Comentarios de playhard

Comentario Fecha Karma
Por suposto que non xeneralizo, son consciente de que non todo o mundo fai o mesmo... e menos mal! Só pretendía que algún se dera conta de que coa xente que move o equipo, que cos bos xogadores que tedes, etc etc, debería disfrutar máis e deixar o resto de lado, que xa sei que é unha utopía que non pasa nin nas mellores casas. E pode ser que sexa difícil, pero tedes que darvos conta de que isto non deixa de ser Primeira Rexional, guste ou non. Bande, Taboa, Manchica ou Arnoia son equipos aos que lle tedes que gañar para salir dela, e merecen o mesmo respeto que o resto, que o final os 3 puntos gañanse no campo e nada máis. Árbitros malos, campos peores, estilos de xogo, etc. hai en todalas ligas. E xa sei que os problemas son de sobra coñecidos, era por poñer un exemplo de que non todo é tan bonito. 18 Oct 2016, 07:14 34.33
Ivan1970, haberá 1200 cousas que o Arnoia faga mal, e 1200 que a UDO faga ben. A min o que me chama a atención é que disfrutades máis vendo o malo do resto que o bo voso, que tendes que ir pola provincia menosprezando equipos rivais, como se eso vos fixera "grandes". Eso para min é ser uns amargados. Ten moito mérito ir a categoría por ano, e como vos ben decides, sodes o equipo da "cidade", o que ten máis abonados e o que pode permitirse, por nome, herdanza, cartos ou x, contar con moi bos xogadores nas súas filas, pero non todo se está facendo ben cando, por exemplo, hai xogadores que lle deron o primeiro ascenso que non queren saber nada do clube pola dinámica que está collendo. É certo que non se pode ter contentos a todos, pero a autocrítica é fundamental para crecer, e baixo o meu punto de vista, de cara ó futuro, non lle estades facendo ningún favor ó equipo dedicandovos a encarandovos coa moitos equipos e aficionados da provincia. E poderíamos falar tamén de como se está levando o tema da base. Pero esto todo é o opinión de alguén que vai ós domingos a un campo a ver xogar ós seus amigos e a pasar un bo rato, sin a máis mínima intención de enfrontarse con ninguén. O de Omar, unha putada, pero costame crer que Miguel saise ó partido coa idea de causarlle nin o máis mínimo rasguño. Por desgracia son cousas que pasan tanto en 1a rexional coma na Champions League, e seguirán pasando. 17 Oct 2016, 21:20 -11.21
E nin con 80 victorias máis no Couto aprenderedes a gañar e a non menosprezar a ninguén. Polo de pronto, os temas recurrentes que vides usando dende que empezaron os clásicos son: - O campo estaba mal. - Os árbitros destas categorías son moi malos. - Patada a seguir. - Tengo un tractor amarillo. 3 anos de historia e xa aburrides... Anims! 17 Oct 2016, 17:30 -11.21
Nada, blabla non se entera de nada... 16 Oct 2016, 21:13 34.33
Madre mía, como che gusta a festa blabla 16 Oct 2016, 20:14 34.33
Por certo Zamurete, igual que criticamos cando cremos que o temos que facer, tamén é necesario recoñecer cando alguén ten a túa actitude, que ademáis quero crer e creo que é a que ten a inmensa maioría da xente que foi hoxe ó campo. 11 Ene 2016, 00:07 11.56
LOL. O minuto de gloria vindesnolo dando vos durante toda a semana, non hai máis que ver as vosas redes sociais e a prensa. 10 Ene 2016, 23:57 11.56
UDO, paréceme perfeto que intentedes captar seareiros, pero non de calquera xeito. Entendo que se un equipo quere medrar é necesario ese apoio, en canto deixemos deixar de ser rivais, oxalá cheguedes o máis lonxe posible. De momento, nós imos os domingos ó campo ca idea de pasalo ben cos amigos e animar os noso amigos que están no campo. do resto, comedelle a cabeza a quen máis vos guste 10 Ene 2016, 23:56 11.56
Non quero entrar en debates acerca de cal é o peor campo porque vos falta moitos campos de terra por visitar. Por suposto que non é o voso problema que os equipos non estén acosrumados a xogar en campos como o do Couto pero non podedes remarcar que conseguimos moitos puntos no noso "increíble campo" cando vos sodes os primeiros en aproveitar ese factor, como é lóxico, e como supoño quebtentarán facer tódolos equipos, pero oe, cada un... 10 Ene 2016, 23:50 11.56
Levar os nenos da canteira ó campo: ben. Sentalos ao lado de xente que entrou ó campo berrando "Pementeiros, fillos de puta": .... Pero oe, cada quen fai afección como sabe ou pode. 10 Ene 2016, 23:38 11.56
A ver, hai cousas das que hai que rirse. Ten gracia que alguén da UDO diga iso sabendo que o 90% dos equipos que van ó Couto non están precisamente acostumado a xogar en campos das súas condicións nin dimensións, e sabendo que o do Arnoia non é o peor campo da categoría. Por certo, un saúdo a quen se cree coa autoridade de decirme que equipo me representa ou me deixa de representar. 10 Ene 2016, 23:33 11.56
Para o Arnoia é un partido máis, non hai rivais máis débiles ou máis fortes. Para a UDO non o era, levan toda a semana vendendoo como o partido máis importante da súa "historia". Casualmente, os partidos contra os " leñeros" do Arnoia sempre son os máis importantes. Non nos cremos nada, temos a importancia que eles nos dan. FORZA ARNOIA!! Queda moita liga 💪💪 10 Ene 2016, 23:19 11.56
Polo ben do fútbol, alguén lles debería explicar ós do Barra de Miño a diferencia entre o fútbol e o rugby... 25 Oct 2015, 20:08 104.30
Xa o intentaba, non teño a culpa de que uns ou outros se den por aludidos. 08 Sep 2015, 22:24 11.30
Eu, ao igual ca ti seguramente, non falei con todos os seareiros da UDO, así que limitome a contestar aos que falan por aquí, e aos que escoitei o outro día no campo (E repito, EU, que non creo que todos os seguidores do Arnoia pensen o mismo, e menos mal, senon vaia aburrimento). E supoño que para iso está este foro, para que cada quen dé a súa opinión, e que cada un se faga responsable do que di, non do que entendan os outros 😉 08 Sep 2015, 20:02 11.30
Saber perder é importante, saber gañar aínda o é máis, e a UDO nin unha cousa nin outra. Non sei se sabedes que o fútbol son 11 contra 11 e un balón, ninguén dixo que xogar ó tikitaka sexa máis fútbol que xogar ao "patadón". De feito, os mellores equipos son os que mellor saben usar os recursos que teñen, e está claro que o Arnoia é un deses. E, salvando as distancias, que alguén da UDO veña aquí a queixarse dos árbitros é como como cando se queixan Madrid e Barça, non porque non teñan ese dereito, senon porque se tan bo é ese proxecto que din que ofrecen, non deberían depender das decisións de ningún árbitro, e o mesmo co campo de fútbol, que se olvidan que veñen 3a autonómica e parece que veñen de xogar no Bernabeu. E por último, xa que dan por feito que van ascender este ano, que polo menos lle teñan un pouco de respeto ao resto de equipos, que a humildade aínda non é delito. 08 Sep 2015, 15:08 11.30