Comentarios de oscarpinol

Comentario Fecha Karma
Alta intensidade en Celanova cun Maccabi no fondo da clasificación que plantou cara a un dos líderes xogando cun fútbol pobre pero que non defraudou ós seus xiareiros aínda que puido cambiar o rumbo de partido. Moito berro, moito balón á cocinha e moito fora de xogo en entredito. Gran partido, gran Maccabi que intenta o seu fútbol pero que precisa dun obradoiro de definición de goles. 01 Feb 2020, 21:44 10.92
Gran campo, gran partido, gran árbitro. Intenso fútbol por parte de ambolos dous equipos, grada chea de eco dos berros do Panchito, xogadas e intensidade ó longo dos 90 e pico minutos. Un empate merecido para un Macabbi que loita cada balón e non perde a esperanza de chegar á primeira división... de veteranos. 05 Ene 2020, 14:06 41.38
Increíble poder de convocatoria. Partido intenso, de alto amperaxe. Decisións arbitráis que cambiaron o rumbo do planeta, pero bué... 24 Nov 2019, 16:00 10.91
Gran campo, Arena Pinhor! O importante é divertirse e non mancarse. 26 Oct 2019, 19:02 10.91
Último partido da liga para un Macabbi de Levantar acusado de múltiples baixas nos seus xogadores por lesións de variada índole pero cun nexo común: o esforzo descomunal realizado para saír dos últimos postos da liga. Aínda así, esta tarde vivíronse uns intensos 90 minutos de puro fútbol veterán, con oportunidades claras para ambos equipos pero cuns 45 minutos iniciais dominados indiscutiblemente polos Macabbenses. Na segunda parte botouse en falta a posibilidade de alo menos un cambio, razón pola que comezaron a mermar as forzas e o partido tivo que finalizar varios minutos previos ó tempo regulamentado. Un árbitro aletargado pero caval nas súas decisións permitíu momentos de bela factura coreados nunha bancada simpática e ateigada de xiareiros da Bola, sabedores do ascenso do equipo local. Noraboa pra eles. 23 Feb 2019, 21:05 10.90
Segunda victoria seguida dun Macabbi en racha tralas festas navidenhas. Xogo caval e dinámico, cheo de detalles técnicos e oportunidades de gol ó longo de todo o encontro. Nótanse as novas fichaxes e a man dura do adestrador, motor do equipo. Sen dúbida, remarcar o terceiro gol, unha xogada individual asinada polo lateral esquerdo que tras unha cinta executada con maestría, deixou ó defensa contrario conxelado para finalizar cun zurdazo imparable. 13 Ene 2019, 12:53 39.92
Fermosa manhán chea de néboa fresca e esperanzadora para os visitantes. Intenso partido moi disputado ata o derradeiro minuto que rematou coa victoria pola mínima dun Maccabi que colle folgos na segunda volta. Clave foi a incorporación de novos valores da canteira e o impresionante banquillo desplegado, noutrora nunca visto. Parabéns a ambolos dous equipos. 30 Dic 2018, 14:02 39.92
Partido sobresaliente. Goles de excelente factura. Lleno absoluto en el campo. 23 Sep 2018, 13:25 10.90
Gran campo. Vino hasta Canal + 07 Abr 2018, 20:24 10.90