Comentarios de Lois_Ces

Comentario Fecha Karma
Qué lección de xogo por parte do Carreira. Uns nenos que xogan moi ben ó fútbol, sin duda. O mellor equipo que vimos. Pero non solo eso, que lección de humildade, de saber estar, de bo xogo e do compañeirismo que debería sempre acompañar a estas categorías. Deixaron sempre xogar ó Unión, sacaron xogadores para tentar igualar un pouco o partido, non se cebaron no marcador, cando podían ter marchado con 40 goles tranquilamente, deron minutos ós xogadores que igual non xogan tanto noutros partios, o dito....... noraboa ós nenos, ós pais, á directiva e sobre todos ós 2 entrenadores que fixeron que disfrutáramos moito no campo. Desexámosvos as mellores das sortes alá a onde vaiades. O dito, moitas gracias de todo corazón. 06 May 2017, 07:39 12.26
Noraboa ó Sar. Vaia partido pasado por auga. Gracias ó seu adestrador. Fomos en inferioridade numérica e sacou xogadores para xogar en igualdade e deixándonos xogar en todo momento. O dito, moitas gracias e moita sorte na competición 30 Mar 2017, 20:31 12.08
Partidazo. Noraboa ós nenos do Dodro e ó adestrador Fran. Moi bo partido, permitindo xogar en todo momento. Sorte na competición 14 Feb 2017, 22:43 11.75
Hola Alicia. Boas noites. A ver, o primeiro pedirvos disculpas, porque eu non me expliquei ben, pero creo que vos tampouco me entendestedes todo o ben que eu quixera. 1.- O noso equipo tan solo ten 4 xogadores de prebenxamíns e 6 de biberóns. De quén é a culpa? pois non o sei. Se miras os resultados da liguilla, levamos moitas "choscas" e non protestamos, sabemos o que hai, na primeira volta o Taragoña creo que nos meteu 6 ou 7 goles non me acordo. 2.- non presumo, solo digo que nós o que buscamos é que o pasen ben e que disfruten no campo, como comprenderás co equipo que temos, non podemos aspirar a moito máis. Eu das famas e/ou políticas do unión, Taragoña, Araño, Boiro ou calquera equipo non podo falar, xa que non estou en ningunha directiva, nin representante nin nada de nada, tan solo levo ó meu fillo a xogar ó fútbol. Non son eu quen, nin quero ser quen defenda a maneira de facer as cousas dun club. 3.- para animar ó meu fillo non me fai falta velo ganar. De feito, xa che dixen que na primeira volta tan solo lle ganamos ó Puebla, porque aquel día o seu equipo tamén estaba moi mermado. De feito, moitas veces, acaban os partidos e non saben nin como quedaron. Descoñezo a motivación que no vestiario lle dan ós rapaces dende o Unión, eu solo digo que os pais os animamos o mais que podemos. O que nos costa é cando é tal a humillación, o meu comentario do outro día (dito en quente, dito sea de paso) referíame a que por exemplo, cando xa íamos perdendo 0-12 e estando de porteiro un rapaz biberón que casi non tiña nin forza para sacar da portería, esa ansia cando se lle decía ós dianteiros "atentos ó saque, a roubar e meter gol". Sinceramente, eso vino fora de lugar, eu non son entrenador, nin o podo ser, pero actuaría doutra maneira. 4.- Tes razón. Ahí columpieime un pouco, eu tamén vos desexo sorte na competeción. Eses son os meus valores. Firmado. Un pai, orgulloso dos seus fillos, inda que non xoguen. Saúdos. 25 Ene 2017, 20:39 11.65
Penoso. Penosa me pareceu a actuación do Taragoña. Xogando contra un equipo practicamente de biberóns, cebáronse moi duro. Cando xa ían ganando de máis de 10 goles, inda nese momento, non deixaban nin sacar ó porteiro. Un porteiro de biberóns, que casi non tiña nin forza para lle chegar o balón a fora da área. Si estades contentos con estes actos, noraboa. Eu non o entendo, Eu teño outras ideas do que significa o fútbol base. Sei perfectamente que o noso equipo a única aspiración que ten é a de divertirse e a de que os nenos o pasen ben, pero con actuacións deste tipo, é difícil levantar o ánimo no vestiario. Síntoo, pero non vos desexo sorte na competición. 21 Ene 2017, 13:23 11.63
A pesar do abultado do marcador, dar a noraboa tanto ó entrenador como ós xogadores, que puideron meter moitos máis goles e deixaron xogar ós nosos rapaces ata a metade do campo. Ese é o espíritu. Noraboa a todo o equipo e sorte na competición. 10 Dic 2016, 18:05 11.37
A noraboa á adestradora do Aguiño, que tentou deixar xogar ó equipo rival, vendo que non eran capaces nin a saír da portería. Ese debe selo espíritu das categorías bases. O dito, noraboa e sorte no campionato. 06 Nov 2016, 08:50 170.52
Noraboa ó Dodro. Bo partido. Noraboa tamén ó adestrador Fran Couselo. Unha gran persoa como xogador e agora como adestrador das categorías bases, non acosando ó contrario, deixando sacar e poñendo todo da súa parte para un partido máis bonito. O dito, noraboa ó Dodro. 22 Oct 2016, 18:41 11.13
De verdad creedes necesario ese resultado? Algún dos dous equipos sacou algo en limpo? (mais alá do abultado resultado? Os pobres rapaces da Pobra son case todos biberóns, 20 Oct 2016, 23:35 11.13