Comentarios de marialema

Comentario Fecha Karma
Parece ser que o de cerrar o tema non vai con vós pele1970. Non estamos en Tele5, nin temos que gañar audienza cos debates. As nosas instalacións están MOI BEN APROVEITADAS, se non estás enterado pele1970. Por maiores e por pequenos, pois hai xente de tódalas idades. Tamén que sepas que o uso delas é gratuito (clases de informática, de inglés,...) excepto o que cada un tome na cafetería ¡non faltaría máis! Aquí ninguén está insultando a ninguén, ou polo menos o "meu intelecto" non se sentiu así. Simplemente estabamos a falar en plan distendido ou un pouco "vacilón", por dicilo dalgunha maneira. OPINIÓN PARTICULAR. Se te das por aludido , non é problema meu. Penso que é un foro un pouco familiar e, como tal, nel comentamos as nosas ideas, que non ter porque ser mellores nin peores. Dicirche que o noso corpo técnico é incrible en tódolos sentidos, como persoas e como entrenadores. Supoño que o voso tamén é bo, pois nós non apreciamos nada malo. O partido discurriu sen incidentes, os nenos ben e, o arbitro tamén ben. Gañástedes e fixéchelo ben.... Pero eu sigo nos meus trece....¡O CAMPO FATAL!... Non digo que sexa unha excusa por non ter gañado, pero tampouco nos beneficiou. Como se di "vale máis malo coñecido que bo por coñecer" e vós coñecédelo ¿ou non? Non vou seguir comentando este partido, que senon perdedes moito tempo, pois tendo a facer "cartas". Un saúdo e sorte tamén para vós. 26 Nov 2012, 15:56 13.84
E volta outra vez a burra ó trigo. E eu que pensaba que xa eramos íntimos, despois de poñer no teu primeiro comentario "miña querida marialema" e "unha aperta moi grande",... agora despideste cun simple "señora" ???. Despois do ben que che tratei eu "Excelentísimo e Reverendísimo"..... ¡¡¡¡non tes perdón de deus!!!!! Tratemos de cerrar xa o asunto, que non é para tanto: fostes superiores ¿contento? Apesar diso, e sen ser unha desculpa, o campo efectivamente, segue sendo como ti dixeches "unha braña". Un saúdo. 25 Nov 2012, 21:37 63.70
Excelentímo e Reverendísimo Foradexogo, experto tamén en campos de fútbol. Adicarche soamente unhas palabras en contestación ó teu comentario: En primeiro lugar, parece ser que non che gustaron as fotos, pois a verdade e que quedaban millor cunha bonita "herbiña" no sitio dese "areal", pero como non son entendida en photoshop, non puiden facer nada por arreglalo. Sintoo moito!! A Catedral xa está moi vista e, o mausoleo de Fraga resúltame totalmente indiferente. Que millor sitio para inmortalizar de Santiago que a praia de Conxo? En segundo lugar, dicirche que efectivamente temos un "excelente" campo de fútbol en Dumbría, cunha piscina anexa, e non dentro del. Tamén temos un polideportivo, un ximnasio, unha sala de ordenadores, unha biblioteca e, unha bonita cafetería. Todo no mesmo recinto. Pero nada comparable coas vosas maravillosas instalacións último modelo!!!! En terceiro lugar, para que non te perdas, parece ser que a horta non che deixa ver as coles, pois tamén dixen que forades superiores, pero bueno, co número de alevíns cos que xogamos, a diferenza de goles non foi tanta. Para despedirme, dicirche que non te preocupes por min, que xa lle escribín a Papá Noel unha carta pedíndolle un campo novo para o CD Conxo, pois aquí xa o temos. A ver se tedes sorte e volo trae este Nadal. Un bico moi forte meu repoliño e cando che sobre tempo pasarás a visitarnos, para que vexas que os da aldea non temos nada que envexar ós da cidade. 25 Nov 2012, 01:13 105.42
Campo de area non apto para a práctica do fútbol, sobretodo a nivel da liga galega. Perxudica moito ós equipos visitantes e, desloce moito o xogo dos locais. 24 Nov 2012, 20:48 11.09
Campo de fútbol desastroso!!!! O equipo dumbriés non contaba con ter que xogar nun campo preparado para xogar ó "voleyplaya", sen pisca de herba e, charcos incluídos. Isto favoreceu ó equipo local, que xa está acostumado a estas condicións tan particulares. Non se pode desmerecer, por outra banda, o bo xogo do Conxo, que foi superior. Pero tampouco saberemos o que pasaría se se xogara no campo do Dumbría, que ten un excelente terreo de xogo, apesares de ser un equipo modesto. Ah! Menos mal que tiveron o bo gusto de non nos cobraren a entrada, pois incluso nos terían que ter pagado por xogar en semellante "areal". Sorte para as seguintes xornadas. 24 Nov 2012, 16:34 157.91
Veña Dumbría a seguir así!!!!! 04 Nov 2012, 22:11 37.16
Gran partido do Dumbría, que empezou cun gol en contra, pero acabou ganando 3-1, nunha remontada espléndida. Xogo moi duro por parte do Foz, que se viu freado por unha arbitraxe correcta, tendo incluso que amosarlle dúas ou tres amarelas. Tres puntos merecidos e que veñen moi ben para seguir loitando por estar ahí. Arriba Dumbría!!!! VAMOS TIGRES!!!!!!! 03 Nov 2012, 21:20 21.97
Como di jose5dumbria, o foro é público. Aparte que gabipc, tamen xoga co Dumbría e non o ten nada creído, foi verdade que sacou algúns balóns de debaixo do largeiro, pese a quen lle pese...por exemplo a ti aasd. 02 Nov 2012, 15:39 13.83
O Dumbría foi un digno rival do Bergantiños, que se sorprendiu do nivel de xogo dos dumbrieses. Arbitraxe penosa, con penalti fantasma incluido a favor do Bergan. Lesión do principal pilar do Dumbría na segunda parte, que fixo que o xogo cambiara a peor para o equipo. Moi ben aproveitado polo Bergan para aumentar a diferencia de goles. Homenaxe a nai de Eloy por parte dos compañeiros, portando brazaletes negros e gardando silencio ó empezar. Falecía a causa dun cancro co que pelexaba dende fai anos e era enterrada onte, o que fixo que el non estivese presente neste partido. Ánimo campeón. Estamos contigo!!!! 02 Nov 2012, 00:01 39.73
Gran partido rapaces. Ainda que nas gradas fixestesnos sufrir un pouco o principio. Goles moi bonitos, pero de o Maikel, ben vale unha bota de ouro. Forza Dumbría!!!!!!. 27 Oct 2012, 15:04 10.75
Gran victoria dos dumbrieses e partido bonito. O marcador so reflexou parte do bo xogo dos de Juan, puidendo ser ainda maior a diferenza de goles. Ese Dumbría oeeeeeeeeeeee!!!!!!! 27 Oct 2012, 14:45 -0.26
Sorte aos dous equipos xa que meu fixo xoga no dumbria e xogaron contra os dous equipos (dous empates), creo k vay ser un partido bonito ANIMO AOS RAPACES DOS DOUS EQUIPOS 25 Oct 2012, 18:22 77.38