Comentarios de tds64

Comentario Fecha Karma
Nove goles en dous encontros son as credenciais dun Corme que volve aspirar a todo e que parte como favorito ante o ascendido Castriz que aínda non puntuou. 18 Sep 2019, 00:33 23.26
Empezou irregular o Baíñas que parte un ano máis como un dos favoritos e máis coas fichaxes deste verán, pero xa viu como un rival directo como o Cerqueda lle arrebataba tres puntos e agora visítao outro da súa liga, o Muxía. Os muxiáns manteñen a firmeza da pasada campaña a pesar do cambio no banco e vanlle poñer as cousas difíciles aos locais. 18 Sep 2019, 00:29 23.26
Dous históricos da Costa que intentan renacer despois de varias temporadas irregulares coqueteando co descenso. O Malpica non xogou a pasada xornada polas festas da Barca e quere sumar de a tres no seu campo ante un Cee que logrou a vitoria pola mínima ante o Buño. 18 Sep 2019, 00:25 23.26
Os locais levan dúas vitorias neste inicio ligueiro a pesar dos cambios producidos este verán, e reciben a un dos conxuntos que máis se reforzou para ser un outsider nesta liga da Costa. Comezaron os cerquedenses contra dous grandes rivais con desigual sorte e agora queren conseguir algo positivo nunhas Pedreiras que sempre xoga a favor dos locais. 18 Sep 2019, 00:21 23.26
Arrancou forte o Ponteceso con dúas cómodas vitorias e agora visita aos veciños do Buño tamén co favoritismo do seu lado. Os oleiros, despois do cambio institucional deste verán, buscarán a sorpresa para animarse na dura loita desta liga. 18 Sep 2019, 00:16 23.26
Derbi muradán entre o renacido Muros e a Esteirana onde todo pode pasar. Os dous gañaron na xornada inaugural pero non conseguiron bos resultados na última. Os visitantes, aspirantes ao ascenso, poden partir como favoritos, pero un derbi non entende de plantillas 18 Sep 2019, 00:11 23.26
Dous conxuntos que aínda non gañaron e teñen unha boa oportunidade para facelo. Os lirachos deron a sorpresa empatando en Esteiro e os cabaneses a punto estiveron de facelo en Coristanco. O Cabana debe aproveitar o seu campo para superar ao seu rival. 18 Sep 2019, 00:07 23.26
Os locais queren facerse fortes na Rocheira ante un rival directo que non puntuou aínda. 18 Sep 2019, 00:03 23.26
Duelo con color local, que deben seguir na senda do triunfo para aspirar ao primeiro posto. 14 Oct 2015, 19:06 543.31
Duelo de rivalidade entre dous equipos con traxectorias moi distintas. Os pontecesáns rendibilizan moi ben os seus goles que os levaron a gañalo todo, mentres ao renovado Cabana estalle custando arrancar. 14 Oct 2015, 19:04 543.31
Dous dos equipos ascendidos que buscan sumar puntos para escapar da queima. 14 Oct 2015, 19:03 543.31
Un encontro de rivalidade que debería ter cor visitante, pero os locais son de momento a revelación da liga e pódenlle gañar a calquera. 14 Oct 2015, 19:01 543.31
O partido da xornada, con dous aspirantes ás primeiras prazas, aínda que os xalleiros poden acusar as baixas provocadas polas expulsións da semana pasada. 14 Oct 2015, 19:00 543.31
O Baíñas conta con todas as papeletas para sumar tres novos puntos no campo de Xaviña. 14 Oct 2015, 18:59 21.28
Os locais son favoritos ante un Carnota que estrea adestrador na figura de Amador, un clásico da Costa. 14 Oct 2015, 18:58 543.31
Os dous empatados a puntos, afrontan esta temporada unha renovación. Intentarán sumar os maiores puntos posibles canto antes para non verse en problemas. 14 Oct 2015, 18:57 21.28
Ocasión para os de Pupus de sumar tres puntos coa visita do pechacancelas á Grixa. 14 Oct 2015, 18:55 543.31
Duelo estelar da xornada entre dous dos chamados a ocupar as primeiras prazas. 14 Oct 2015, 18:53 21.28
Enfrontamento entre os dous equipos que aínda non puntuaron. Resultado incerto. 14 Oct 2015, 18:52 21.28
Difícil saída dos muradáns, pero unha vitoria podería poñelos na segunda posición. 14 Oct 2015, 18:48 21.28