Comentarios de Arenteirista

Comentario Fecha Karma
Esa é a pregunta, ¿Onde xogaremos? 02 Nov 2020, 00:37 10.90
Penso que non é mal resultado, é un campo difícil, herba artificial, dame a impresión que é un campo con dimensións reducidas, e un equipo correoso. 3 partidos, 0 goles encaixados. Iste partido púdose perder, pero tamén se pudo gañar, si se metera a ocasión clara que tivo Javi Pazos. Seguimos líderes, a pensar no próximo partido ,contra o Atios. 01 Nov 2020, 21:22 10.90
Non teño idea o respecto, pero si é verdade que se negaron a aceptar a entrada da televisón, visto dende fora non se entende moi ben, xa que os afeccionados debido as restricción sanitarias non poden acudir o partido dende Carballiño. Penso que o fútbol é un espectáculo para o público... 01 Nov 2020, 12:25 10.90
Visto a situación de excepcionalidade na que estamos, penso que sería positivo que se empezasen a retransmitir partidos de terceira división por tv, non suporía ningún perxuizo para os clubes, pola limitación de aforo a que están sometidos, e sería unha forma de recompensar a moitos afeccionados que pagaron o seu carnet de socios, e que non poden acudir a ver a seu equipo 29 Oct 2020, 17:40 10.90
Manuel, apoio a túa proposta... 29 Oct 2020, 09:22 10.90
Non estou moi de acordo con ise comentario, penso que si que se respira ilusión na afección, polo menos é o que percibo eu. De todas formas, tamén hai que ver no contexto no que estamos... 27 Oct 2020, 20:18 10.90
Dependerá da evolución nos próximos días. O Estado de Alarma por si, non impide os desplazamentos, pero as Comunidades Autónomas teñen competencia para poder restrinxila. E a restransmisión do partido, para min tivo un éxito absoluto, chegou a ter case 800 usuarios conectados. A ter en conta para o futuro, si ésta situación de excepcionalidade se prolonga moito no tempo, (que penso que si). 26 Oct 2020, 08:58 10.90
O campo non creo que sea máis pequeno co da Regueiriña. o que si cambia é a superficie, xa que alí é herba artificial. Baixa confirmada de Pol. 25 Oct 2020, 20:16 10.90
Equipo sólido que temos, ata ahora, poucas ocasións de gol nos crean. Esperemos recuperar xogadores de ataque para arriba, e esperemos tamén que poidamos seguir vendo o equipo na televisión. Próxima parada, Redondela... 25 Oct 2020, 19:12 10.90
Paréceme unha boa idea o de xogar en Barbantes, pena que non haxa público, pero a situación é a que é. No de dar o partido por televisión, seguramente que non será coa a calidade do anterior Domingo, pero penso que temos que estar agradecidos, de que polo menos o intentan. O ideal é que o dira un medio de comunicación local (Por exemplo Badalnovas), pero non sei como está o tema dos dereitos... 23 Oct 2020, 17:51 10.90
Típico equipo de Fran Xusto o que poidemos ver pola transmisión de internet. Férreo atrás, correoso, e equipo con oficio. Esto pinta ben, vese un equipo sólido, aínda que un chisco defensivo para o meu gusto. Por certo, petición os de Baldanovas, podía facer o mesmo que os de onda arlequinada, polo menos aínda que fora so imaxes 19 Oct 2020, 22:23 999.99