Solicitar jugadores del

Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.

Avisar de información errónea

¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.

Alineación del CD Arenteiro
Alineación del Pontevedra CF
Goles
¡Gol del CD Arenteiro!
¡Gol del Pontevedra CF!
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos

Pronósticos: 5 Hacer quiniela

20% CD Arenteiro
40% Empate
40% Pontevedra CF
Debes loguearte para insertar un nuevo comentario. ¿No tienes cuenta? Regístrate gratis

31 comentarios publicados

LOQUEYOTEDIGA 21 Feb 2022, 14:06
Denunciar

Non sae... podese ver en tvg-deportes
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 21 Feb 2022, 14:05
Denunciar

https://www.g24.gal/-/o-pontevedra-volve-a-ganar-e-pasa-a-depender-de-si-mesmo. Este e o resumo do partido, si eso e expulsion hai 40 nun partido. Para min e amarelo claro. Pisao na pantorrilla pero xa caendo e non parece que voluntariamente como pensaria o arbitro. E tan leve que o tiven que ver varias veces para percatarme.
Editado 21 Feb 2022, 14:19  Votación cerrada

JonDillinger 21 Feb 2022, 10:29
Denunciar

Vaia por diante que nada que reprochar a ninguén, pero ante un equipo coma o Pontevedra, con 3 marchas máis ca nós, é difícil reaccionar se non sales ao 150%.

Pagamos os platos rotos do Bergantiños, con intereses.

Cando nos quixemos dar conta, tiñamos dous goles en contra e 1 home menos, a situación semellaba complicada, pero coa segunda expulsión, imposible de salvar. Deuse a cara e intentárono, pero todo o que podia sair mal, saleu mal. Expulsións, lesións, un gol anulado en fóra de xogo…

Hai días difíciles, e despóis está o de onte.

Por último e non menos importante. Non podo pasar por alto a falta de previsión á hora de ubicar aos siareiros do Pontevedra, foi un desprecio total e rotundo hacia os seguidores habituáis, que pagan relixiosamente os seus abonos ano tras ano, moitos deles non fai moito cando estivemos en Primeira Rexional. Obrigándoos a desprazarse a outras zonas do campo, en lugar de facelo cos afección visitante. Como é normal e fan en tódolos campos. É inadmisible.

A pensar xa en traer algo positivo de Compostela, tarefa complicada nun cadro plagado de sancións e lesionados.
 Votación cerrada

Aerik4 20 Feb 2022, 21:59
Denunciar

Non vou falar do deportivo nin do arbitraxe, porque me queda grande.

Felicidades á directiva por facer o máximo posible de cara a convertir o campo nunha réplica de Pasarón. Sete días despois de que nos clavaran 22 euros en Salamanca, ante a solicitude da afeción do Pontevedra de "estar cerca da cantina", a directiva do Arenteiro decide colocalos detrás do banquillo do Arenteiro, tendo que mover para elo a socios que acuden todas as findes ao estadio.
Unha cousa é perder, que hoxe fixémolo, e outra é quedar de equipo pequeno, que hoxe tamén o conseguimos. Felicidades.

Vémonos na capital.
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 20 Feb 2022, 21:23
Denunciar

Pouco que facer. O Pontevedra é o mellor equipo da categoría de longo. Se o partido, ademáis, se lle pon de cara, pois pasan estas cousas.

A mín a entrada píllame diante das narices e, sen vela repetida, penso que é unha expulsión moi, moi barata. Hai que ter moi claro o cartón vermello para sacalo e cargarte un partido deste xeito. A sensación era que o Pontevedra estaba sendo bastante mellor pero quedaba moito por xogar...

Hoxe Espiñedo estaba precioso e penso que ningunha das dúas afeccións merecía que lles privasen de unha bonita tarde de fútbol.

Agora o máis importante de todo é recuperarse deste golpe e, sobre todo, cruzar os dedos para que o do bo de Uxío quede nunha distensión ou en algo menor. Non ten pinta. Unha mágoa porque o rapaz caera de pé entre a xente.
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 20 Feb 2022, 20:49
Denunciar

Estas sufrindo e perdendo contra un equipo do alto da clasificacion e o arbitro inventase unha expulsion. Ahi rematou o partido. Non durou nin media parte.
Editado 20 Feb 2022, 21:05  Votación cerrada

SeareiroArenteiro 20 Feb 2022, 20:16
Denunciar

Sei que vai ser opinión impopular, pero hoxe non perdemos polo árbitro. Preduxicounos, non hai dúbida, así como hai outros días que nos beneficia. Tendo a quitar esta variable da ecuación porque non aporta nada e é ruido sen sinal.

Hoxe perdemos porque nos entrou o delirio de grandeza despois de gañarlle ao antepenúltimo no Helmántico, que por certo leva 6 goles en toda a tempada. Para a próxima semana podemos comezar a preparar o partido o xoves en vez de o mércores, a ver se cambiando o método hai outro resultado. Gloria e honor aos granates por facer algo que, a pesar de ser sentido común, nós non aplicamos: respeto á competición e ao rival. Moito respeto ao Pontevedra por vir aquí, pintarnos a cara e golearnos incluso no desconto. Teñen máis presuposto que nós, o que implica máis talento. E, por riba disto, unha ética de traballo moi superior á nosa. Non concibo outra forma de competir, así que de parte dun siareiro carballiñés, moita envexa sana.

Baño de humildade que, non por menos esperado, sempre senta como un tiro. Resultado XUSTÍSIMO que non fai máis que reflexar unha máxima que non só aplica no fútbol, pero tamén na vida; recolleitar o que se sementa. Non confío en que isto faga mella no ego do suxeito que se senta no banco. Endexamais aprenderemos. Gustariame concluir con un "a pensar no Compos", pero tampouco quero anticipar acontecementos porque agora semella que toca descansar. Forza Arenteiro e moito ánimo a Uxío.
Editado 20 Feb 2022, 23:48  Votación cerrada

JonDillinger 20 Feb 2022, 20:14
Denunciar

Ánimo Uxío!
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 20 Feb 2022, 19:01
Denunciar

Si alguen non coñecia ó arbitro... Xa se deu a coñecer. Francisco Garcia Riesgo o mellor do partido
 Votación cerrada

SeareiroArenteiro 20 Feb 2022, 17:18
Denunciar

forza arenteiro.
 Votación cerrada

JonDillinger 19 Feb 2022, 14:45
Denunciar

Insisto, a única opinión válida é a vosa.

Si bwana.
 Votación cerrada

Osdopulpo 19 Feb 2022, 14:36
Denunciar

E a primeira vez que escribin neste foro e a ultima que o fago !! Pero cansa anun vee tanto pep guardiola por aki. Deixo a estes fenomenos que so saben criticar e criticar que vos sigades vindo arriba en algo hay que pasar o tempo . Esto e como o salvame pouco mais !! O únivo no que de debemos estar de acordo e en que gañe o arenteiro cada domingo . (Penso eu )
 Votación cerrada

JonDillinger 19 Feb 2022, 14:15
Denunciar

O único que saco en claro, é que uns temos que calar e os outros crense donos da razón absoluta; capaces de xulgar e dictar sentencias. Non hai lugar pra dar unha opinión diferente.

Parabéns aos que recibiron a condecoración de bos afeccionados.

“SI BWANA.”
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 19 Feb 2022, 12:21
Denunciar

Una vez repartidos os carnets de bo e mal afeccionado por Osdopulpo vou a dar a miña opinión de mal afeccionado.
Veñen posiblemente os 2 partidos máis complicados da tempada. Mañá ven o gran trasatlántico da categoría a Espiñedo (non sólo deportivamente) e logo toca ir a Santiago contra un Compos que na casa domina aínda que lle está costando pechar os partidos. Este cambio de aires e a xeira de 5 últimos partidos positiva vannos a permitir estar na pomada ainda perdendo os dous partidos (que algo espero que rasquemos) A clave vai a ser o que ven despois. Unha serie de partidos ante rivais que non teñen máis nivel ca nos. Na primeira volta ese enlazado foi desastroso e explica en boa parte onde estamos. Si na segunda volta saimos ben do encadenado Mostoles, Leganés, Palencia, Bergan, e Marino temos moito gañado. Se volvemos a sumar 5 puntos imos para o carallo. A mín Móstoles non me di nada e vinlle moitos partidos. Na primeira volta non nos pasaban o medio campo e firmamos o empate, Leganés sí parece estar ben, Palencia é o equipo que máis me leva gustado pero home por home somos mellores e Bergan e Marino son partidos que se poden gañar.
Co permiso de roblecito súbome ao carro franjusto se hai sitio para os malos afeccionados
 Votación cerrada

Osdopulpo 19 Feb 2022, 10:00
Denunciar

E outra cousa cando xogadores non xogan e por algo .. baixo rendimento ou cousas que pasan dentro e non saen a luz asique deixar de falar de alguen se non aparece nun pes no equipo se non se sabe o porque sen lle botar culpa a nadie
 Votación cerrada

Osdopulpo 19 Feb 2022, 09:57
Denunciar

Non suelo escribir pero tanto por aqui como cada domingo no espiñedo matame canto entendidillo hay que o unico que fai e criticar se o entrenador non sei que se os cogafotes non sei canto teriadesvos que poñer vos que sodes moi listos !! Animade o equipo nas boas e sobre todo nas malas e confiar no entrenador que cos seus fallos e virtudes non ten o equipo tan mal desde que veu mais ben virtudes ca fallos !!
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 19 Feb 2022, 07:55
Denunciar

SI A ECONOMIA O PERMITE
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 18 Feb 2022, 15:54
Denunciar

SI NON SAEN DE AHI O SEGUINTE E O ADESTRADOR
Editado 19 Feb 2022, 07:48  Votación cerrada

Roblecito2018 16 Feb 2022, 18:38
Denunciar

Que si Paco, o entrenador non vale para o Arenteiro, eu son un loro por dicir o que penso e son un intransixente ,e hai autocomplacencia tanto nos xogadores coma por parte da directiva. Aquí pedinse moitas solucións, e trocos de sistemas, pero moitas veces hai que ver os muñecos cos que se conta para utilizar según que sistema. Eu non son un entendido do fútbol, nin moito menos, e non me atrevo de falar de sistemas e tácticas como facedes algún por aquí, eu o que sei e vexo é que, co defenestrado sistema empregador hasta ahora para os entendidios deste foro, fumos campeóns da terceira, competimos na Copa do Rei e competimos na liga, na miña opinión, bastante ben a pesar da clasificación.
E para rematar, o único que dixen e que as crítcicas me parecen excesivas e que é moi fácil subirse o carro cando as cousas empezan a ir un pouco mellor.
Editado 16 Feb 2022, 18:39  Votación cerrada

Paco_Mentarista 16 Feb 2022, 18:08
Denunciar

Eu debo de ser un deses anti afeccionados que se adicaron a verter críticas feroces.

Aquí díxose que estabamos establecidos na autocomplacencia e que se non mudabamos algo o que estabamos a facer nos íamos a ir ao tacho. Que os resultados non cambian de un día para outro por medio da casualidade. Cando en 15 partidos eres o equipo que menos gaña da categoría e estás en postos de descenso xa non é unha cuestión de azar (aínda que tampouco nos axude moito)
Non fai falla ser adestrador, aliñador nin nada semellante para ver que o equipo levaba 2 anos facendo o mesmo. Gañando ou perdendo o debuxo era sempre o mesmo e os cambios "tácticos" eran trocar home por home en función da vocación máis ofensiva ou defensiva do muñeco. Se acaso cando íamos atras os centrais dereito e esquerdo tentaban romper algo máis. O colmo, o esperpento de Coruxo, donde despois de 70 minutos detrás no marcador metes outro dianteiro a 5 minutos do final...
Aquí pediuse que se tentaran solucións. Se non o entrenador a directiva. E as solucións chegaron.
Chegan 3 futbolistas titulares e, sobre todo, parece que o entrenador decidiu tocar cousas. Sairá mellor ou peor pero aquí ninguén pediu resultados, pedimos cambios e os cambios chegaron.
E os cambios non chegaron porque os pidan 2 tarados en siguetuliga ou porque 10 tipos piten en Espiñedo. Os cambios chegaron porque o entrenador sabe que as cousas non ían ben e había que facer algo. Coa túa argumentación Roblecito2018, estamos descendidos a metade da segunda volta. Menos mal que franjusto decidiu deixar a un lado a autocomplacencia e se puxo a entrenar. Seguro que nos irá mellor.
Eu estou encantado en colaborar con calquera directiva no que faga falla (mesmo doblando camisolas) porque xa o fixen noutros deportes. De todos os xeitos parece que vostedes se moven no credo de "o estás conmigo o estás contra mí" e non lles gustan as opinións diverxentes. Nese caso non necesitan axuda. O que necesitan é un loro que repita os mantras.
 Votación cerrada

SeareiroArenteiro 16 Feb 2022, 13:08
Denunciar

De momento o que sei é que hoxe, a golpe de mércores, os nosos están tendo a primeira sesión de adestramento da semana. Independientemente do resultado do domingo (o fin non sempre xustifica os medios), penso que non é unha aproximación óptima a un partido no que nos xogamos tanto.
 Votación cerrada

Roblecito2018 16 Feb 2022, 08:59
Denunciar

Si, críticas feroces, con burlas/ironías que rozan a faltan o respeto ,sobre todo ó mister Fran Justo. Un entrenador que levou o Arenteiro a 2º REFF, que está competindo nunha categoría que se enfrenta a equipos de cidades como Pontevedra, Santiago, Palencia, Salamanca, Avilés...etc, e que en toda a primeira volta, a excepción dos partidos contra o Coruxo e Marino, puido gañar calquera dos demáis, sin esquecer que levaron a todo un equipo coma o Valencia a prórroga na Copa do Rei. Hai moito entrenador por ahí solto, ou máis ben aliñeador, e se cree que o Arenteiro é o Madrid ou o Barcelona. O levo dicindo toda a tempada, chapeau para equipo, entrenador, directiva, e por suposto afición, que neste último partido foi en máis de 50 persoas a Salamanca a apoiar o equipo. E os que tanto ladran, na directiva están abertos a que lles boten unha man.
 Votación cerrada

JonDillinger 15 Feb 2022, 22:24
Denunciar

E polo que intúo, tampoco apreciou cambio algún na maneira de plantexar os partidos e a determinación coa que se afrontan, independentemente do cambio de sistema.

Eu non vexo o equipo temeroso e dubitativo de xornadas atrás, que se puña por diante nos partidos e acababa pedindo a hora pra chorar algún punto. Sexa pola necesidade ou polo que lles transmiten desde o corpo técnico, mostran a fame e a ambición que se pedía desde o sector “das críticas feroces” o que se traduce en puntos e aire fresco.

Da mesma maneira que non tiven o menor reparo en criticar o plantexamento anterior, non teño o máis mínimo problema en recoñecer que as cousas se están facendo mellor e alguén ten os méritos e as responsabilidades.

Dar todo por ben feito e comulgar con rodas de muiño non vai conmigo. Temos equipo pra competir con calquera e non o estabamos a facer.
Editado 15 Feb 2022, 22:25  Votación cerrada

JonDillinger 15 Feb 2022, 22:14
Denunciar

Críticas feroces disque, desculpe por non opinar como pensa vostede. Pola miña parte síntoo se ferín sensibilidades.

Só tardamos unha volta en darnos de conta de que hai máis sistemas que sair con 5 atrás, esperemos que non sexa tarde. É de loar a capacidade de reacción do corpo técnico.
 Votación cerrada

Roblecito2018 15 Feb 2022, 20:52
Denunciar


e xogando como nos últimos partidos, moitas posibilidades de tumbar ó Pontevedra, para min o mellor equipo da liga.
 Votación cerrada

Roblecito2018 15 Feb 2022, 20:50
Denunciar

Alégrome de que as críticas tan feroces dalgúnsde por aquí ahora se volvan en apoios ó equipo, penso que é o que necesitan, e non resaltar so que fan mal.
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 15 Feb 2022, 11:55
Denunciar

ESTE EQUIPO A DIFERENCIA DO SALAMANCA SI QUE TEN GOL
Editado 15 Feb 2022, 13:32  Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 15 Feb 2022, 11:48
Denunciar

O NIVEL DE TODOLOS EQUIPOS E ALTO APARTE DO CEARES E POUCO MAIS. ASI QUE HAI QUE SAIR A PELEXAR TODOS E XA SE VERÁ
 Votación cerrada

SeareiroArenteiro 14 Feb 2022, 11:49
Denunciar

O partido da primeira volta foi unha montaña rusa de emocións; adiantándonos 0-2 e dominando a placer, para ao final rascar un punto pedindo a hora. O Pontevedra vén de perder na casa no último minuto contra un rival da nosa talla, e nós chegamos no mellor momento da tempada. Sen dúbida, parece unha boa oportunidade de manter esta boa xeira de resultados e seguir alimentando a confianza nas nosas propias posibilidades. O obxectivo ten que ser sumar de 3 por moito que vaian de segundos na clasificación. Imos verdes!
 Votación cerrada

JonDillinger 14 Feb 2022, 11:42
Denunciar

Ainda que a clasificación así non o reflexe, penso que é o equipo máis potente da categoría; ainda así, en Pasarón tivémolos contra as cordas 45 min cunha ventaxa de dous goles.

Hai que sair a competir sen complexos, tratar de continuar a dinámica que arrastramos as últimas semanas.

Forza Arenteiro!
 Votación cerrada