Comentarios de BancadaVermella

Comentario Fecha Karma
eu xa o levo pensando e coincido co que di Hugo, este ano está moito mellor fisicamente e iso faille estar tan ben no campo. Non é un xogador que me encante pero hai que recoñecer que está nun bo momento. Non é dianteiro goleador pero sabe manter a pelota moi ben e conseguir mover a marcaxe dos dianteiros para que outros entren con máis perigo no área. eu tamén estou de acordo que para que non se escape unha praza de ascenso e para que o Bande se despegue un pouco máis de nós o mellor sería un empate, contando coa victoria nosa de mañá. 27 Ene 2018, 10:40 74.24
Non me dá chegado a hora do partido. Un bo desprazamento dende Ourense, que agardemos que sirva para ver un bo partido e unha victoria para os nosos! 20 Ene 2018, 11:18 74.01
Alguén ten referencias de Xoel o dianteiro novo? 08 Ene 2018, 13:26 140.65
xogan e nada máis e nada menos que en horario de noite para acender as luces. Pódese ser máis patéticos querendo imitarnos? Ogallá alguén lles faga unha fotiño para rirnos do "ambientazo" 04 Ene 2018, 11:11 113.22
A 2puntos do líder. Aí estamos! 31 Dic 2017, 13:56 47.55
Iso é certo hoxe foron palmando por dúas veces e empataron no 88. Está claro que se non cumpre o prometido a motivación non é a mesma. 30 Dic 2017, 20:48 73.44
Co empate do Bande mantémonos na segunda posición, mañá unha derrota do Estradense sería unha xornada redonda. 30 Dic 2017, 18:35 73.44
Do partido de onte quédome co resulatado, os 3 puntos que quedan na casa e con que a nosa portería quedou a 0 (aínda que as veces mais por demérito do Erizana nalgún mao a mao) o resto o que comentades. Non causamos perigo ante un rival moito máis debil e concedendo algunha ocasion tonta ao rival en despistes nosos. Falando de todo acabo de escoitar no podcast de Palcou por parte de Unai que a xente de Bande está sen cobrar. Mala nova para os xogadores do Bande que estas situacións se sigan repetindo. Agora ben isto pode minalos moito se a situación sigue así de cara a loitar polo ascenso 30 Dic 2017, 11:54 47.55
Os artigos poderán ser "refritos", ou ás veces poderán ter erros ou invencións, mais eu recoñezo que todos os días mentres almorzo bótolle un ollo é ao Faro de Vigo para ver que novas teño do meu equipo e iso para min é unha sorte. Agardamos que por moitos anos siga así. Do diario que se di da provincia non comentamos nada porque o tempo porá a cada un no seu lugar e penso que os socios non esqueceremos tan facilmente o que fan e o que din. E por fin mañá de novo a O Couto! que ben nos veu esta xornada aplazada 28 Dic 2017, 17:08 47.55
Eu vexo o mesmo problema, que dianteiro Ourensán imos traer para mellorar? porque se se traemos outro igual para intercalar cos que xa temos pois non facemos nada. E non sei se saturaremos a plantilla con outro central, igual tamén hai baixas en nadal 21 Dic 2017, 11:33 73.72
Que la gente no dude del equipo, igual que no dudamos nosotros dentro. Tengo claro que el objetivo lo vamos a cumplir, pero también dije desde el principio que íbamos a sufrir mucho. La gente tiene que venir dispuesta a sufrir, a no encontrar partidos cómodos, y sí a ver un equipo que se parezca al del segundo tiempo y a los buenos ratos que hicimos en la primera vuelta Quédome con estas palabras de Curras hoxe no FdV logo de estar o domingo en Sanxenxo. O 29 estaremos no Couto de novo animando porque o obxectivo é posible! 19 Dic 2017, 15:18 47.67