Comentarios de frusciante

Comentario Fecha Karma
Pois o reglamento só fala das reglas que rixen o xogo, as sancións non son competencia dos árbitros, co cal non che podo dar ningún dato ó respecto porque o descoñezo. Encargaranse de fixar a sancion os órganos competentes. 17 Oct 2016, 18:04 -10.25
Interésame e preocúpame tan pouco que fai anos advertín que suspendería un partido se continuaban os insultos racistas dende a grada ós xogadores dun equipo da costa, que non vou dicir nin cal e, pero así foi. So espero que lle poñan un castigo exemplar o agresor e que o rapaz non lle colla medo o arbitraxe e siga cara diante, porque e un neno de 15 anos e non pode ser que deixe de facer o que lle gusta por culpa dun mangante. Pola miña parte queda todo dito, bo día. 17 Oct 2016, 17:29 10.80
Non hai ningún comentario no que eu fale do que pasou no campo porque non me parece relevante. Pero o que ocorre despois e lamentable, e o que me reventa e que o intentes suavizar, porque estamos todos os días igual: ameazas, insultos, agresións, o pan de cada día. A actuación dos xogadores do Polvorín nin a valorei nin a vou valorar, pero penso que non hai ningún modo de atenuar a gravidade do asunto. Hai que ser firmes contra estes sucesos. 17 Oct 2016, 14:35 10.80
Pon o que xa sabemos todos, que o Lugo marcou o segundo gol despois de non votar o balón fora, que expulsa a Rafa por doble tarxeta amarela e que o mesmo pasa con Coki e logo este agrede o árbitro. Que queres que lle mire? Non vexo nada na noticia que xustifique unha agresión. Ti sí? 17 Oct 2016, 14:22 10.80
Decir nun caso coma este que nin os bos son tan bos nin os malos tan malos, en referencia o que ocorreu entre o xogador do Ribadeo e o árbitro e equiparable a esas declaracións de xente que cando hai un caso de violencia de xénero di. Algo faría! A culpa e súa por vestir tan curto! Ou eses que cando violan a unha muller din. - Ibaio buscando! Mira como viste! O mesmo, criminalizar a vítima dun abuso e compadecer o que o perpetra. En fin, non sei como algún pode durmir tranquilo coas burradas que di o longo do día. Edito: Ollo, non estou a equiparar os actos violentos, senón as declaracións o respecto que son igual de tristes. 17 Oct 2016, 12:59 10.80
Moi ben, criminaliza a víctima e victimiza o agresor, e logo ainda di que os forofos son os demáis, xa se ve de que calaña eres... Que triste e o mundo... 17 Oct 2016, 12:23 10.80
Gustaríame saber se tes fillos. Imaxina que lle pegan e tes a oportunidade de falar co agresor, este di - bueno, e que o equipo rival foi antideportivo así que dixen, voulle romper os dentes o rapaz, pero eh, que son un tío ejemplar, se lle preguntas a miña nai seguro que di que son guapo e riquiño. E claro, ti aplaudes... Como non o vivides nas vosas carnes non sodes conscientes da dimensión do problema. Imaxinade por un segundo que estades no voso posto de traballo e veñen uns energúmenos a insultarte e amenazarte, como pouco; que carallo che parecería? Pois así estamos nos todos os días, acorralados e desprotexidos, para que logo veña un coma ti a xustificar toda esta merda, tiñaseche que caer a cara de vergoña... 16 Oct 2016, 22:56 71.44
Da a casualidade de que son árbitro e coñezo ben a Rafa, e tamén lle gusta piar, dito esto, e un simple partido, un partido de merda de preferente, e o colectgivo está canso, canso de agresións, insultos, vexacións, faltas de respeto, ameazas etc... O feito de que levemos posto o traxe de árbitro non pode ser un atenuante, ese xogador ten un grave problema de conducta e ten que pagar por iso, non o xustifiques nin o intentes rebaixar dicindo que ven despois de que o outro equipo non vote o balón porque e unha tremenda falta de respeto pola túa parte, ocorreu algo moi moi grave. Se fose o árbitro o que lle solta unha hostia o xogador no habías ser tan suave. Seee coherente. 16 Oct 2016, 22:41 -49.84
Eu non sei de onde saíchedes algúns, expulsados por esa xogada? Expulsado por soltarlle unha hostia nos dentes a un rapaz, máis ben, esperemos que non volva a xogar na vida, uns exemplos di o tipo! Menos mal! Calquera diría que e un descerebrado violento, pero na costa chámanlle exemplo, como está o patio. E logo aínda dis que non temos ollos e que nos deixemos de forofismos, que irónico! En fin, espero que sexa un comentario en clave de humor, porque se estás a xustificar unha agresión porque un equipo non votou o balón fora e para mexar e non votar gota. 16 Oct 2016, 21:52 -49.84