Comentarios de Siareiro_Limiao

Comentario Fecha Karma
Gran partido dos limiáns, estanse facendo fortes no seu feudo e deixando mostras de que son merecedores de estar na zona alta da taboa. Si un mal dia do CD Cea, pero tamén un gran dia do Vilar de Barrio 02 Dic 2019, 20:34 11.56
Alguén sabe o motivo da suspensión do partido? 21 May 2018, 20:53 11.56
Derbi, partido nos que pode pasar de todo Arranca a segunda volta e o Vilar de Santos necesita a vitoria para seguir a racha e nos postos altos, e os seus veciños do Vilar de Barrio precisa da vitoria para por fin a unha racha negativa que os alonxou da zona alta, partido disputado. Que gañe o mellor 19 Ene 2018, 10:32 11.56
Partido onde o Vilar de Santos deberá demostrar si merece estar na parte alta da clasificación, ante un Padrenda que ven de empatarlle ao Toén. O Vilar de Santos non debería ter problemas, pero nesta liga todo é posible 13 Ene 2018, 10:53 11.56
Partido intenso e emocionante, posto que o empate puido ser de máis goles e incluso gañar calquera dos dous, partido limpo e correcto, exceptuando algun lance do partido que non foi a máis. A parte alta ponse emocionante, de aquí ao final da primeira volta poden dar moitas voltas pero verase quen se acomoda na zona alta e quen queda a remolque. 04 Dic 2017, 10:09 11.56
Partido e xornada moi emocionante, o Toén tratará de seguir a senda do Vilamarín e o Vilar de Santos engancharse a zona alta, sendo os únicos equipos que levan unha racha de 5 partidos sen coñecer a derrota, ademáis nunha xornada na que os catro equipos que hai entre eles enfrontanse entre si. O espectáculo está servido. Si o Vilar de Santos ten orde e bo oficio pode dar a sorpresa como xa a deu contra o Vilamarín. 29 Nov 2017, 17:17 11.56
Será un partido nun campo de futbol, que si, non é un tapete, pero xa os vin peores e naide se queixou. Así que sorte e que gañe o mellor 09 Nov 2017, 10:19 36.73
A reclamación quedou en nada, posto que o Vilar de Santos pediu a alta voluntaria en forma e tempo. Asi que o que manda é o resultado do campo, que si que non é do agrado de moitos, pero é o que hai 09 Nov 2017, 10:16 65.51
De nada, si o campo é similar ao de Bubal 07 Nov 2017, 10:06 36.73
É un campo de futbol coma outro calquera de herba natural, pero por causas alleas ao clube non se puido regar nin arranxar, entón está un pouco estropeado, esperemos que con esta choiva se arranxe un pouco. Espero axudarche na tua dúbida e nas protestas de outros 06 Nov 2017, 20:16 36.73
Teño a mesma idea do partido, de dous equipos que se defenden ben, e o menor detalle decidirá o partido. Ánimo ao Vilar de Barrio. 06 Nov 2017, 17:11 36.73
Partido enganoso, onde o Vilar de Santos pode vir crecido por unha racha de duas vitorias consecutivas, e dun Ourense irregular que ten potencial pero non chega a entusiasmar, partido emocionante. 06 Nov 2017, 17:09 36.73
Tristan_96 esa violencia gratuita escusala, hai que ter algo de respecto. Rompecabezas, con todos os meus respetos, pero sendo parte da Federación deberias ser imparcial, e ter un pouco de respeto por todos os equipos e todos os seus campos, e si estas ond dis que estas deberias a por medios para axudar a ter bos campos e unha liga pacifica e emocionante como está. A miña intención non é entar en polémicas, por si se poden malinterpretar os meus comentarios. 06 Nov 2017, 10:06 36.73
Noraboa ao VIlar do Barrio pola vitoria a domicio para martese en postos de ascendo. 04 Nov 2017, 21:33 36.67
Moito ánimo ao Vilar de Santos para o partido crucial de mañá, e máis ainda para que non haxa unha man negra na federación para non perder a lograda vitoria da semana pasada 04 Nov 2017, 21:28 36.67
Vergonza é menospreciar con esa soberbia a un rival, e si o Vilamarín é tan bo será nun tapete ou nun patatal, asi que máis humildade e respeto, e cada un ten o campo que pode non o que quere. 04 Nov 2017, 21:26 65.38
Señores estamos en terceira rexional, cada equipo xoga como pode ou como mellor sabe, e respeto aos campos hai que conformarse co que hai, evidentemente todos queremos boas instalacións pero teremos que acomodarnos ao que temos. E tratar de ter respeto hacia os rivais, iranos mellor, e non quetnar os partidos dende un foro detrás dun seudonimo, e falar máis nos campos e dando a cara. E unhas veces gañase outras perdese, pero con deportividade e sen despachos. Así que vamos levarnos ven e axudar a esta categoria, que non esquezades é a última, asi que poñamos cada un da nosa parte para facela grande 04 Nov 2017, 21:20 65.38
Partido a priori facil para o Vilar de Santos pero ao mesmo tempo enganoso, ant un rival fort aunke en horas baixas, si demostra do q foi capaz a semana pasada non deberia ter problemas 04 Nov 2017, 02:20 36.67
Por suposto q hai q xogar na legalidade, pero por parte da federación deberian ter mais control respecto as baixas medicas. Pero como xa comentastes antes algun padriño teran na federación para estas ocasions. Animo ao Vilar de Santos, e moito ollo os rivales do Vilamarín. 04 Nov 2017, 02:17 36.67
Partido competido e igualado, onde a sorte e a insistencia dos ultimos minutos deron o premio ao Vilar de Santos, onde a deportividade e o traballo e esforzo dos dous equipos nos deron unha boa tarde de futbol. Sorte aos dous Un para seguir gañando e ao outro volver e a gañar e afianzarse no primeiro posto. E Torcescarpas de lacrillas nada, non faltes ao respeto, e por certo, a min encantame o futbol rexional que é o futbol de verdade o outro é negocio. 30 Oct 2017, 11:34 36.58