Comentarios de Folgueiras77

Comentario Fecha Karma
Como van?? 07 Abr 2018, 20:07 49.78
0-2 de momento 07 Ene 2018, 17:14 914.62
Moito ten que traballar o Outeiro se quere salvarse, onte aínda tendo o Escairón dous menos deulles moitos problemas. 04 Dic 2017, 17:55 13.06
Podemos dicir que a sorte que non tivemos onte pola mañá co primeiro equipo, veunos de tarde co filial. Gustoume moito as Pontes para min foron superiores na segunda metade, penso que van estar arriba e son claro candidato o ascenso, dos partidos que vin este ano de preferente dos mellores. Foi bonito tamén voltarnos atopar cun home coma Rubén Pardo que pasou polo Lugo fai ben anos en Segunda B 06 Nov 2017, 14:34 34.24
Maxo é o que ten ter a unha persoa posta desde os postos de mando e non desde a dirección deportiva... 15 Oct 2017, 21:24 129.88
Un xogador da Residencia no chan e Durán dicíndolle aos rapaces que sigan. Si señor, iso si que é formar a base, debe pesar o seu estrépito fracaso do ano pasado que hai que gañar a toda costa... 03 Sep 2017, 14:59 521.70
Con ver calqueira partido do Polvorín basta para darse conta de que Durán non é o entrenador axeitado, a súa actitude no campo é completamente nula. Con respecto o que comentades dos xogadores, pois este ano non podo dicir moito, pero o ano pasado pareceume lamentable que xogadores coma David López e Ferreiro deixasen de xogar simplemente por seguir "ordes de arriba". E ainda peor foi cando lles negou a estes dous xogadores despedirse da afección no último partido de liga na casa. 02 May 2017, 15:00 12.17
3-0 02 Abr 2017, 13:43 12.17
Desde que o Polvorín se converteu no filial do C.D.Lugo, o club e particularmente o seu presidente sempre dixeron que o obxectivo era estar en 3-4 anos en Terceira, pero se son en dous mellor... Así que iso de que non interesa... A quen non lle interesa? 30 Mar 2017, 16:00 975.92
Partido importantísimo contra un rival directo, penso que o clube debería fomentar que os socios acudan este domingo ao Ceao. De momento a única bola que se lle está dando ao partido é desde Lugoslavia. 29 Mar 2017, 16:09 546.86
Partido importante para recortar puntos ou facer distancia, pois enfróntanse Laracha e Estudiantil; que por certo son os nosos dous próximos rivais. 24 Mar 2017, 14:53 519.40
Bo partido do Polvorín, creo que se continuamos nesta dinámica podemos alcanzar perfectamente o segundo posto e ascender. Destacar o partidazo de Adrián que foi o que meteu o primeiro gol. Respecto ao do campo é o que ten xogar na Preferente, que as veces te atopas con campos en mal estado, non hai máis que facerlle. O que se comenta do árbitro si que me parece do coña cando a única xogada polémica que houbo foi a expulsión ao final do partido, que polo menos para min era clara, planchazo e indo directo a polo xogador do Polvorín 12 Mar 2017, 20:38 810.59
Vaia finde para o Lugo e o Polvorín... Resultado totalmente inxusto, o segundo gol foi a única vez que chegaron a portería en todo o segundo tempo tras unha perda de balón absurda; no primeiro comentaronme que foi un penalti tras un fora de xogo non pitado pero non sei que eu inda non chegara. Onte non lle vin nada ao Noia, se xogan sempre así non entendo como poden ir líderes tan sobrados. 20 Feb 2017, 16:07 410.39
Gran partido onte do Polvorín, se se mantén esta dinámica e o nivel de xogo de onte imos a terceira de cabeza. Destacar o 3-0, golazo de Fernando Cuadrado desde fora da área. 06 Feb 2017, 14:37 10.90
Eu concordo coa crítica a Durán. Contra Xallas e Paiosaco eran dous partidos decisivos e perdéronse os dous, de que serve que lle metesen dez ao colista se se palman estes? Os partidos que lle vin esta temporada como entrenador fatal, nin se dirixía, nin rexía aos xogadores, só levantaba a voz para berrarlle ao árbitro e así acabou na grada nun deles. 24 Ene 2017, 14:01 304.19