Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
O Ponte preséntase con baixas importantes, e unha dinámica negativa, pero un derbi, é impredecible. Importante sumar 3, pra seguir enganchados aos postos de cabeza e non perder a confianza. 29 Nov 2022, 18:51 77.02
Oficial, Javi Rey. Ven de tropezar en Céltiga e Arzúa, e tras varias temporadas no Barco, sen conseguir dominar o timón. Din que colaboraba estreitamente con FJ, polo que intúo que coñecerá a categoría e a plantilla, apostamos pola continuidade. Non me gusta fichar a quen di FJ, non me gusta amolar ao Barco. Menos mal que non nos troleou decíndinos de fichar a Fabiano. Sorte a Javi, ao Arenteiro; sorte tamén a Fran e Millán, grazas, e s outra cousa. 24 Nov 2022, 07:36 10.97
Sen poñer nomes, hoxe había xogadores de inicio, que non están pra rendir ao 100% se queres sair a plantar cara nun duelo destas características; quizáis pra dar refresco media hora ao final, pero non pra empezar no 11. Baixamos os pés á terra, parte da grada, tiña medio ascenso feito, a liga é dura e longa. Mañá a adestrar coa cabeza posta en Burgos e a volver sumar de 3. Desexo de corazón, que o roce do balón na cabeza de Pato, quede nun susto, estivemos 5 min co corazón nun puño, pensando xa nunha conmoción cerebral. Ánimo, recupérate pronto. 20 Nov 2022, 20:54 80.29
Había que perder algún, a pensar xa no seguinte. Non temos tempo pra lamber as feridas. Oxalá non se manque ninguén de gravidade, na braña que temos por campo. Forza Arenteiro! 20 Nov 2022, 20:20 10.97
Con todo Arenteiro! 15 Nov 2022, 17:12 10.97
Teremos unha semana pra recuperar da copa do Rei, esperemos poder contar con tódolos efectivos e seguir coa racha na liga. 06 Nov 2022, 23:28 10.97
Importante victoria (unha máis), importantes os retornos de Romay, Lamelas, Jordan, Cruz… especialmente este último, pra que en canto colla algo de ritmo, poderlle dar minutos de descanso a Álex; as rotacións, son boas e necesarias. Oxalá todos a bo nivel, pra poñer en apretos ao alineador. Non sabería a quen destacar, están todos pletóricos e a un nivel sobresainte, nada que reprochar a ninguén. A pensar en dar o campanazo en Alzira e sumar en Luanco. Que siga este momento doce! 31 Oct 2022, 18:04 10.97
Xusto cando o campo tiña un días pra recuperar, chove sobre mollado… Pánico. Confío na victoria na casa, en seguir recuperando efectivos, e que non se manque ninguén. O baixón chegará, pero de momento levamos xa máis puntos que na primeira volta do ano pasado, hai que aproveitar a racha ao máximo. 25 Oct 2022, 07:57 10.97
Mal asunto se falla Joseca tamén, chegaremos a decembro xogando cos do Promesas.. A maquinaria resíntese. Imos ver como está o campo o mércores coa que está a caer, pánico. Esperemos que non se manque ninguén máis. 17 Oct 2022, 10:23 10.90
Necesitamos recuperar efectivos como respirar, a fatiga é lóxica e evidente. O que está facendo esta xente, enorme! Benvido sexa sumar pra manternos na zona tranquila. 13 Oct 2022, 07:44 10.90
A ver se non chegamos moi tocados da copa e conseguimos sacar algo positivo, todo o que sexa sumar… 03 Oct 2022, 17:26 10.90
Como nota positiva, o aspecto do campo, cada día, parece “menos malo” pouco ten que ver co primeiro partido que se xogou nel. Segue a levantarse, sobre todo na zona da banda de grada. Pero rematou o partido de forma moi digna. O Zamora chega en horas baixas o mércores, seguramente o Compos acaba de firmar a sentencia de Yago. E nós xustos de efectivos e coas forzas ao límite. A ver se recuperamos pronto a Cruz e Conde, todos son moi necesarios nunha liga tan intensa. 02 Oct 2022, 19:44 10.90
Comentaban que non se respetou o tempo de espera na súa totalidade (non sei se foi asi, nin o tempo que recomendan) pero que non debería afectar a longo plazo. De feito, Fran comentouno tamén a semana pasada nunha entrevista á prensa. Esperemos que así sexa, a imaxe non foi todo o boa que esperabamos a gran maioría. 26 Sep 2022, 22:28 10.87
Oxalá os tres partidos consecutivos, co tempo desfavorable cara final de semana, non lle pasen factura ao campo. Sería unha lástima que quedase mal desde o principio… é o que imos ter en moitos anos. Partido engañoso, a clasificación non reflexa o potencial real do rival. Pero hai que volver sair coa idea de volver sumar 3. 26 Sep 2022, 22:03 10.87
Que mellor estrena da alfombra, que sumar outros 3. 19 Sep 2022, 23:30 10.87
Eu son do sector “moi critico” e este ano, que puiden ver prácticamente tódolos partidos ata o de agora, o equipo convénceme. En Coruxo, vin o mellor partido do Arenteiro en anos, parecíamos o puto Bayern Arenteiro. Propoñendo moito, querendo o balón e dominando con total seguridade. Teño ganas de ver o que pode aportar Conde, polo que me din, era unha aposta forte a un salto de calidade. Franjusto queremos a Magic Markitos no 11; innegociable. E a Mella con outra marcha, por favor. 14 Sep 2022, 19:29 10.87
Estamos a nada de poder decir, que o gol máis grande que nos meteu o Compostela, foi Rafa Mella. Non me borredes este tamén.. 11 Sep 2022, 20:50 10.87
Toca facer bo o empate do Vao, moi boas sensacións deixou o equipo en Coruxo. Esperemos que non se lesione ninguén no campo de minas do Couto. 2-0 05 Sep 2022, 08:25 10.89
0-2 02 Sep 2022, 14:22 10.73
Felicidades a xogadores, corpo técnico, directiva e afección por acadar o principal obxetivo da temporada. Desde hoxe mesmo a traballar na próxima! Forza Arenteiro! 09 May 2022, 06:29 10.73