| Titulo: Crónica de una muerte anunciada.
Rapaces, esta crónica respecta a un dos partidos da xornada: o Boiro fronte ao Peleteiráns... é dicir, o Bertamiráns, o seu nome común.
O partido era importante para ambos na loita pola promoción, mais ninguén se esperaba que se rozaría a traxedia alá polo minuto oitenta.
E con certo nerviosismo por ambos lados, seguramente pensando aínda no marabilloso túnel de Top Khedira, ou nas filigranas de Cristian Tello, o partido comezou. E sen máis dilacións, comezaron as acometidas de ambos. Por parte do Bertamiráns a cousa estaba clara, Parada berrando e balóns a Xabi. E veña, ídelle dando. Pero sempre con Rivas polo medio. Albiscábase a un Tito Rivanova moi metido. Moi concentrado. Con mirada de carniceiro. E fóra de xogo por aquí, ombro-cóbado-man-dedos de Ulyses por alá, a primeira metade rematou con empate a cero e cun Tonecho moi tranquilo. Coma se a cousa non fora con el. O caso e que Undiano Tonecho amosaba a súa típica impasividade, ata que oía unha protesta, onde tiña que actuar e mostrar o seu porte e a súa capacidade incondicional para comezar a enlazar verbas e aplicar o reglamento. Amén Tonecho.
E alí salimos nós, os xogadores, para afundirmos o partido o antes posíbel. E veña que si esta falta está doce centímetros adiante, que si o bote neutral non é neutral, que o rasero non é o mesmo. Un espectáculo. Nin clásico nin ghaitas. Faltaba Iván o do Negreira e armábase a de dios alí.
E o que nos faltaba, que se nos jodese Puyi, digo Jorge, un peso pesado. Pero debeu ser que o entrenador santiagués viu teatro, teatro del fffueno, como diría Mou. E foi cando comezou o acoso.
E cinco minutos despois continuou o teatro del fffueno con setenta e catro tacos no peito de Ulyses. Del fffueno del fffueno. Tiñamolo todo calculado. Que buenos somos, caralho.
E seghiu o teatro cun manotazo á cara do killer-kaiser-carniceiro Tito Rivanova. Unha falta discutíbel, pero falta. Fixo a de Busquets. E xa cos collóns de garganta, Pablo clavouna desde 25 metros.
Coma na ida, Pablo deslumbrou e marcou, de xeito que iamos por diante.
E o partido quentouse. E veña cos botes neutrais, e veña con que somos uns ladróns. SOLO GOBAR, SOLO GOBAR. E aínda por encima chulos e prepotentes. E que o noso "pueblucho" cheira mal. E que facemos teatro del fffueno. Y yo no sé si será la propaganda de Rianxeira. Si será el señor Alonso, el poder del York, de las bateas. no entiendo Por qué? Ovrebo, Bussacca, Stark, Tonecho, Prol, Segundo. POR QUÉ?
E liouse a tangana. Un choque aparentemente fortuito orixinou un combate de full-contact entre Rinavona e Barros. E dalle, a hostia limpa, nervios, berros, e medo. Medo da mirada de Diego Rocky Rivas. Incisiva. Fulminante. E empezaron a rular cartulinas e Rivas e Barros para as duchas. Rivas, tes sangre no corpo. Tes sangre no corpo. É o destacable do partido. La muerte de Tito y la llegada de RIVery.
E marcados todos pola rabia de Dieguín, tiramos de casta, do cheiro de pueblerinos que nos caracteriza, e gañamos o partido.
Moita televisión ven algúns, que deberon ver un Villarato clarísimo. Incluso a rapaces de 15 anos encarándose co noso entrenador.
Así e todo, os chavales da city tildáronnos de chulos, de prepotentes e mesmo de filhos da puta. Cousa rara. Aquí os aldeanos deberían ser os parvos, os lacazáns. Pero non lles conviña caralho. A pouco máis e sálelles Karanka a dar a rueda de prensa.
E nós, os pastores de cabras, no noso pueblucho de aldeáns e de esterco, ghanamos.
E estamos máis pretos da promoción de ascenso. E se fai falta, invocaremos ao espírito de Juanito Rivas, 90 minuti son molsto longo, tanto que se che pode ir a promoción neles. Verdade?
Menos falar e mais xogar, Berta, que sodes bós, pero perdédesvos vós sós.
E nós, con Juanito á cabeza, demos un golpe de autoridade. EL É O XOGADOR MÁIS FERMOSO DA LIGA.
Rivas, Jorge, vai por vós.
AVANTE RAPACES! |
22 Abr 2012, 15:33 |
358.40 |
22 |
1 |
+info
|