Comentarios de Forza_Ourense
Comentario |
Fecha |
Karma |
Votos positivos |
Votos negativos |
Enlace |
Partido agridoce o de onte. A primeira parte xogamos os mellores 45 minutos do ano. Perdoamos ata catro ocasións claras, e nunha falta vaste perdendo ao descanso.
A segunda non saímos mal, tivemos unha clara que sacou o defensa o pase cara atrás de Marquitos. E chegou o 2-0 e o 3-0. O único pero é o terceiro gol, xogada de estratexia mal defendida, na que o xogador do Barco rematou só dende o borde da área.
Ahí creo que tivemos uns minutos non de desconexión, senón de medo a abrirnos e que o resultado fose aínda máis abultado. O equipo voltou a dominar, e as que non entraron antes si o fixeron agora. 3-2 e faltounos tempo.
De tódolos xeitos, eu persoalmente volto con bo sabor de boca. O equipo mellorou moito, partidos coma o de Alondras e Arenteiro, malia puntuar foron moito peores.
Mención especial para Carlos, que onte desfondouse, desbordou... fixo un partidazo. Champi vaise asemellando ao xogador que se vía en Cangas, filtrou pases que xeraron moitísimas vantaxes. E Iago segue aportando moito, moi ben o rapaz. E Josu, que o critiquei moito, pero últimamente semella que está a recuperar o tono físico.
Toca seguir sumando xente, onte reapareceu Hugo (con gol), e Presas. Seguir nesta liña, que nos irá ben.
Do Barco o de sempre, a peor afección de terceira. O recollepelotas un impresentable, e Juanito segue facendo amigos. Nada novo. |
21 Oct 2019, 06:52 |
-146.42 |
2 |
1 |
+info
|