Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
A verdade que incomoda algo seguir recibindo información a contagotas sobre a confección e planificación da plantilla cando os outros equipos empezan xa a adestrar... 18 Jul 2019, 21:27 11.00
Hai xogadores do ano pasado dos que de momento non hai novas, no medio das baixas algunha renovación haberá tamén 17 Jul 2019, 20:18 11.00
Toño pode xogar un papel importantísimo aportando veteranía e cordura en momentos complicados, a experiencia é un factor determinante e tena toda, boa fichaxe desde logo. A renovación de Padrón alégrame moitísimo! Un xogador con moito peso nas últimas tempadas, serio e comprometido, o que se precisa pra facer as cousas ben, parabéns aos dous e Forza Arenteiro! 17 Jul 2019, 08:03 11.00
Eu algo oira de Rober pero non o sabía seguro.. 16 Jul 2019, 21:58 11.00
Eu tamén o vexo difícil a verdade, oxalá me equivoque e renoven os dous pero non o creo 16 Jul 2019, 14:16 11.00
O ritmo de competición cóllese xogando partidos, o aspecto físico é primordial en pretemporada pero reencontrarse con sensacións á hora de disputar un partido é indispensable 11 Jul 2019, 21:14 11.00
De momento o 3 de Agosto temos un amistoso co Ourense, malo será que non xuntemos 11 de aquí a alá 11 Jul 2019, 07:22 11.00
Os rumores incendiarios e os "díxome, díxome" que un conta que oiu non sei onde doutro tipo que xa o escoitara a semana pasada unidos a comentarios en redes sociais de ex-xogadores e agregados tirando merda tampouco lle fan favor ningún á credibilidade nin ao traballo da directiva. Analizando certos comentarios parece que estamos a punto de inscribirnos na liga local de fútbol sala porque non imos xuntar máis de 7 xogadores. Como dixen en máis dunha ocasión xa teremos tempo de loar ou cuestionar o traballo que están a facer, se estamos así en Xullo, antes de Decembro están lapidados na praza do Concello. 10 Jul 2019, 11:51 11.00
Raro si que é que non se fale absolutamente nada de renovacións e fichaxes ás portas da pretemporada, as novas van saindo a contagotas e non son todo o boas que deberían 09 Jul 2019, 14:00 11.00
Pero son rumores ou está confirmado que non falaron con él? Pregunto que eu non o sei, máis que nada polo de que volve a cagala a directiva, supoño que antes haberá que saber certo como foi o asunto. 08 Jul 2019, 23:50 11.00
A min tampouco me gusta mezclar política e deporte, pero volvo dicir o mismo, salvo o presidente a directiva é a mesma, non? Eu personalmente de primeiras quero darlles a miña confianza, habemos ter tempo de valorar a xestion. Polo ben do clube esperemos que sexa acertada. O da falta de xogadores a día de hoxe si que xa me mosquea un pouco máis... Supoño estarán atando cabos e pronto teremos novas. 07 Jul 2019, 13:58 11.00
Claro que sei o das renovacións á baixa, tamén sei de clubes que prometen e xa non pagan a metade de temporada, chámame o que queiras pero prefiro que o clube ofrezca o que pode e que non desaparezca sumido en deudas. En canto ao das firmas, as palabras e toda ese discurso que soltaches, eu non me referín a ninguén en particular nin nunca vou poñer o nome de nadie sexa quen sexa nun foro (cousa que ti xa fixeches) Pódese interpretar por ambas partes, tanto clube como xogadores, eu sin ter todo atado e ben atado a día de hoxe non me fiaría nin da sombra e moito menos publicaría un comunicado de nada. Recordo épocas mellores e moito peores, pero o clube sempre estivo ahí, malia o que moitos poidan pensar que son indispensables e saquen a lucir vergoñas e resentimientos cando marchan, onte levaban a camiseta do Arenteiro e mañá a da Casa da Collona onde volverán ter os mismos problemas. De corazón sorte a todos os que polo motivo que sexa se desvinculen do equipo, e sin poder valorar o tono das negociacións porque son totalmente alleas a min xa que son un simple socio, haberá moitas cousas que se poidan mellorar pero aquí non se acaba o mundo pra ninguén. 07 Jul 2019, 09:25 11.00
Eu sen ir a ningunha asamblea nin ter relación algunha co actual presidente non acabo de entender o de que se fai uns meses era un equipo serio e modelo e hoxe únicamente cambiando a figura do presidente e mantendo a directiva somos unha banda da que non se fia ninguén, raro canto menos. No das renovacións e sí sei máis dun caso as aspiracións de algún xogador eran por decilo suave ata insultantes polo que é lóxico que antes de acceder e empeñarnos se lles diga que non. O das firmas, está claro que a día de hoxe co que vale a palabra casi é preciso firmar con sangue porque o que che está dicindo agora unha cousa estate vendendo por detrás. Polo ben do clube espero que non descalabren a actual estabilidade e nos vexamos dando cabezazos e afundidos como antes de estar Xan ao frente. Forza Arenteiro! 06 Jul 2019, 11:08 11.00
Según poñen na páxina de Facebook do clube Rubio aceptou nas últimas horas unha oferta de outro equipo e desvincúlase do Arenteiro, pois si que está reñido o mercado de fichaxes.. 05 Jul 2019, 22:36 11.00
Supoño que haberá unha directiva que terá que tomar as decisións en conxunto, non será exclusiva do presidente. Eu non asistín a ningunha asamblea, polo que non sei o ambiente que se respira nin as ideas que se plantexan, en canto a renovacións en máis dun caso supoño que haberá discrepancias no aspecto económico e será un motivo determinante á hora de facelas efectivas. Espero e desexo que todo o que avanzamos con Xan non o retrocedamos nuns cantos meses. 05 Jul 2019, 20:28 11.00
Ocampo penso que sempre foi un rapaz que fixo pouco ruido e demostrou cousas onde hai que facelo, neste caso completando unha gran temporada no Velle e abrindo de novo as portas da casa, o resto pra min non é máis que verborrea barata de catro resentidos. Gran nova tamén a colaboración co Sporting Carballiño! 05 Jul 2019, 10:49 11.00
Pois polo visto Adil tamén causa baixa, volve Ocampo e renovan Pol, Iago Fernández e Rubio. Adil cumplía ainda que no esquema de Gelucho perdeu presencia coa chegada de Emilio... Moita sorte! 05 Jul 2019, 09:58 11.00
Por? A qué te refires? Curiosidade; máis nada 04 Jul 2019, 23:04 11.00
Eu era con un co que xa non contaba, os rumores de que marchaba cada vez collian máis forza e polo que se ve eran certos, moita sorte na nova andadura! Sabemos dalgunha renovación máis? 01 Jul 2019, 10:25 11.00
http://www.cdarenteiro.es/index.php/novas/181-duas-fichaxes-mais 29 Jun 2019, 16:07 11.00