Comentarios de Arenteirista

Comentario Fecha Karma
Toca pensar no Estradense e olvidar o mal partido en Atios, onde non se mereceu gañar. Ollo co Estradense, que aínda que é un equipo que encaixa moito, tamén é dos máis goleadores. Na 1º volta empatouse no derradeiro minuto. Me imaxino que partido outra vez na Regueiña... 01 Feb 2021, 08:55 46.21
Alguén coñece algo, futbolísticamente falando, do novo fichaxe do Arenteiro?. Dende logo, por efectivos e na posición que xoga si que facía falta un xogador. 29 Ene 2021, 00:45 44.65
Moi a meu pesar, paréceme unha medida acertada non deixar entrar os afeccionados os estadios de fútbol, a situación emporou moito, e creo que o mellor tamén poderías ser coherente parar a competición, estanse suspendendo moitos partidos, e a cuestión sanitaria é o máis importante. 25 Ene 2021, 18:44 44.42
Partido complicado. O Atios deume moi boa sensación no espiñedo na primeira volta, sendo un equipo moi ordenado. Esperemos que se poida xogar... 24 Ene 2021, 21:09 43.37
Bo resultado, partido non moi do Arenteiro. Comprensible tamén pola situación vivida. 24 Ene 2021, 21:07 43.37
Por certo, partido retransmitido por youtube. Xa se terminaron esas retransmisións lexendarias do presi co móvil 22 Ene 2021, 21:31 43.33
Non está mal o documental, desgrana bastante ben o Arenteiro, aínda que eu discrepo dos que da como mellores por línea. Para min, na Defensa Portela, seguido de Eimil, na media, Alex, e de dianteiro Javi Pazos. 22 Ene 2021, 21:26 43.33
A este paso, o campo de Espiñedo vai estar inutilizado para o que poida quedar de tempada... 22 Ene 2021, 09:01 43.33
E o comentario da deriva das conversas niste foro era simplemente unha reflexión en voz alta, sen ánimo de polemizar nin dar leccións a ninguén, faltaría máis. Por min queda o conto aquí e cada quen fale o que considera oportuno, xa que non son eu administrador de ningún foro. 20 Ene 2021, 17:43 43.23
Boa nova, esperemos volver a toda a nomalidade que se poida nun ambiente de excepción polo dichoso COVID. é no referente a fichaxes, é unha pena que non se poida ampliar a plantilla xa que me parece un pouco curta, e menos mal que levamos tido sorte coas lesións ata ahora. 20 Ene 2021, 17:34 43.23
Montymario, más alá das cuestión que se comentan, a min este foro cada vez me gusta menos, porque se fala de todo menos do que realmente se debería falar, dos partidos de C.D. Arenteiro e o rival correspondente. Que o tema COVID é un pesadelo e afecta a todo, creo que xa o sabemos todos, pero penso que a maioría participa neste foro para saber do equipo do seu pobo... 20 Ene 2021, 01:12 43.23
Partido en dúbida de que se xogue. 18 Ene 2021, 08:56 10.90
Si, o tema non pinta nada ben... 08 Ene 2021, 20:00 10.90
Pesuleakov, non todos estamos o teu nivel intelectual... 06 Ene 2021, 14:47 43.07
Si, un partido Arenteiro Arosa vai petar os tanatorios...canta demagogia... 06 Ene 2021, 11:22 43.07
Penso que é un partido que debería emitir a tvg 2 por algún das súas canles, estamos a falar que xoga o primeiro contra o segundo, poucos partidos son máis atractivos hoxe en día na terceira galega. 05 Ene 2021, 21:43 43.04
Unha pena o de Espiñedo, esperemos que se tomen decisións definitivas neste senso porque xa levamos bastante tempo coa mesma vaina,,,e por certo a iluminación do campo tampouco está a altura do clube. 05 Ene 2021, 21:38 43.04
Non é por ser seguidor do Arenteiro, pero por 11, entre os dous equipos baixo meu punto de vista non hai cor, outra tema é o que poder pasar nun partido, onde o Arousa está perfectamente capacitado para gañar. Para min, hai 2 equipos que están, a día de hoxe, a outro nivel na terceira, Bergantiños e o Arenteiro, pero hai que ter en conta como se reforzen as plantillas nos próximos días. 21 Dic 2020, 20:15 37.94
Igualmente, e bo regalo que nos brindou o Arenteiro os seus siaeiros, golpe na mesa. O próximo partido, será o partidos dos partidos na terceira grupo B. 20 Dic 2020, 20:19 35.86
O Ribadumia plantoulle cara ó Cádiz, aínda que o final impúxose a lóxica. Non vai ser un partido fácil o do Domingo. 18 Dic 2020, 09:20 35.81