Comentarios de Cazatalentosdaterceira

Comentario Fecha Karma
Unha pena o dos Chaos, esperemos ter partido e pronta solución ós problemas que os atrapan... Pero se non hai solución, pois desfacedes o equipo, a directiva queda sen poder chupar do teto e fundades vos un novo co control nas vosas mans. Se vedes que eles son os peores da historia e foron capaces de levalo a cabo, se vos xuntades media docena podedes logralo, o fin e o cabo levar un equipo non será tan difícil... a Federación vai estar encantada de recibir equipos novos seguro. En río revolto pescan os lobos... 3-0 resultado se non hai partido como se o hai. 12 Feb 2019, 19:35 49.39
A Merca, como local e pensó que como favorito quizá intentará ter a posesión, conseguirá tela un 40% do tempo. Padrenda terá dificultades, a sobrevivir... quizá sacarán a relucir parte do traballo destes útimos meses e mostrarán a súa versión defensiva 721. Quizá Empate sen goles. Catro “quizá” que forman unha moi importante columna vertebral que lles fai falta quizá a ambos equipos 12 Feb 2019, 19:33 10.90
Uns bos chavales que xogan en herba artificial vanse enfrontar neste partido. A teoría dictaría que fose un partido de toque e retoque, espello do que pode ser un Albacete-As Palmas... Pero non, o que se presenciará é seguramente o equivalente a un partido de rugby nun lameiro... porque se alguén desaproveita a oportunidade de xogar nun terreo de xogo de bo nivel nesta división, é o equipo de casa, que en vez de fútbol moléstase máis en molestar. Ganará Carballeira con toda seguridade, polo menos no que a xogo bonito se refire 12 Feb 2019, 19:28 49.38
A Suecia de Larsson contra a Holanda de Sneijder e Robben; o Vilamarín de Monchito gol Rey contra o Parada do Sil coa batuta do 10 e a música da banda Breixo. Pode que os Laranxas marquen en balón parado porque teñen a un rapazolo (Pierre van Hooijdonk) que mide 3.60, pero... como xa temos dito, Vilamarín ten ou podía ter algo máis, polo tanto neste partido precisarán ir amosando os dentes se queren morder a liga do ano que ven. A todos os efectos, vai ser un partido non apto para persoas que sufran da vista pola vistosa indumentaria dos dous equipos, se fai Sol xa se comentou que os servicios sanitarios estén de man, xa que poden producirse fisuras no globo ocular dalgún afecionado cos reflexos... (Probablemente os visitantes usen a segunda equipación) 3-1. 12 Feb 2019, 19:26 10.90
Esta fecha é das sinaladas no calendario de calquer gran seguidor do balompé galego... ben, é broma, pero a destacar que é dos poucos partidos que o líder todopoderoso Soutopedrolo ten opción de perder/empatar na casa. Vexo o Velle con motivación tras vencer ó combativo boxeador veterano con calzón violeta. Sorte ós de branco, con opcións pero escasas. 12 Feb 2019, 19:05 10.90
Volven, tras un merecido descanso, os cabaleiros montados nas súas indomables chuteras e tamén regresan os gladiadores protexidos por douradas espinilleras; partido de moita metáfora; pouca poesía; xogándose menos do que parece, xa que ambos ascenderán seguro. pero aínda así teremos batalla, porque ambos exércitos loitarán pola liberdade, pola nobreza e por estar encima do outro na clasificación ó final. Moita verborrea=empate a 0, con medio tiro entre os dous equipos. E noutras palabras, non vexo o Vilar de Barrio ascendendo aínda que a traxectoria o avala e está comendo terreo do Cenlle. Este mesmo Cenlle que ven moi tocado e probablemente perderá contra un Muntián curtido. De todos xeitos aínda que o rematar a xornada Cenlle terá 27 puntos vexo que no futuro a medio prazo sumarán bastante de 3 en 3 reparando a situación. 12 Feb 2019, 19:03 10.90
Hola, Lekarim, hai que traballar no incógnito, nunca se sabe en que campo te van apañar entre tres xogadores do equipo que comentache a acariciarche as orellas; e eso que non digo insultar, que quede claro que eu fago todos os meus comentarios con todo o respeto a todos os implicados na división, que en definitiva non os coñezo, ou prácticamente non coñezo a ningún, e solo a varios de vista. Solo intento falar do que vin, e como máxima facer un intento humorístico. Móvome a ver partidos porque me interesa a división por motivos persoais e penso que é o fútbol definitivo, o fútbol no que un calquera xoga contra outro, un fontaneiro contra un estudante e o acabar ir o bar de cañas. Sen soldos, nin pretensións capitalistas que convirten o fútbol de máis nivel nun circo que desvirtúa traballos, burlando os currantes como seguro que somos o 97% dos que lemos e escribimos aquí, ofrecendo soldos que nunha semana pode que se equiparen o que vai ganar a maioría de nós nunha vida de traballo. Gustaríame que tivésemos liga, refírome, da pena ver que ascenden 6 e xa solo opten 7... eso fastidirame algún domingo, pero tamén estou seguro de que queda moito por ver! 12 Feb 2019, 18:57 10.90
Gracias Piorno. GradaOu, coincido co que dis, aínda que realmente xa é o mesmo que dixen eu. En breve teremos que traballar esas previas que esto colle ritmo. Saludos 12 Feb 2019, 18:44 10.90
E vimos algún fallo arbitral tamén reseñable. Eso sí, o penalti, ben pitado para min sen dúbida 11 Feb 2019, 20:28 10.90
Que conste que non cheguei a tempo para ver máis ca uns minutos da primeira parte, e esto pode facer que a miña opinión non sexa a que teña o maior fundamento, pero eu falarei do que sí vin. Pode que a posesión fose do Velle polo xeral, penso que decir un 58 - 42 quizá sería correcto, tamén sobre a estadística da posesión, resaltaría que en certas fases sí que foi moi a favor do Velle, quizá analizando os 10 útlimos minutos teríamos un 75% para o Velle, sen embargo tamén veríamos que o Bubal tería zona de acción na área contraria. Con esto quero chegar a que se non me equivoco, é a terceira vez que vexo o Bubal este ano, e é dos equipos máis divertidos de ver, ou fai daño ou llo fan, pero con esta xente nunca verás un 0-0. facendo un símil puxilístico, penso que o Bubal en definitiva sería o boxeador máis experimentado, que sabe encaixar algúns golpes, pero que xa está un pouco fora de edad, e o Velle sería o novato con máis fame que o monstruo das galletas. Se nos referimos as actuacións individuais, destacaría un rapaz que xogaba no medio do Velle, pisa o balón coma se xogase o futbol sala, ten físico e ganas, quizá chegará ó equipo A, creo que pola acta é cristian. Tamén destacaría a un rapaz moi moreno, con intencións ofensivas, aínda que estuvo bastante secado no partido, intentabao sempre. O Bubal ten, quizá o mellor porteiro desta división, non sei se é fichaje novo, porque non recordo velo nos anteriores, ou polo menos non paraba así. Os morados véxolles algúns xogadores que están fóra de forma ou algo así, creo que os 7 que andaban lesionados foi por esto. Como diferencia con ocasións anteriores, tiñan 4 no banquillo pero non deron a talla, pero tampouco algún dos titulares. A sumarlle que esperaba máis do pichichi, foime un domingo de ver pichichis pero sen ver pichichis. Como nota resalto o nome de Daniel (que ata me molestei en buscarlle o nome nos cambios) é un torbellino, parece que quixera acabar coa humanidade, penso que se lle poñen un arado atado, e fai unha leira da herba artificial, acabou lesionado. Por útimo, foi ata un pouco cómico ver como o Velle fixo un cambio no 97 para perder tempo, de entrenadores de Liga Santander. Non me gustou ver tamén algún comportamento un tanto feo (que non antideportivo), pero seguro que foi motivado polo ímpetu da xuventude dos brancos. 11 Feb 2019, 20:27 10.90
Gracias por recordarmo Benitocamela, tal e como comentei na previa o equipo local tiña todo de cara, o Vilamarín fíxoselle grande de carallo o campo, e dou algunhas das chaves do partido... no dous para un das bandas o carballeira tiña dous e o un adoitaba ser o equipo de fóra. Outra das claves foi que o goleador dos amarelos non apareceu para facer máis goles que o Carballeira enteiro, e penso que o Vilamarín é dos poucos equipos que están nesa parte da clasificación na que os puntos son máis escasos, que quizá tiña potencial para ter algún punto máis. E centrándome no punto diferenciador por fin, refírome a dependencia con un xogador, certo é que teñen algo no medio campo que aínda intenta mover balón, desculpade que non sei exactamente cal é, non sei o nome deste rapaz, aínda que a mentalidad necesaria para gañar non a demostrou neste partido... fai falta algo máis. E ter un dianteiro que convirte con certa e certeira facilidade goles é do máis difícil de atopar nun equipo, sen embargo se este non marca, naide marca, eso é inviable... esas dependencias fan que un equipo esté onde está. En parte fago unha pequena comparación do Vilamarín co propio Bubal que tamén vin no domingo, penso que dos que non teñen ningunha opción de ascenso son os que podían telas a priori, convirten goles fácilmente, pero polo xeral reciben dous por cada un que fan... Sería unha cábala imposible, pero ver os dous ou tres mellores dun equipo fichados polo outro quizá ata poderían ter 25 puntos a estas alturas. Faltou traballo en equipo, que sí demostrou o carballeira, a posesión foi tamén clara, só un equipo sabía abrir ás citadas bandas e mover en horizontal. Como última nota, o Vilamarín coincido en que neste partido tuvo porteiro. 11 Feb 2019, 19:52 10.90
Farei un artículo periodístico, eime esmerar 09 Feb 2019, 12:44 49.38
Sorte Os Chaos, é máis fácil desexarlla ó pequeno 09 Feb 2019, 12:41 10.90
Algo escoitei de xogadores dun equipo A... ó salir de Oira pásome a vervos, coincide moi ben. Que sepades que se vou velo as críticas tralo partido van ser divertidas. Todos atentos que me ei esmerar 09 Feb 2019, 12:40 10.90
JoselitoQl, os do carballeira prepararon ben a semana, pode haber partido ata o minuto 30. Ogallá teñas razón, porque vouno ir ver e quero ver espectáculo... 09 Feb 2019, 12:37 49.38
O primeiro contra o último, o único que está por ver é se o soutopedrolo é capaz de superar o seu propio récord goleador de 10-0 nun partido. Os Chaos, histórico, fichou moito e non tan mal, pero o peor enemigo dos laranxas é a dinámica na que están xa durante varias tempadas, nin se un deses fichaxes novos fose messi (e non o do Rocas) sairían fácil de semellentes números. 04 Feb 2019, 21:53 10.90
Quizá o partido máis igualado que vexo nesta xornada. O parada bastante peor equipo, pero é o único conxunto que ten entrenador nesta división na que o máis divertido da xornada vai ser que vou comentar todos os partidos. Sorte o parada, téñovos simpatía, pero o vilarde ganará 1-2 04 Feb 2019, 20:45 10.90
Xa limos anteriores veces críticas moi simpáticas sobre o Bubal (algo sobre festas de gardar etc), único equipo capaz de ganar todos os poucos partidos que gana por goleadas. Velle equipo de mozos con brío físico, na casa e coa pouca xente que suelen ter na grada... victoria velle. Moitos goles, eso si. 7-4 mínimo 04 Feb 2019, 20:41 10.90
Así como pequena crítica, os do padrenda aínda entrenan ou so se xuntan os domingos. Predicción Maceda 0-2 04 Feb 2019, 20:38 -54.81
Gana Rocas, 3-0 mínimo. Sorpresa imposible. A dura area dese deserto vai facer seguir coa sequía de puntos dos da merca. 04 Feb 2019, 20:36 10.90