Comentarios de SaveFerris

Comentario Fecha Karma
Pois non debeu pasar nada... 11 May 2017, 02:24 14.07
Qué pasou?? 07 May 2017, 23:19 14.07
Moito ánimo á familia do Nebra 05 Feb 2017, 23:15 14.07
Entendo perfectamente o que escribiches. Debe ser a primeira vez que unha afección berra nun campo... Tampouco pretendo atacarche. Diríxome a ti nas 3 primeiras liñas. As últimas 3 son dirixidas a tódolos "forofos" e "foreiros" que len nesta páxina; mais que nada para que sepan cómo foi o partido e non se centren en anécdotas. 21 Nov 2016, 20:58 12.71
Negas que o Baroña gañara a pesar do árbitro (estou de acordo). E afirmas que "un arbitro que estando desacertado todo o encontro acaba por darlle os tres o puntos o equipo local" (cégache o forofismo). O lampón chegou 3 veces con perigo á porta rival: un gol e dúas ocasións claras. Das veces que chegou con perigo o Baroña á vosa porta perdín a conta. Partidazo do Baroña e victoria merecida. 21 Nov 2016, 20:17 12.71
Non se está desinflando, pero é normal que perda partidos. O de onte foi bastante igualado. Na primeira metade penso que os do Abanqueiro se centraron demasiado no árbitro e un Baroña moi intenso apreveitouno para irse 2-0. Moito mérito para o Abanqueiro na segunda metade, que con dez conseguiu meter atrás ó rival. Ó final o resultado apretado, aínda que o Baroña tivo catro man a man que resolveu con acerto o porteiro (da segunda metade) dos visitantes. O seu mellor xogador. Noraboa ó Baroña pola victoria. 25 Ene 2016, 14:47 11.22
Éste marcador está correcto? Ou é un deses resultados de carallada que se poñen de vez en cando...? 10 Ene 2016, 20:53 10.94
Desa ocasión no minuto 1 non me dou conta (terás razón pero non me acordo, jaja). A que saca coas pernas é a que eu comento. Do cabezazo sí que me acordo, pero non me pareceu moi perigoso, o porteiro recuou e sacou un balón bombeado pero con pouca forza (non é por sacarlle méritos ó porteiro tampouco XD). E que o empate é xusto estou dacordo. Eu só dou a miña opinión para facer ver que o partido estivo máis igualado do que se comentou por aquí. 10 Nov 2015, 20:33 10.90
AficionadoTerceira olvídase das CLARAS ocasións do Baroña na primeira metade. Unha doble na área pequena, e outra dun dianteiro que tras amagar a un defensa tira ao boneco cando estaba so, tamén na área pequena. Calquera destas dúas xogadas suporía o 0-2. E digo esto porque lendo as crónicas parece que o Artes avasallou ao Baroña ("superior en todos os aspectos" pon abaixo). E nada máis lonxe. Tuveron máis posesión, eso sí, pero oportunidades claras... aparte do gol, unha na primeira metade que saca ben co pé abaixo o porteiro do Baroña. Así que, na miña opinión, a dianteira dos visitantes gañoullela partida á defensa local de lonxe, e si non meteron máis goles foi por falta de puntería. Para min, mellor a defensa do Baroña que a do Artes, e non só na primeira metade, senón todo o partido. Na segunda metade, aparte do penalti (penalti claro) non me acordo de ningunha ocasión do Artes con perigo de gol, e o Baroña sí puido marcar en varias contras mal rematadas. Máis posesión non implica ser máis superior, senón que veña Guardiola e mo discuta. Sorte ós dous equipos 10 Nov 2015, 18:44 10.90