Comentarios de levameodemo

Comentario Fecha Karma
Onde vai a última bala, agora non hai nada que rascar 18 Abr 2019, 19:45 848.66
O Lesende leva anos con un bloque serio e petando na porta de primeira, na miña opinión pintan bastos para o Cacheiras. 24 Mar 2019, 00:13 47.97
Tampouco creo que lles faga falta "deixarse". Se van nese plan igual levan 6 sen decatarse. 20 Mar 2019, 22:40 748.25
O Fisterra desfíxose con solvencia de un partido-trámite contra o seu filial. 18 Mar 2019, 16:37 471.13
O Calo pode ser o único equipo que lle ganou os dous partidos ó Cacheiras, noraboa. O demáis... Falar por falar e botando por fóra. Sorte a ambos. 17 Mar 2019, 21:58 -22.23
Pois mellor que non desmerezcades, porque só lles levades 7 puntos, a liga é moi longa, e non estades tampouco para tirar foguetes. Sorte a ambos. 24 Nov 2018, 11:24 264.78
Podemos dicir que non se espera máis de éste Sar. Persoalmente vin dous partidos e creo que, por entrega, merecían estar máis arriba na táboa. Tamén digo que é o momento de que cambien de adestrador/es, porque co circo que teñen montado no banquillo non se sabe quen dirixe. Moita sorte ao Sar. 05 Nov 2018, 16:10 -8.21
Sea como sea, unha pena e unha vergoña non poder desfrutar do que pode ser o mellor partido de ésta volta. Din que a sanción vén por usar bengalas, téñense visto en moitos campos sen acarrear sanción algunha, asique castigo exemplarizante para o Riveira, pero quen máis perde é o fútbol. 03 Nov 2018, 22:18 453.20
Os de Esteiro sempre que xogaron en Sigüeiro levaron puntos para a casa. Sorte aos dous. 24 Oct 2018, 21:31 516.71
Estou con Parapenalties, non hai cabida para as "cabaladas" que se soltan nun contexto festivo coma un campo de fútbol. Se disfrutamos todos, á marxe do resultado, moito mellor. Sorte a ambos conxuntos. 22 Oct 2018, 19:25 35.67
Moi triste que da tempada que está a facer o Riveira, e da merecida tempada do Brión tras ascender, só podamos comentar o comportamento de uns poucos. Non entro a valorar quen o fixo peor porque non o sei e ninguén é un santo, pero creo que temos unha liga bastante bonita para os comentarios que se deixan ver por aquí. Unha aperta e sorte a todos. 22 Oct 2018, 19:19 451.26
Adestradores nos bares hai moitos si... 04 Oct 2018, 10:19 4.67
toni, chega a ser contra o Sálvora e teñen que ir sen comer XD 12 Abr 2018, 10:20 11.12
Un Cacheiras necesitado que debería ensinar os dentes para sumar os tres puntos, pero se hai tanta xuventude como se comenta non vai ser fácil. Os de Cabo parece que algo cambiaron do ano pasado, máis xuventude tamén, pero de seguro conservarán o gusto polo bo trato do balón. Sorte ós dous. 04 Oct 2017, 16:50 999.99
lucasperez7, igual era mellor chamarlle disgustos, jaja. O dito, a éste Cacheiras quédalle moito traballo polo que se ve. 02 Oct 2017, 09:45 173.32
Petardo 1, en absoluto opino que os recén ascendidos deban ocupar os postos de abaixo, en ningún momento o dixen e, de feito, temos a un Calo que apunta a dar moitos sustos éste ano. Pero a éstas alturas da competición descoñécese a algúns equipos e só podemos opinar sobre o papel. 28 Sep 2017, 18:09 173.32
De catro partidos, tres recén ascendidos e un balance (ó meu parecer) pouco positivo para o Cacheiras. Veremos se o conxunto vai madurando para cando cheguen os partidos teóricamente complicados. Pouco queda de aquel Cacheiras chamado a ser un dos equipos fortes da categoría. Sorte a ambos conxuntos. 27 Sep 2017, 18:45 173.32
Zasca! 03 Sep 2017, 19:27 421.89