Comentarios de Facilmente

Comentario Fecha Karma
O Cordeiro vai antepenúltimo porque sempre lle perxudican os árbitros, anda ya; inventade outro conto, a estas alturas da tempada non se pode estar chorando. 21 Abr 2013, 22:50 13.54
Remontada do Dubra, despois de ir perdendo 0-3 e cun xogador menos, logrou empatar o partido. 17 Feb 2013, 11:53 40.02
Protagonista indudable do partido, o arbitro, non foi bo nin para uns nin para outros, sacou tarxetas sin sentido, a federacion xa pode tomar nota e facelo internacional 08 Dic 2012, 18:04 75.96
2-2 01 Dic 2012, 11:47 13.75
Xógase no campo de Cadreche? 22 Sep 2012, 00:00 148.85
O Dubra perdiu moitas pezas importantes para esta campaña pero a pesar diso subiron moitos rapaces que veñen con moita ilusión e ganas. Xa se verá como se adaptan a categoría e esperemos que o fagan da mellor forma posible. 17 Ago 2012, 02:28 186.23
O Dubra pouco puido facer, a directiva estase a cargar o equipo subindo a xogadores (Preferente, Segunda Regional) e de ahi que leven practicamente toda a segunda volta deambulando polos campos. É unha pena, pois había equipo para mellor posición pero xa se ve o que importan os xuvenís. Esperemos que se aprenda para próximas ocasións xa que esto non pode seguir asi. Unha pena que o Noia non poidades conseguir entrar na fase pois sodes uns dos equipos que mellor xoga. 18 May 2012, 11:45 53.09
Animo Trazo, tedes que sair de ahi, quero mais derbis o ano que ven. Saúdos desde Bembibre! 04 Abr 2012, 18:14 241.31
Partido moi bonito o que se vai vivir en Bembibre. Os dous equipos chegan en igualdade de puntos polo que é dificil prognosticar a victoria para calquera dos dous bandos. Un partido entre amigos, un derbi. Sorte o Grixoa e forza Dubra! 04 Abr 2012, 18:12 276.76
Como seguidor do Dubra, teño que recoñecer que o Noia xogou moito mellor, e que o xogo do Dubra foi un dos peores da tempada. O Noia desperdiciou moitas ocasións e como consecuencia empate a 0. O Dubra xogou sen un dianteiro puro debido as baixas e de ahi as poucas ocasións. Quizais o Noia mereciu máis pero no futbol hai que metelas. Ademais quería pedir que algúns do Dubra se moderasen nos seus comentarios nestes lares e non chuspan para arriba, que despois somos outros os que teñen que dar a cara. Moita sorte o Noia, que son bos rapaces. Forza Dubra. 15 Ene 2012, 14:20 200.30
2-3 07 Ene 2012, 23:39 109.03
Menudo partidazo para comezar o ano... 17 Dic 2011, 20:47 172.01
Partido feo o que se viviu hoxe en Bembibre, o Villestro adicouse todo o partido a dar patadón para diante e o Dubra a rexeitar estes balóns. A pegada foi decisiva e fixo que o Dubra se levara o partido. Ante todo quería desexar que o rapaz que se lesionou non teña nada grave e se recupere o antes posible. Un saúdo dende Val do Dubra. 17 Dic 2011, 20:14 123.74
Se o Dubra leva eses goles en contra é porque non puido contar coa defensa titular ao completo debido as lesións. 24 Nov 2011, 16:47 57.65
Partido enganoso diría eu, as dimensións do terreo de xogo poden perxudicar os xogadores do Sporting polo que a adaptación o campo vai ser importante. Ademais se o Dubra segue na mesma liña dos ultimos partidos non vai ser un rival doado, onde os centrais xogan un papel importante. 15 Nov 2011, 00:13 109.55
Partido pola zona baixa da táboa, onde os dous equipos tentarán conseguir a primeira victoria da tempada. Sorte a ambolos dous equipos. 15 Nov 2011, 00:06 53.46
Eu penso que o Dubra non vai ter perigo de descender, visto o equipo que ten cando ten todolos seus efectivos e se lle botan un pouco de ganas. O Sporting está claro que vai estar arriba, proba disto a victoria desta fin de semana. 14 Nov 2011, 23:18 63.46