| O luns estiven na de Mariño e escoitei que a figura de José Antonio pende dun hilo. Os fichajes estratéticos de Bolo e Manoliño non terminan de encaixar, e o Carreira xa os acaba de pasar na tabla, cun partido menos que teño seguro que lle van gañar aos Artistas, que levan a temporada enteira cagándose pola pata nas grandes citas. Para frenar a sangría, os petrodólares do Xuño (un dos directivos ten unha gasolinera) xa están preparados para levar a cabo novos fichaxes. Fálase de que queren reforzar a dianteira cun xogador estrella e que incluso o Oleiros lle ofreceu xogadores ao seu anterior técnico para reflotar o barco. Para afrontar o coste de tódalas transaccións e do pago das comisións aos axentes FIFA, o gasoil subirá 0,3 céntimos e a gasolina 0,31. Un esforzo para non perder o tren de cabeza. Prognóstico: Si o Xuño non gana, moito me temo que o banquillo do Xuño terá novo inquilino en Navidad. Xa hai varios candidatos. Fútbol. |
03 Dic 2024, 11:24 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| O Jato xa acumula máis expulsións na súa carreira que Sergio Ramos. Outro récord do entrenador máis en forma da categoría. |
03 Dic 2024, 10:54 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Os mentideros falan de que o Xuño non vai parar de invertir ata conseguir o ascenso. Aproveitando a subida dos combustibles fósiles e a presencia de petrodólores no club (un directivo é dono dunha gasolinera), José Antonio ten marxe para fichar a tres ou catro xogadores máis. Fálase de que volverá a tirar de varios vellos conocidos que tivo no Oleiros, dos cales dous eran familia. Pronto haberá máis noticias. Vou co prognóstico: partido complicado para o Xuño. O Cures enfréntase á súa némesis, Suso Montaos, un xogador habituado á batalla, tanto psicolóxica como física, que moito me temo que non se vai achicar ante os rudos "xogadores" de Pomar do Río. Imaxínomo despois do partido como Clint Eastwood no "Sarxento de Ferro": "Bebín máis cerveza, mexei más sangre, botei máis polvos e rompín máis ovos que todos vos xuntos, mamalóns". Vou co prognóstico, que sempre acabo enredando: vitoria clara do novo Manchester City do fútbol barbancés. Fútbol. |
26 Nov 2024, 17:03 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| José Antonio está tirando de listing telefónico para devolver a ilusión ás Furnas. O primeiro en poñerse as botas será o Bolo; o siguiente, Manoliño. Equipo feito a base de petrodólares (un dos directivos ten unha gasolinera). Prognóstico: vitoria clara dos amarillos. |
20 Nov 2024, 13:03 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Prognóstico: Volve Millares. O trofeo ao pichichi queda listo na Lomba. Fútbol. |
20 Nov 2024, 12:52 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Prognóstico moi claro: Vitoria do Puebla B despois de que o Cures apareza no campo con 10 xogadores e 2 teñan que deixar o campo polos gases provocados por unha enchenta de cocido. Fútbol. |
20 Nov 2024, 12:51 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Algún do Artes segue sobrevivindo a base de fortasec despois da cagalera que sufreu no Emilio García. Prognóstico: vitoria local e crise nos Artistas. O Carreira apreta para entrar na fase e tería margen para facelo se non houbera 5 equipos que non saben si xogan ao fútbol ou tocan o tambor. É máis fácil encontrar un graduado escolar entre as Fanekas que perder contra o Bealo. O Xuño xa está optando pola estrategia que fixo famoso ao seu entrenador: fichar 30 ou 40 xogadores por temporada e arriarlle 100 ou 200 euros a algún dianteiro de "renombre". Fútbol. |
20 Nov 2024, 12:49 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| A vida é como un bumerang. Cando o lanzas sempre vén de volta. Xa o decía meu abuelo Manolo. El aprendeuno en Tanzania, onde se dedicaba á caza de elefantes para vender o marfil nos principales anticuarios de Londres. Prognóstico: Vitoria contundente dos locais, capachos de canutos e estrellas na grada, e un porcentaje claro dun 99,9 % de fracaso escolar entre os Fanekas. A ver quen é o valiente que lles ofrece un contrato laboral. Si dan dolores de cabeza no campo, non me quero imaxinar aos seus pais cando os teñen que ir levantar da cama á unha da tarde dun martes. Por suerte nunca falta un prato de comida na casa de mamá. Fútbol!
|
20 Nov 2024, 12:32 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Vou directo co meu prognóstico, que sempre me lío: o Xuño leva unhas semanas mermado. Sen porteiros, co dianteiro estrella escarallado e creo que para este fin de semana perde a varios titulares. Ao seu favor, o terreo de xogo, que favorece o antifútbol e iguala todo á baixa, como o sistema educativo deste país. Vexo unha victoria clara do Carreira, cun par de goles de Carlitos. Aprétase a pelexa pola fase de ascenso. Fútbol. |
13 Nov 2024, 12:57 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| No Millares, No Party. En tódolos aspectos... |
13 Nov 2024, 11:14 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Ao final puden chegar o domingo a Pomar do Río. Solo tuven un problema, que o fixen dúas horas tarde. Cando cheguei xa rematara o partido e había duas ambulancias do Sergas dentro do campo. A primeira foi para levarse a un xogador do Carreira ao que "non lle tocaran e que tiña moito cuento". Preguntei despois por el a un amigo que traballa no Barbanza e dixéronme que tiña politraumatismos nas catro extermidades do corpo e crían que a partir de ahora o deporte máis extremo que podería facer é comer potitos por pajita. A segunda ambulancia era para un tal José de Rosiña, ao que lle sentara mal o licor café porque, polo visto, non comera moito porque o seu neto foise a estudiar á Coruña e, para que non rosme, os domingos ahora solo comen tofu e non o cocido de toda a vida. Aínda non vos falei ahistoria do meu abuelo Manolo de cando tivo un restaurante en Castle Town, onde paraban todos os mariñeiros que faenaban no Gran Sol. Deixoa para outro día que me quedou a pota ao lume e teño que atendela. ¿O prognóstico? Tres puntos para o Cures e algúns máis para os do Crocha. Mala sorte para os que vaian convocados... Fútbol. |
12 Nov 2024, 16:57 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| O Son pediu o cambio de emplazamento na primeira xornada da liga para facer obras no Preguntoiro. Como o césped non o tocaron, xa que consideran que o balón vai máis rápido polo aire que polo chan, os da brigada de obras cambiaron de plan e colocaron pupitres na grada para que as fanecas vaian polo menos un día cada dúas semanas á escuela. Gracias a eso, os máis listos xa van pola tabla do 3 e están empezando co verbo to be. Todo estivo financiado polos ministerios de Educación e Medioambiente, que tamén colocou detetores de fume para evitar o envío de gases tóxicos á atmosfera dende as instalacións deportivas, algo que dende a creación dos juligans sonenses, que acostumbran a usar colirio para os ollos chorosos e rojos, víano prioritario para rebaixar a carga de CO2 no aire. Falando de todo, meu abuelo Manolo solo chorou unha vez nos seus 107 anos de vida. Tampouco é que cadrara moito con el porque pasaba o día no Bar de Praia, (como xa vos contei), pero ese día si que estábamos os dous na casa. Foi o 9 de noviembre de 1989, cando no parte empezaron a poñer imaxes da caída do Muro de Berlín. Pregunteille si choraba porque despois de 40 anos as familias podían volver a xuntarse. Púxose como unha fiera, díxome a gritos que el non choraba, e menos por chorradas, e colleu o pau que usaba para abrir a cociña de ferro e intentou darme no lombo con el. Non me pescou porque xusto acababa de coller Karate Kid no Charlot, na Puebla, e ca emoción apuntarame a kárate na de Cardalda e xa era cinturón amarillo con punta verde. Despois do seu arrebato, explicoume que aquel fora o seu mellor traballo como albañil e que pasara 3 anos na República Democrática Alemana levantando o Muro. Foi condecorado en persona por Stalin por tamaña obra de ingeniería, pero finalmente deportarono a Castiñeiras porque o pescaron bebendo un cubalibre con cocacola, algo que era considerado alta traición na URSS e que para el era o normal para desayunar. Co que aprendeu alá diseñou dúas obras icónicas do Ribeira: A Caixa de Aforros e a Discoteca Tuti Fruti. Eu non sabía nada deso porque miña abuela Maruja sempre decía que o meu abuelo non dera pau á ajua na vida e eu a ela creíalle. Bueno, que me lío e ao final olvídome de poñer o prognóstico. Todos os escenarios abertos no Emilio García. Enfréntanse os dous mellores equipos da liga, que bueno, tampouco é decir moito. Pode haber goleada do Son coa enésima cagada nos pantalóns dos Artistas, podemos ver tablas no electrónico e incluso vitoria dos da Fieiteira si os veteranos non se achican polos cánticos e a presión das Fanecas. Especúlase coa presencia de membros da fiscalía de menores por si o Son volve facerlle xogar á súa estrella dos juveniles outros tres partidos no mismo fin de semana. Confirmado o consumo de dous ou tres capachos de trompetas detrás do banquillo visitante, pancartas con faltas de ortografía e dúas ou tres patadas de roja directa coas súas respectivas amenazas de muerte por parte de ambos equipos. Dar cera, pulir cera. Fútbol.
|
11 Nov 2024, 18:42 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| "Polo río abaixo ven, unha troita de pé". Mecachis, xusto me colledes salindo da ducha e con Pratos Combinados na tele. Vaia semana esta! Estiven desde o martes ata hoxe en Washington, na América. Cando seibaba o outro día as jaliñas apareceron dous homes pola horta. Dixeronme que eran agentes do FBI e preguntáronme por un tal Manuel Schmidt Leverkusen. Dixénlles que non sabía quen era ese home e enseñáronme unha foto del en blanco e nejro. Carallo, era meu abuelo Manolo! Era xoven e melenudo e detrás del salía a Estatua da Libertad. Nunca me contou que estivera alá, pero bueno, en realidad botaba mais tempo no bar da Praia que na casa e cando volvía trababaselle a lencua, ta, ta, ta tatexaba e non había quen o entendera. Según a investigación do FBI, meu abuelo naceu en Dresden, en Alemania, e combateu cos nazis na Segunda Guerra Mundial. Cando veu todo nejro e sabía que iban a perder (como o Bealo mañán na Fieiteira) escapou para a América e cambiouse o nombre a Manolo Pateira, en honor á pedra onde iba ás nécoras co meu bisabuelo Perfecto, de nombre, que de perfecto non tiña nada porque tamén era medio borracho. Bueno, contáronme os agentes que meu abuelo Manolo estivo en Estados Unidos cinco anos. Traballaba de camarero nun restaurante de Manhattan, onde comían altos cargos da diplomacia americana. Cando xa levaban uns cuantos chupitos, os yankis soltaban fantasmadas e de todo pola lencua, como os que veñen no verán a Palmeira, secretos inconfesables do país incluidos. Meu abuelo, que non sabía ler porque non queria, pero si escribir, apuntaba todo e mandábanllo aos alemanes por código morse. O que me dixeron os agentes é que levaban décadas buscando por el por un delito de revelación de secretos, pero que lles escapou. Primeiro localizarono en México, onde se fixo chamar Manuel Jalapeño; pero fugouse en barco a Buenos Aires, onde se fixo pasa por enjrasador e se cambiou o apellido a Maradona. Tuvo outro fillo alí, un tal Diego que xojaba ao fútbol, un deporte que aínda está por chejar a Cures. Despois pasou por Australia, esa historia xa vola contei, e por último chejou a Castiñeiras a onde miña abuela Maruja. Por culpa del detuvéronme e estiven cinco días sendo interrogado. Como tortura puxéronme todos os partidos do Rotogal Boiro e do Crocha da temporada pasada, e tamén varias sesións de Dj Matrek dicindo en bucle "venga, esas manos arriba". Pensei morrer. Bueno, ao lío, dixenlles que non sabía nada, que meu abuelo Manolo morrera facía 20 anos e mandeinos ao Bar da Praia e á de Armando, que é onde máis tempo pasaba. Ao final soltáronme e regaláronme unha sudadera porque dixéronme que mañá chove en Pomar do Río. A ver si dou chegado alá. Bueno, que sempre me lío e solo quería poñer o prognóstico: empate na Alta. Según me dixeron, aos dez pases seguidos o árbitro ten que parar o partido e toda a xente do campo aplaudir. Igual se escoitan un ou dous aplausos durante a tarde. Fútbol. |
09 Nov 2024, 14:10 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Esta mañán estuven no Palmeras e contáronme que un día durante o verán apareceron por alí tres chavales rubios nunha furgoneta. Pediron unhas "estreias" e dixeron que viñeran a "surfing". Estuveron pola aldea unha semana e despois, sin siquiera despedirse, desapareceron. Polo visto, un de Queiruga que traballa de caldereta ao róbalo encontrouse cun deles no aeropuerto de Abu Dabi. Reconoceuno porque era o único rubio que levaba unha camiseta do Waimea e unha visera do Rompetiño. O surfeiro explicoulle que se chamaba Peter e era o dono da empresa Newcrest Mining Limited, que se dedica á extracción de ouro. Foi toda unha casualidad porque alí traballou meu abuelo Manolo despois da crisis do petróleo do 1973. Botou 3 anos, ata que se enterou miña abuela Maruja que non andaba pola casa nin o viran no bar da Praia. Aproveitou para joderlle os cartos da cuenta da caixa de aforros e o reloj de ouro que heredara do seu pai. Cando jastou todo, chamouno de volta e cantoulle as 40. Bueno, ao que iba, que me lío. Que os multimillonarios australianos volveron ao seu país enamorados de Porto do Son. Para non olvidarse nunca do lugar, financiáronlle o ordenador e unha cámara ás fanecas bravas para poder ver todos os seus partidos. Este será o primeiro derbi da historia do fútbol sonense que se retransmitirá en directo nun dos locales más prestigiosos de Australia, o Fonforrón Beach Club Melbourne. Prognóstico? Choque de estilos, pouco balón raso e algún puñetaso nas áreas. Non pasa nada que todos son vesiños. Chéirame a vitoria visitante ou empate, o Xuño está perdendo forza. |
07 Nov 2024, 17:38 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| Fálase dunha oferta de Jota Peleteiro para comprar o Aguiño e levalo á Champions, pero escoitín no muelle que en realidad é unha estrategia para facer no campo un hotel de cinco estrellas. As imágenes do Carreiro xa chegaron a Dubai e quere aproveitar o seu tirón turístico entre os multimillonarios do emirato. Polo visto, o proyecto incluye a perforación duns yacimientos petrolíferos en Sálvora, dos que xa me falou meu abuelo Manolo, que non sabía nadar, pero que aprendeu moito do tema cando indo en ruta para o Gran Sol chocaron cunha plataforma petrolífera. Alí uns holandeses explicáronlle que en Sálvora había petróleo "a jodelo" ou eso decía os domingos despois de comer e tomar uns licores. Avecinase colloada cos percebeiros e con Vilas, que xa pasou polo ayuntamiento a pedir que cambien de novo o césped. Xa me lío, que viña solo a poñer a porra: si Millares sale solo viernes, gana o Palmeira por chosca. Si sale jueves, viernes e sábado, gana tamén o Palmeira por chosca. Fútbol. |
07 Nov 2024, 14:08 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|
| A ver si desta dou chegado a Pomar do Río. A última vez que fun alá acabín en Cadarnoxo e a anterior foime o coche do meu abuelo Manolo por unha cuneta abaixo. Safei de casualidad e cando volvín ca grúa xa non tiña rodas nin radio. Suerte que o abuelo xa leva 20 anos enterrado en Castiñeiras, sinon a ver quen o escoitaba. Vamos ao importante. Partido para reengancharse na pelea polo ascenso. Vexo un empate ou victoria dos da Guía, tres ou catro lesionados por parte do Carreira, catro ou cinco litros de licor café vendidos na cantina, hat trik de Carlitos, e amenazas de morte a algún xogador visitante. Fútbol. |
07 Nov 2024, 12:13 |
9.87 |
1 |
0 |
+info
|