Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
O gol das Pontes tamén é culpa do Arzúa… O clube da comedia 20 Jun 2021, 18:38 -118.14
É evidente que o voso equipo non ten ápice de culpa da situación límite á que vos enfrontades a estas alturas. Baltar, La Región, a falta de intensidade do Ponte contra o Arzúa, a tormenta de onte… orquestaron unha conspiración xudeo-masónica, que vos levou a xogarvos todo a unha carta que xa non tedes na man, na última xornada. 15 Jun 2021, 00:44 373.90
Falando algo de todo; único que celebran hoxe na Estrada son as expulsións do Arousa; que ansia cando o da camiseta amarilla sacaba as tarxetas do bolsillo. 12 Jun 2021, 23:46 -92.26
Coincido en que o dos ascensos da Preferente é sangrante; con 4 pachangas presentarse en terceira, nunca saiu tan barato. 09 Jun 2021, 19:21 493.30
Clasificación engañosa. Ningún equipo regalou un só punto desde o inicio desta atípica temporada; incluso os descendidos seguen deixándose a pel cada fin de semana. 31 May 2021, 06:54 190.95
Demagoxia barata; incluso os principios dos que se decían abandeirados do fútbol popular, no que non había cabida pra negociar co nome do clube, teñen prezo. Eu entendo que é máis atractivo manter o equipo en terceira, con vistas a seguir medrando a conta do capital dun grupo de interesados que deixalo fundir en rexional, a pesar de que a moita xente se lle enchía a boca dicindo o contrario. 26 May 2021, 16:52 11.36
Ten que ser sumamente excitante pros defensores acérrimos do fútbol popular, a canteira e a casa por diante de todo, saborear o regusto doce do capital privado. Teredes que limitar a contratación de mercenarios pra conservar o discurso de “Ourense somos nós.” 26 May 2021, 12:41 11.36
Televisan o partido? 22 May 2021, 15:35 11.36
Ourensejaps, eu mantívenme escéptico desde o principio co proxecto faraónico do ascenso. Ilusionante? desde logo, nunca tanto desde fai moitos anos en Espiñedo; duvidoso? Outro tanto do mesmo, máis tendo en conta a situación actual tanto social como económica que atravesamos e nos ven derriba. Confío en que a xente que está na directiva saiba ter os pés no chan e non caia na tentación de querer abarcar máis do que nos corresponde, non teño porque ter a mínima duda sobre eles porque algúns foron partícipes na transición de recuperación tanto de credibilidade como económica do clube, e eles mellor ca min ou ninguén dos moitos que escribimos aquí saben do esforzo que require e non creo que boten por terra tanto traballo. Se o ano que ven volvemos baixar non pasa absolutamente nada, mentres non acarree como digo a hipoteca da vida do clube, volveremos ao lugar que ocupamos actualmente e non haberá o máis mínimo problema, os que estivemos antes e estamos agora seguiremos estando onde toque; non hai moitos anos que a maior parte dos que celebramos o ascenso aplaudíamos os goles en primeira rexional. Pesule, de pitas ou galiñas, como queira vostede; é que lle remonten a un, un 2-0 e lles pasen a man pola cara un rival directo nunha fase de descenso. Como dixen en anteriores mensaxes, a mellor das sortes a todos, o importante é non se mancar. 18 May 2021, 18:34 39.37
Fai dous anos cando Suso anunciaba a marcha ao Céltiga semellaba que ía disfrutar o que lle quedaba e queimar os últimos cartuchos. Onte, estando lexos do seu mellor estado de forma; deu un recital de fútbol e corazón. Partidazo! Sorte nas próximas citas Ourense 17 May 2021, 08:07 754.11
Por respeto aos afeccionados do Ourense e non entrar en descalificacións persoais vouno deixar aquí. O post é pra falar do partido do Ourense, ao que lle desexo a mellor das sortes como ao resto dos equipos cos que compartimos competición; polo que respecta ao equipo que eu sigo, os deberes están feitos e non me queda máis ca ser un mero espectador. 12 May 2021, 12:38 68.87
“Equipos sobradamente conocidos” non coma o Estradense que abre os noticiarios deportivos das principais cadeas de TV e enche as páxinas dos xornais especializados na materia. Compre ser falabarato pra ningunear a calquera equipo, sexa da categoría que sexa. 12 May 2021, 09:30 -117.92
Estaría ben tratar de tirar da canteira e volvela facer atractiva aos rapaces e pais da vila sen terse que desplazar a Ourense, Santa Cruz ou incluso Maside. A base debe medrar canda o primeiro equipo. 11 May 2021, 20:35 68.87
Arsenio ó Estradense se consiguen ascender 10 May 2021, 05:47 -117.93
Se a envexa fora tiña 09 May 2021, 14:42 11.35
Pra que despóis dígades que non saídes na prensa. https://www.laregion.es/articulo/quen-cho-dixo/sabe-vuelve-cobrar-fuerza-idea-fusionar-equipos-futbol-ciudad/202105080830211027831.html?fbclid=IwAR1hx_WOEUycr3DrCE0BRo6W6e2SfWMhlCwtMgPT9clu9lrlzy2MU3nGYEQ 08 May 2021, 15:35 11.35
Gelucho uno di noi, sempre presente 07 May 2021, 13:44 67.72
É máis que evidente que nós non imos poder competir tanto a nível presupuestario como institucional con equipos profesionáis coma o Compos, Pontevedra, Coruxo... Pero tampouco nos temos que obcecar en querer facelo e tirar pola borda o gran traballo de moita xente tratando de sanear o clube estes últimos anos. O fútbol é un negocio; e que os empregados queiran e traten de mellorar algo totalmente lícito e legal, chegado o día terán que valorar as opcións que se lles presenten. E nós tratar de competir da maneira máis digna posible cos efectivos cos que contemos. Como lin aquí en máis dunha ocasión, e penso que debe ser a filosofía que prime, “Podemos xogar na mesma liga contra o Pontevedra, pero non somos o Pontevedra.” Calquera que pense o contrario está totalmente enganado. Forza Arenteiro sempre! 07 May 2021, 06:43 67.72
Eu son da mesma opinión Arenteirista, hai un bloque serio e solvente; apostaría polo camiño da continuidade 04 May 2021, 09:52 67.66
Penso que teñen a Mourinho na recámara, por se Justo declina a renovación 04 May 2021, 07:07 67.66