Comentarios de Trallolo

Comentario Fecha Karma
Xornada clave para a semana.Partido moi complicado pa nos e un Vea - Estradense , Compos - Belvis , Cogal - Melide e Villestro - Laro que fai que a victoria conte o dobre. Ultimo esforzo rapaces.Hoxe non vos vin pero dixeronme que moi ben. 09 Mar 2020, 00:11 456.18
Moitas veces o mais importante non e o equipo.O ano pasado tiñamos moito mellor equipo que O Pino e o Villestro e os que quedaron 1 e 2 foron eles.Este ano temos un equipo mais limitado pero como equipo somos mellores e eso dame esperanza e crer que si se pode. Esta xornada e boa xornada para ademais de recurtarlle puntos o Belvis tamén recurtarllos o Vea,que xoga contra o Cire e que recen fichou a dous xogadores do csd arzua de terceira división: Carlos Parrado e Diego Quintas .Se sumas estos a todos os que xa ficharan antes de preferente e primeira autonomica o Cire gaña seguro asi que pode ser unha xornada redonda pa nos. 15 Ene 2020, 18:07 5.99
Confirmase que se suspende?? Boa decisión por parte do concello. 21 Dic 2019, 17:02 62.45
Suspendido.Así o anunciou o Piloño a traves das redes sociais.Boa decisión xa que ca saude dos xogadores non se xoga. 21 Dic 2019, 17:01 10.90
Incomprensible o que está a pasar en Melide si que e pero esto e futbol e non so gañan os nomes. Ten moitos xogadores que foron titulares en equipos en preferente a temporada pasada e agora ficharon tamen a Carlos Parrado pa sumarse a Chenel,Borja,Manu,Jesus Pampin,Juan Manuel,Francisco Pampin... E un equipazo,moito mellor que o Belvis. A ver se alguen nos pode informar do que está a pasar por terras melidenses. 16 Dic 2019, 17:29 10.90
Discrepo en que o Vea sean favoritos para ascender.Teñen unha plantilla moi curta e xogadores que case non xogaron en categorias superiores.A primeira volta e facil estar ahi pero a parties de nadal os xogadores notanse moito e o Belvis,Villestro e ,sobre todo, o Cire Melide teñen xogadores con mais experiencia.Ou o Vea ficha no mercado de inverno ou vaille a custar aguantar o pulso.Ainda así hai que felicitalos pola tempada q estan a facer,tanto eles,coma Lamela,Rodeiro ou Laro. ---- PARABENS ---- 16 Dic 2019, 17:24 10.90
Este ano con peor equipo que o ano pasado pero moito mais orgulloso dos nosos.Se seguimos nesta liña podemos destaparnos e meternos no peloton de arriba.Quen sabe? No futbol sempre hai lugar a sorpresa. Traeranos Papa Noel algun regalo en forma de xogador? E un bo ano pa reforzarse en nadal 16 Dic 2019, 07:59 62.45
Moi ben o equipo pero algo de calma.O Cire faltabanlle Jesus Pampín e Manuel Casal que o ano pasado xogaban no arzua e son xogadores importantes e tamen Chenel que o coñecemos ben destes dous ultimos anos.Estamos polo bo camiño e temos que seguir asi pero como aquel que di: partido a partido. Noraboa equipo 26 Nov 2019, 13:10 10.90
Que ben Silleda!! Temos que seguir así. Agora a dar un golpe de autoridade contra o Melide e a demostrar que este ano podemos loitar ata o final e a tempada pode ser bonita. Din que o Cire e o mellor equipo da liga asi que temos un bo partido pa demostrar que nos hai que ter en conta. A darlle equipo! 18 Nov 2019, 11:43 -50.22
Outra temporada que pinta mal para o Silleda...Vaia pena!! 23 Sep 2019, 23:04 -27.53
Ten collons que digades que O Pino esta ahi por sorte.Non fara futbol de toque pero que como equipo son o mellor equipo da liga e indubidabel.Chegar a ultima xornada e estar primeiro gracias a ser un equipo rocoso e tactico,ainda que non tivesen a priori o mellor plantel,para a xente que nos gusta e amamos o futbol e digno de aplauso e eso lle pese a quen lle pese e gracias o esforzo dos seus xogadores e do seu adestrador.E digo isto despois de dicir o inicio de liga que pa min non contaban pa o ascenso. A xente que pensa que os do Villestro estan acojonados tamen e pa cortarlle os collons.Os xogadores do villestro o que teñen e ganas de demostrar que son os mellores e sabense capaces de gañar.Decir que o Villestro non merece estar ahí e moi inxusto xa que ademais de o equipo,xunto con Silleda,con mellor plantel e o equipo que mellor futbol practicou (na maioria dos partidos) da liga. Deixade de provocarvos entre os siareiros.Desfrutade do partido do domingo. Que mais da se cobra un ou outro...Hai moitos mais equipos da liga que pagan a xogadores e nin se acercaron a vos. Que mais da se houbo primas pa que os equipos apretasen un pouquiño e gañar o Villestro ou o Pino,tampouco e tan raro iso no futbol nin tan grave. Desfrutade do partido e o que vaia a fase que a desfrute tamen. Sodes dous equipos opostos en todo: azul contra vermello,inspiración individual contra traballo en equipo,cidade contra aldea,jesus DC contra Dani MC,volver o lugar que lle pertence o clube contra facer histori,ilusión por voltar o seu lugar contra a ilusión dos que nunca estiveron e queren estar...Que gañe o mellor! PD:Que o arbitro o faga xenial e pita o que vexa e non se deixe levar pola presión. PD2:A xente do pino e do villestro que critica o seu equipo neste momento que se vaia mirar,digo mais,a xente que criticou o villestro por perder en berres ou o pino por perder contra o laro que se vaian mirar tamen. PD3:Moito animo os xogadores e moito animo as afecions. 04 May 2019, 17:58 -39.69
O mellor bloque contra as mellores individualidades,o talento contra a disciplina,gesto contra jesus,azul contra vermello...Sorte aos dous equipos e que gañe o mellor,merecedesvos todos ese partido. 02 May 2019, 19:52 -52.41
Nuncaterindas.Son os dous mellores equipos da temporada claramente e a temporada demostrouno así.Hai equipos que poderian competir e ganarlles (Silleda,Zona Vella,Estradense,Belvis),que xogador por xogador son mellores,que xogan mellor ca eles etc etc pero por unha cousa ou por outro os unicos que non fallaron cada semana foron eles.O Villestro en toda a segunda volta unha derrota e dous empates,O Pino perdeu nesta xornada e non o facia dende xa nin me acordo cando,en toda a segunda volta 3 empates e unha derrota.Ao final esta paxina so e un reflexo do que e a sociedade:xente que critica sen dar a cara,que aproveita o minimo reves para intentar hundir a dous equipos que o unico mal que lle fixeron ao resto da liga e traballar ben durante todo o ano.Persoalmente dame envexa sana,ogalla estivera o meu clube na situacion de algun dos dous de arriba.Dinlle moita caña o Villestro porque os dous partidos contra o Silleda tivemos un arbitraxe moi riguroso pero reconozolle os xogadorazos que ten e o saber xogar que mostran casi cada semana (Si xente,os equipos tamen poden ter un mal domingo e por eso non hai que botalos aos leons como pasou o dia do berres),gustame mais o estilo do Villestro que o do Pino pero O Pino como equipo e moi dificil superalos e teñen as cousas claras pa chegar a porteria rival. Pa rematar: non me parece normal que a xente do propio clube critique aos seus xogadores chamandolles estrellitas e non perdonandolles nin un partido malo...non sei canto cobran no Pino e sei que a Jesus lle deron traballo por xogar ali pero deixade de tratar a xente coma se foran profesionais e sede algo deportivos e consideros,por moitos cartos que gañen dudo que ninguen viva do futbol no Pino ou no Villestro ou nalgun outro equipo da liga e son eles os que expoñen cada domingo o seu corpo. Ogalla todo se decida no ultimo partido e o equipo que gañe se lle valore o seu esforzo e o equipo que non gañe faga un bo papel na fase e na zona de abaixo da taboa que sigan loitando que a liga deste ano foi o bonita que foi gracias a que case nengun equipo deixaba escapar puntos faciles E agora si que pa rematar...recordade que: os que se mollaron cada domingo foron os xogadores,os que van entrenar cada semana sacrificando o seu tempo (en maior e menor medida) son os xogadores asi que tede algo de consideracion e respeto e deixade de poñer palleirocadas que nesta web hai moito que se pasaron os limites do respeto. 08 Abr 2019, 02:00 252.01
Non vin o partido pero se foi un roubo fixeronnos o pack completo: roubo na primeira volta e roubo na segunda...Polo menos a actitude dos xogadores do Villestro foi mellor que na primeira volta? Porque na primeira volta a actitude dos xogadores do Villestro non foi a mellor. 26 Mar 2019, 13:28 10.90
Eu non vexo moita posibilidade de ascender xa.Ainda así a nosa obligación e gañar e esperar o que pasa a proxima semana no Villestro - Estradense.Hai que loitar ata o final e pensar que se esta semana gañamos para a semana o Villestro xoga contra o Estradense e tamen pode fallar ou incluso o Pino contra o Belvis e o Cire.Esta casi imposible loitar ata a ultima xornada por ascender pero tamen e importante que o equipo acabe a temporada con boas sensacións e premiando a xente que os apoiou durante todo o ano.O tempo de reflexionar e tomar decisión ten que vir o acabar a liga,agora e momento de acabar dignamente e apoiar aos xogadores e ao equipo.Ademais,despois de este partido temos un calendario favorable para polo menos loitar polo terceiro posto ou meterlle o medo no corpo os de arriba.Por soñar que non sexa!! Por cero,a min o equipo non me desagradou o domingo.Polo menos viuse que na segunda parte quixeron o partido pero o Estradense e tamen un moi bo equipo.A ver o que nos depara este fin de semana. 21 Mar 2019, 12:58 50.70
O Silleda e o Estradense poderian estar mais arriba se a tempada saise de outra maneira.O futbol sempre da segundas oportunidades asi que o que queda e acabar con boas sensacions esta tempada para asi o ano que ven comezar con mais forza aprendendo dos erros que se produciron este ano.O Estradense colocase a 10 puntos e o Silleda a 13,son moitos puntos e case poderiamos descartalos ainda que para a semana os dous equipos poden recurtar puntos e dentro de duas semanas tentalo novamente.En canto o partido,mais do mesmo: un estradense que a maioria do tempo domina a posesion sen conseguir xerar moito perigo e un Silleda que xoga a rafagas e parece que co freo de man posto.Ainda así foi un bo partido. 18 Mar 2019, 13:56 10.90
ZonaCompostela deixa xa de personalizar na figura da xente e de faltarlle o respeto os equipos.Ninguen vive aqui do futbol e non se trata de cada dia que ves por aqui que sexa pa andar jodendo a xente.Hai que levar todo con mais educacion e deportividade.Partido no que hai polemica , polemica na que andas ti.E deixa de usar a palabra "aldea" nos comentarios,sempre a faltar o respeto.Asi vai o pais. 10 Mar 2019, 23:54 155.25
Non vin o partido pero no minuto 15 iban 0-2 e aqui hai comentarios dicindo que o Zona Vella estivo na primeira parte bastante mellor que O Pino...Deben pensar que os aldeanos chupamonos o dedo? 04 Mar 2019, 23:19 -24.14
Os de Santiago estadesvos equivocando moito este ano co tema este dos aldeans , a liga das aldeas e todas esas tonterias...¿Ou non vos dades conta que ao final dependedes dos da "aldea" para recurtarlle puntos o primeiro? O que vos merecedes sei eu ben o que e , habia ser eu xogador que iba facerlle o pasillo vermello ao lider ata que vos deixarades de tantas tonterias. En canto o Silleda , non vou botar mais leña , tan so acabar a temporada dignamente e para a proxima aprender dos erros.Este ano quedou claro que so cun equipazo non da pa ascender.Un ascenso exige moito compromiso,moita preparacion,un gran adestrador,un gran grupo e moito traballo pero sobre todo moitas ganas de ascender. Ah!E dende agora declarome do Estradense e do Pino ata final da temporada a ver se o equipo da aldea jode ao da cidade e pa o ano siguen xogando cos da aldea e levando paus pero con mais talante. 04 Mar 2019, 23:08 45.94
... 24 Feb 2019, 23:19 10.90