SD Compostela – Ribadumia
Despois da valiosísima vitoria conseguida polo Compostela ante o Silva, o conxunto santiagués abriu una pequena fenda na táboa. Agora mesmo conta con catro puntos de vantaxe sobre o segundo e de sete sobre o quinto, así que o obxectivo dos picheleiros pasa por afianzarse na primeira posición. Esta fin de semana reciben en San Lázaro a un Ribadumia que ocupa un lugar cómodo na zona media da táboa, pero que ven de gañar os seus dous últimos encontros, polo que non cederá doadamente.
Boiro –...