un xogador de cada equipo sancionado con catro encontros. Se alguén pode explicar o que pasou 19 Abr 2012, 14:41 73.08
O que eu vin xa o puxen nun comentario anterior, na primeira metade o Unión mereceu máis e na segunda foi o Milladoiro o que fixo maís méritos e puido levarse o partido perfectamente , e como xa puxen tamén para a xente que fomos a ver o encontro foi un encontro vibrante con dous equipos que en todo momento tentaron ir a polo encontro 03 Abr 2012, 00:14 6.97
Falemos pois, parece que non se rematou a imbatibilidade do Unión. 02 Abr 2012, 19:09 37.87
Non sei a que te refires co de haber, onde está o problema http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp haber haber2 s.m. 1. Conxunto de valores materiais que posúe unha persoa ou unha entidade. O haber dunha empresa. ANT. débito.CF. bens. 2. Parte dunha conta bancaria onde se anotan as cantidades recibidas. Ten un haber de cen mil pesetas. // pl. 3. Cantidade que cobra unha persoa como pagamento dun traballo realizado. Este mes aínda non cobrei os meus haberes. SIN. paga, salario, soldo. haber1 v.t. 1. Existir. Non hai ningún inconveniente en que nos vexamos. Mira se hai maneira de convencela. 2. Ter lugar [algo]. Agora xa non hai esas cousas. SIN. dar(se), ocorrer, pasar, suceder.Hoxe hai catro partidos. 3. Estar presente, deixarse ver. Hai moita xente no cine. SIN. achar(se), atopar(se).A noite da viaxe había lúa. Mañá haberá brétemas na costa. 4. Pasar [o tempo que se expresa] desde [o momento indicado]. Hai un mes que non a vexo. CF. facer. s Éche (évos) o que hai. Así é como está a situación, ou os feitos. Éche o que hai, meu fillo, que lle imos facer. / Haber + (de) + inf. 1. Indica que a acción expresada polo infinitivo vai ocorrer nun tempo futuro. Cando teña cartos, hei (de) mercar un piso. 2. Sinala o carácter obrigatorio da acción expresada polo infinitivo. Has (de) face-lo que che mando queiras ou non. / Haber(en pasado) + (de) + inf. Indica que unha acción estivo a punto de ocorrer. Houben (de) morrer do susto. / Haber + que + infinitivo. Sinala o carácter obrigatorio da acción que vén expresada polo infinitivo. Hai que coidarse. OBS. v. irreg. Conxugación: Indic.: pres. hei, has, ha (hai), habemos, habedes, han; imperf. había, habías, había...; perf. houben, houbeches, houbo, houbemos, houbestes, houberon; plusc. houbera, houberas...; fut. haberei, haberás...; fut. perf. habería, haberías... Subx.: pres. haxa, haxas...; imperf. houbese, houbeses...; fut. houber, houberes... Imp. __ ; Inf. conx. haber, haberes... Xer. habendo. Part. habido. Diccionario da Real Academia Galega Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997 02 Abr 2012, 14:34 -15.28
Polo visto nin uns saben perder nin os outros gañar 02 Abr 2012, 01:10 83.98
Haber, Alemao14 evidentemente a crónica que eu escribín é a miña crónica e e parcial porque é feita por min pero seguramente a miña parcialidade é infinitamente máis imparcial que a tua visión xa que é evidente que por este comentario e outros que levas no foro que es un xogador do Unión, e na miña opinión o que nunca se debe perder é a educaión e o respeto e a ti neste último comentario bótaseche moito en falta, vese que os xogadóres do Unión están pouco acostumados a non gañar e non vos queda nada porque o de gañar case sempre non vai durar sempre, o que se vos bota en falta é aprender a competir porque calidade sóbrabos, a nivel colectivo tamén se ve que é un equipo traballado pero cando as cousas comezan a ir mal vos soiños saides dos partidos centrandovos en cousas que non veñen ó caso ( que si os rivais entran duro, que si o árbitro...) En canto ó idioma cada un que fale o que queira se os chavales do Milladoiro falan o castelán, que o falen é cousa de cada un seguramente eles non son os "culpables" de falar castelán en todo caso será dos país que os educaron nese idioma, a e pedroMilladoiro o castelán non é lingua oficial de Galicia senon cooficial que non é o mesmo e de faltas de ortografia ti tampouco estás exento: "castelan" leva til na última a; "collons" leva til na segunda o; "millor" en todo caso será mellor e polo duas veces mal; "japones" aquí equivócaste doblemente xa que se en galego escrívese con x e leva til no e. Así que se queres ir de listiño polo menos faino ben 02 Abr 2012, 01:09 98.65
Un mi bo partido de fútbol no campo do Unión con alternativas para os dous conxuntos, unha primeirra parte na que o Unión estivo mellor e tivo as ocasións máis claras e unha segunda na que foi o Milladoiro o que estivo mellor e puido levarse o partido se non fora porque o porteiro do Unión estivo novamente acertadísimo no man a man. Adiantóuse o Unión no marcador cun gol moi bonito, nun pase á espalda da defensa do Milla e con un desmarque en diagonal dun dos xogadorexs de banda do Unión que resolveu cunha vaselina preciosa. Empatou logo o Milladoiro nun contragolpe no que errou a defensa do Unión no que o dianteiro alto do Milla ( que hoxe xogou máis ben de media punta entrando dende atrás). Posteriormente volveríase a adiantar o Unión cun gol tamén precioso nunha xogada de equipo, na que un dos medios centros do Unión meteu un pase profundo a banda poñéndoa o xogador de banda de primeiras e rematándoa o dianteiro tamén ó primeiro toque. Nesta primeira parte oubo máis ocasións as máis claras para o Unión que tivo un par de xogadas de 1x1 contra o porteiro que erraron, con este marcadorfoise ó descanso. A segunda metade comezou co Unión durmido e co Milladoiro apretando e moi enchufado, así ós 10 minutos conseguiu empatar o encontro para min nun erro clamoroso da defensa do Unión que non sei se foi nun corner ou nunha falta lateral un dos defensas do unión podendo despexar o balón botouno para a súa espalda deixando só a un xogador do Milla que rematou sen oposición conseguindo o empate. A partires de ahi o partido abriuse con dominio alterno pero sendo as ocasións máis claras para o Milladoiro, que ó contragolpe, en balóns longos á espalda da defensa rianxeira e en perdas absurdas tivo mínimo 3 mans a mans co porteiro do Unión que salvou ó seu equipo dunha derrota, o Unión tivo tamén as súas acasións pero ningunha tan clara. Cousas que me chamaron a atención do partido pois comezando polo Unión sorprendéume o baixón físico da segunda metade, que polo que escoitei no campo tiña a súa explicación en que varios dos seus xogadores importantes xogaran o día anterior cos xuvenis, pero bueno non me parece escusa suficiente, tamén lles faltaba un dos xogadres importantes, un moreniño degaducho que xoga en banda, que non sei se estaba sancionado ou lesionado pero que non xogou e é dos que marcan as diferencias. En canto ó Milladoiro so me queda felicitalos porque fixeron un autentico partidazo pelexando, e non baixando os brazos cando o partido se lle puxo costa arriba, en todo momento tentaron sacar o balón xogado dende atrás inda que hai que decir que as suas mellores ocasións no partido foron á contra ou en balón longos. Físicamente andan moi ben mantendo o ritmo ata o final, se hai que destacar a algún xogador destacaría ó alto que hoxe xogou de media punta que se levou tódolos balóns por alto e lle fixo un lío ós centrais e laterais do Unión coas suas entradas á espalda da defensa dende a segunda liña. En resumo un partidazo dos que nos gusta ver ós afeccionados, con emoción e alternativas para os dous conxuntos 01 Abr 2012, 14:21 142.78
Vexo moita confianza por parte do Milladoiro, e a verdade e que leva uns partidos moi forte, chega pois a este partido coa moral a tope, e xa na primeira volta fixo suar tinta ó Unión. Pola sua parte o Unión parece que nos últimos encontros non está a xogar o seu mellor fúbol, maxino que a relaxación e a falta de motivación que da grande colchón de puntos que ten cos inmediatos perseguidores ( 10puntos ó 2ª e 22 ó 3ª) son a causa deste pequeno baixon no seu xogo, aínda que supoño tamén a motivación de cara a este encontro debería estar asegurada, posto que é un dos mellores rivais ós que se pode enfrontar e ademais unha victoria neste partido case lle asegura o campionato. tendo en conta esto haberá que facer por asistir ó partido, xa que se trata dun dos partidos máis atractivos que se poden ver neste grupo, con dous equipos que tentan gañar o partido dende o bo trato do balón e o fúbol combinativo. Sorte ós dous conxuntos e que sexa un duelo sen polémicas, malos rollos nin mancados. 31 Mar 2012, 15:18 120.90
comezan aquí os partidos duros para o Sálvora (refírome contra a equipos da parte alta da clasificación, que partidos duros son todos), sorte para os dous, que gañeo que máis o mereza e sen lastimarse 24 Mar 2012, 15:15 32.78
O partido da xornada, dos equipos máis en forma do momento,sorte para os dous, que se vexa un bo encontro, que non se lastime nadie e que gañe o que faga máis méritos 24 Mar 2012, 15:10 32.93
Noraboa ó Milladoiro, parece que anda moi forte na recta final de liga 18 Mar 2012, 14:46 21.94
O resultado do partido polo que teño entendido foi 2-5 para o Unión 04 Mar 2012, 13:41 87.87
bueno pois sorte para os dous, que sexa un bo partido e que gañe o que o mereza polos seus méritos no encontro. Espero tamén que sexa un partido limpo e que non se manque nadie. 24 Feb 2012, 23:27 56.32
E como se supón que cuantificas ti eso, en que te basas. 16 Feb 2012, 12:57 10.91