Comentarios de Tacos

Comentario Fecha Karma
Sabedes o que da verdadeira vergonza? A mala educación, os malos modos e as falta de respeto constinuas instauradas no fútbol das mans dos pais e nais. Eu estiven esta mañán no encontro disputado entre o Boiro e o Conxo, e asegúrovos que os que peor exemplo deron foron algúns pais. Todo comezou nos últimos minutos da segunda parte. Un neno do Conxo agrede a un contrincante sen o balón en xogo. O adestrador do Boiro que estaba xusto enfrente e ve como lle dan unha perigosa patada na espinilla a uns dos seus sen vir a conto, reacciona decíndolle ao neno as seguintes palabras textuais: "Neno no, eso no". Eso é todo o que o adestrador dixo, se eso é encararse.... Inmediatamente despois, e seguríiisimo que sen escoitar o que o adestrador lle di ao neno, algúns pais do Conxo baixaron ofendidos das gradas, un deles incluso tratou de agreder ao adestrador, por sorte algúns dos presentes puideron evitalo. Comezaron a chover insultos e improperios, e o árbitro terminou o encontro. O adestrador do Boiro, mandoulle aos seus xogadores irse para o vestiario e así o fixeron. Mentres os xogadores do Conxo continuaron no campo, insultando ao árbitro, tal como facían seus pais. Sinceramente, podo entender perfectamente a reacción do adestrador do Boiro, a misma que teríamos a maioría de nós ante unha agresión así de perigosa, e co partido parado. O único que fixo foi decirlle que eso estaba mal, sen máis, sen faltarlle ao respeto en ningún momento. Cabe resaltar que estamos falando dun partido de infantís, onde os xogadores son nenos de 13 anos. O que non é normal é a reacción dos pais, que en vez de criticar a patada, oféndense porque o adestrador contrario se dirixiu a un dos deles. Quén o fai peor, o mister que o reprende ante unha mala acción, ou os pais que tratan de arranxalo todo a golpes. Sexamos sensatos, o primeiro en reprendelo debería ser o seu propio adestrador. Conozco persoalmente a dito adestrador e non se merece nada do que viveu hoxe. É un exemplo a seguir para os nenos, polos seus valores, a súa eduación e o seu saber estar. É un grande do fútbol, pero é máis grande aínda fora dos campos. Oxalá moitos pais foran tan bo exemplo para os nenos como o é él para os seus xogadores. 06 Abr 2013, 19:44 36.38
1-4 08 Mar 2013, 15:20 10.60
Quen vira o partido, viu que o boiro e un equipo que intenta darlle un bo trato o balón e que pretende xerar as ocasións a través do xogo combinativo,e do xogo en equipo, demostrouno neste partido sobre todo na primeira parte, e así foi como chegaron os goles. Decir que o boiro e un equipo resultadista, e q so busca balons en largo o dianteiro,non sei con que intención, pero e faltar a verdade. Dudediu sinto q o calasanz non se meterá na Liga de playoffs, ten un bo equipo e intenta xogar ben o fútbol, pero non por desprestixiar os rivais vai xogar mellor. saudos e sorte nesta segunda fase. 11 Feb 2013, 15:00 10.60