Este fin de semana foi unha mala xornada para os equipos da Limia, Verín e a Baixa Limia debido aos malos resultados acadados.
En Terceira o Verín CF perdeu por 2-1 frente ao CD As Pontes. Por se a derrota fose pouco o equipo está a 4 puntos da salvación e Sergio González Rodríguez, o autor do gol verinense, foi expulsado por doble amarela e perderase cando menos o seguinte partido.
En Preferente Sur o CF Monterrey caeu derrotado en Rozavales por 1-5 fronte ao Porriño Industrial CF e está último con 15 puntos a 11 do penúltimo...