Comentarios de Tuco

Comentario Fecha Karma
O Viveiro é un equipo que domina a maioría dos partidos e pasa moito tempo na área rival, é normal que lle piten máis penalties por probabilidade. Dito isto non recordo moitos penalties a favor (e eso que vin gran parte dos partidos) e os que pitaron eran clamorosos. E as actuacións arbitrais polo xeral son sempre correctas (sempre hai erros) pero nin nos regalan nin nos quitan nada. Se o Viveiro está arriba é por méritos propios. E non creo que o árbitro afectase tanto no resultado final do marcador dun partido que quedou 0-3. 09 Nov 2019, 20:31 7.88
Eu o da semana pasada achacaríao máis a un feito puntual que a falta de concentración. O Dubra so chegou unha vez nos 90 minutos e tivo a fortuna de aproveitar esa xogada aislada. O viveiro puido haber metido 4 ou 5 pero o porteiro rival estivo inspirado. Con respecto ó partido do sábado, non sei como xoga o Puebla nin como planteará o partido, pero creo que un gol temprano encarrilaría moito o partido pa nos. Esperemos que se vexa un partido bonito e limpo pero que os 3 ptos se veñan para Viveiro!!! 07 Nov 2019, 16:40 61.93
Resultado moi engañoso, puido ser unha goleada. Pero bueno, 3 puntiños máis 03 Nov 2019, 18:21 59.73
Non firmamos o empate Manuel, so vemos a gran tempada que estades facendo facendo e non vos subestimamos. 02 Nov 2019, 18:27 59.68
Non só saídas consecutivas Lacatus, para a semana tócanos ir a Puebla donde ten pinta de que vai ser un partido durísimo. 30 Oct 2019, 19:29 59.68
O problema que lle vexo ó Viveiro, Teixeiro, é que moitas veces con resultado abultado peca de excesiva relaxación. O mesmo lle pasou a semana pasada que con un 3-0 e partido dominado acabou pedindo a hora por ver o partido decidido demasiado cedo. Non vin o partido do ano pasado en Sofán, pero pode ser que o problema fose ese mesmo. 25 Oct 2019, 21:14 59.68
Unha pregunta para a afición do Mugardos (sen pretender ofender a ninguén). Posición engañosa a que teñen na táboa ou realmente o equipo está formado para estar arriba? 16 Oct 2019, 19:59 11.88
IMportante partido o do domingo no que temos que conseguir os 3 ptos para intentar así poñer terra de por medio co resto de contendentes. 16 Oct 2019, 19:57 64.83
Partidazo que se marcou o Viveiro, sólido en defensa e conrtundente en ataque. O Foz non entrou en ningún momento no partido. Da gusto ganar con solvencia nun derbie. A seguir na línea e a pensar no seguinte. Aupa Viveiro 13 Oct 2019, 21:14 11.36
Partido duro para o Viveiro, despois dos dous pinchazos que tivemos, necesarios para manter os pes na terra, é imprescindible gañar o domingo. AUPA VIVEIRO! 10 Oct 2019, 20:18 11.22
Empate inxusto xa que o Viveiro mereceu moito máis, prácticamente dominou os noventa minutos do encontro. Cunha arbitraxe mellorable xa que o árbitro non pitou un penal que había sinalado e que o liña lle corrixeu. Na miña opinión, existía penal. 06 Oct 2019, 14:10 -72.06
Eu como siareiro do Viveiro que son pregúntome: non poden perder os dous? :) 06 Oct 2019, 10:16 89.45
Unha mágoa a derrota de hoxe. Pero hai que pasar páxina e pensar no seguinte que veñen partidos duros. Noraboa a Sarriana. 29 Sep 2019, 20:30 220.35
É importante volver a Viveiro cos tres puntos, tanto para distanciarnos dun rival directo como para dar un golpe moral. Vai ser un partido moi difícil. 25 Sep 2019, 20:37 58.56
Tendo en conta que se enfrontan Sarriana e Puebla, esta é unha gran oportunidade para conseguir puntos e comezar a distanciarse dos posibles perseguidores na cabeza da clasificación. 20 Sep 2019, 08:06 58.30
Pequena correción Teixeiro. O campo do Foz chámase Martínez Otero. O Martínez Otero é o campo do Elche 14 Sep 2019, 20:57 10.90
Primeiro test fora da casa. Esperemos que sigamos ca mecánica das últimas tres xornadas. Estos puntos son moi importantes e farán moita falta a finais de temporada. 11 Sep 2019, 16:06 10.90
O aficionado neutral disfrutaría como un enano. Pero a afición local sufrimos ate quedar sen uñas. Partido moi bo do Viveiro, polo que se ve imos ser unh escuadra á que vai ser difícil anotarlle un gol. E isto á espera da volta dun dos centrais titulares que temos lesionados. Atreveríame a decir tamén, que a nosa parella de laterais é a mellor da división, unhas verdadeiras bestas tanto en ataque como en defensa. 01 Sep 2019, 17:42 248.38