Comentarios de esfuvil

Comentario Fecha Karma
Partido mais ou menos igualado cun resultado mais ou menos xusto e no que a calor influíu. Houbo que esperar ata a segunda parte para que se puidese ver algún gol. Comeza gañando o Cacheiras cun gol de fortuna, vamos un desafortunado auto gol, ala, veña a remar. Case ao final empata o Villestro, benvido o empate. Tivo o Cacheiras unha oportunidade de ouro cun penalti moi rigoroso, menos mal que non subiu ao marcador. En fin, a seguir bregando ambos equipos, xa veremos como resultan os partidos cos de Baño. 13 May 2019, 14:52 7.87
Non había lido os comentarios, pero hai para todo. O mellor é o de que aquí ninguén cobra. Imos ver, que pensa a xente, que as cousas non se saben, que as cousas non se comentan nin se din. Veña home, polo menos non dicir nada estaría mellor. E xa non falemos de arbitraxes. Non sei se sabedes que para este partido veñen árbitro e auxiliares, e que, se non me enganaron, son doutra provincia, así que blanco e en botella. E comentáronme que tamén podería darse unha volta algún delegado federativo. 03 May 2019, 20:00 -35.64
Partido que vai valer a pena podelo ver e desfrutar. Dous equipos que estiveron toda a temporada loitando por acadar o ascenso directo, e, neste encontro, vaise dilucidar. Por poñer información, ao Villestro só lle serve gañar, e cónstame que o domingo van a saír a por todas. Imos Villestro, a xogar o mellor partido e mais nada. 03 May 2019, 19:50 -35.64
Partido complicado. O campo do Fátima non é dos que faciliten as cousas aos visitantes e, a maiores, ter en conta que loitará por afastarse do descenso. E non me vale o que dixo alguén no partido anterior, "Demasiado equipo o Villestro", algúns partidos non o xogamos todo o ben que se debía, incluído o último. O dito, coidado coidado. E atención coas tarxetas, se todo vai como penso que vai ir, a fin de semana que vén toca o PARTIDO, e é necesario contar con todos os efectivos. 24 Abr 2019, 11:07 -35.59
Despois de ler un comentario nesta xornada, espero que non, que non lle caia un feixe de goles. Que gañen, iso si, pero sen asoballar, que non se obtén nada. Aínda que alguén veña a dicir por aquí que hai que ter en conta o do gol average. 05 Abr 2019, 13:26 35.04
Tranquilos, queda moita liga, faltan 21 puntos e calquera cousa pode pasar. Non vós quededes só con este partido. Nesta xornada, tanto o Pino como o Villestro, teñen que esmerarse, os rivais son dos que poden facerlles un sete moi fácil. 15 Mar 2019, 13:50 -35.28
Partido complicado. El San Mamede é un equipo que, aínda estando en horas baixas, pode facer xogos moi traballados, e mais sendo locais. Así que o Villestro que ande con tino que a cousa aínda non acabou, e de aquí a final de temporada as cousas poden cambiar moito. 15 Mar 2019, 13:49 496.41
Buen partido. O resultado fai que a liga agora mesmo estea do mais interesante. Non se pode baixar, aínda queda moito que xogar. 10 Mar 2019, 22:29 -35.28
Non se fala nada deste partido 10 Mar 2019, 22:25 105.34
Non sei como foi este partido pero pódoche dicir que o Estradense é un bo equipo e, o seu xogo, e do mellorciño. 09 Mar 2019, 22:30 237.36
Tardaba en saír o tema de sempre co Villestro, en fin, deixémolo así. Sobre contar cos resultados doutros, pois vai ser que non, nós ao noso. O comentario vai por; se un equipo gáñavos e favorécenos, benvido sexa, mais nada. Dicir que de aquí ao remate de temporada, tanto para vós como para nós, todos os partidos van a ser unha final. Calquera erro pode tirar toda a temporada. Vémonos na última xornada. De manterse a cousa así vai ser un bo partido. 05 Mar 2019, 14:07 35.04
Din chegado moi xusto, o cabo de nada xa rematou a primeira parte. A segunda parte tivo momentos, nuns parecía que o Cire ía levarse o partido, noutros o Villestro, nesas, case na metade desta parte, empata o Cire, e, mira por onde, en un plisplas volve adiantarse o Villestro, e así, acabou o tema, algunha que outra chegada, pero, sen mais. E a esperar, seguro que algún dirá que o árbitro axudou ao Villestro dunha maneira descarada. Tres puntiños que lle ven de marabilla ao Villestro, e mais despois de que o Silleda deixase os seus no campo dos seus veciños de Laro, que, por certo, veñen a casa a semana que vén. Lástima que o San Mamed non houbese sido quen, houbese sido outra gran axuda cara ao final de temporada que ven. E o Zona Vella tamén puido axudar, pero tampouco nada. 04 Mar 2019, 12:28 35.04
Saliantable os dous primeiros goles que encaixa o Zona Vella, puido caer algún mais pero o porteiro estivo presente. Unha peniña xa que mandaron ao traste o ben que estaban a facelo no ataque, bastante mellores que o Pino. Na segunda parte os dous equipos empezaron igual que na primeira parte, pero, nos últimos 15 minutos, o Zona Vella xa non propoñía, o Pino aprópiase de todo o campo e, aproveitando o baixón dos locais, case mándanlles tres ou catro goles mais, pero só foi un. Así acabou o conto. Unha pena, si o Zona Vella estivese un pouco mais centrado houbésemos sido primeiros esta xornada. 04 Mar 2019, 12:16 35.04
Nada que obxectar ao partido do Berres, ben xogado, punto. E para mais mérito; xogando cun menos. Nin por esas o Villestro foi quen de facer nada, só o gol tempraneiro que parecía presaxiar algo, pero nada, só fume. O de que foi fóra de xogo, pois para min non, pero bueno, como sempre dependerá de onde este situado un no campo, e o do penalti, quédome cun comentario anterior, dudoso, si, pero para min pode ser sinalado sen problemas. Así que xa vedes, o das arbitraxes co Villestro vai ser que estades moi moi equivocados. 18 Feb 2019, 13:31 35.04
Xa empezamos coas arbitraxes, dos 51 puntos que levamos, algún pode ter sido por un despiste arbitral, ahora, de aí a estar coa teima de que a federación e os árbitros están a facer de todo e mais para que o Villestro ascenda, paréceme de mentes moi quenturentas. 15 Feb 2019, 12:59 105.32
Manda nabo que alguén de Silleda veña a falar de arbitraxes, é o que faltaba. 12 Feb 2019, 21:30 35.04
Estou contento polos tres puntos pero non satisfeito polo xogo. O partido nin por asomo foi levado polo Villestro en ningún momento, nin na primeira nin na segunda parte, para mostra, o último gol, o que tira Gesto, só diante da portería, senón peta nun xogador local vaise fóra. 03 Feb 2019, 22:31 133.04
O de remontadaza é non ser obxectivo, se non é polos dous fallos deles non a cheiramos. 03 Feb 2019, 20:03 133.04
Pois, un Villestro que baixoulle Dios a axudalos, e, polo outro lado, un Zona Vella moi superior. Polo demais, agradecer os tres puntos e espabilar para o próximo partido. 03 Feb 2019, 19:15 133.04
Pero que estarán a falar algúns, non fai falta nin delegados nin arbitraxes, o Villestro non necesita diso. A ver se a xente cálmase un pouquiño. 01 Feb 2019, 12:41 -60.92