Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
O Xallas a loitar polo ascenso á Liga Galega Infantil na que xogaran fai dúas tempadas. Sorte ao XSC! 16 Mar 2015, 19:04 358.75
Ao XSC abondaba facer o mesmo que o Fisterra fixera en Esteiro. O Xallas non quixo esperar e a goleada non deixa lugar a dúbidas. 16 Mar 2015, 19:04 358.70
O Xallas campión da liga 2014-1015. Parabéns á directiva, adestradores, xogadores e siareiros! 16 Mar 2015, 19:02 358.70
O Compos, a catro puntos do Orilla (16), e a seis do Xallas (15), do Villablés a nove e do Bergan (13) a 12. Moito terá que esforzarse e mellorar os resultados. Anque hai liga, iso si. 16 Mar 2015, 18:57 264.97
O Cala non desaproveitou a ocasión de sumar tres puntos máis. É o sexto clasificado. O Eume pecha a clasificación con 9 puntos, a 7 do Compostea (16). 16 Mar 2015, 18:56 264.97
Empate entre dous equipos da metade da táboa. 16 Mar 2015, 18:54 264.97
O Viveiro con 59 puntos, empatado a puntos co Deportivo B (3º), co Bertamiráns (2º) e a un punto do Conxo (líder). Todo moi apaixoante e emocionante. Iso si, o Conxo e o Berta cun partido menos. Hai liga! Hai que pelexar xornada a xornada. 16 Mar 2015, 18:54 264.97
O Conxo líder unha semana máis. 16 Mar 2015, 18:52 264.97
O Berta é o Berta. Hai que recoñecelo. 16 Mar 2015, 18:51 264.97
O Boiro amosa o seu poderío. Debería estar máis arriba. 16 Mar 2015, 18:50 264.97
Non foron quen os xalleiros de puntuar na casa. Non foi bo partido, hai que recoñecer. Houbo ocasións, si. Tamén para os visitantes, que estiveron mellor posicionados e con máis poderío técnico e táctico. Hai que recoñecelo. Non se pode despistar o XSC, o Orilla apreta por debaixo. Está a dous puntos e tendo bos resultados. Así e todo, ánimo Xallas. Non hai que baixar a garda. 16 Mar 2015, 18:49 264.97
Bo resultado o acadado polo Orilla fronte a un dos equipos fortes da categoría. Máis sendo o Deportivo B. Hai que felicitalo! 16 Mar 2015, 18:46 264.92
O Orilla foi quen de ampatar na casa co Depor. O equipo nas últimas xornadas mellorou dabondo. A estas alturas da liga, todos os equipos traballan e pelexan moito. Uns por alonxarse dos postos de descenso, outros por ascender ou por xogar a promoción. Nadie dá duros por catro pesetas, como se dicía antes. 16 Mar 2015, 18:46 264.92
Juan Lado Formoso é o máximo goleador despois dos partidos xogadores esta liga. Nove partidos xogados, 18 goles. O seu compañeiro, José Marcote, o segundo, nove partidos, 10 goles. O terceiro, é o xalleiro, Sergio Barbeira, nove partidos, nove goles. 15 Mar 2015, 12:01 263.55
O porteiro xalleiro marcou un gol de saque de deporte. Axudou o forte vento e que os locais non puideran aliñear a ningún dos seus porteiros titulares. Un xogador de campo tivo que poñerse debaixo dos paos. 15 Mar 2015, 11:58 263.55
Partido de trámite. 15 Mar 2015, 11:55 263.55
Os locais a gañar a honrilla. Tivo ocasións para estar no máis alto, mesmo para continuar na rolda de ascenso á galega. Os visitantes, partido de trámite pois teñen os obxectivos conseguidos fai xornadas. 15 Mar 2015, 11:54 263.55
O Xallas perdeu todas as opcións para continuar na rolda que dá acceso ao ascenso a liga galega. Os visitantes, os últimos clasificados. Partido sen aliciente para ningún dos dous equipos. 15 Mar 2015, 11:53 263.55
O Cabana ten factores importantes a favor: o campo (xoga de local); un empate tamén lle beneficia, e os siareiros que sen dubida animaran para lograr o pase á seguinte rolda. Os muradáns veñen de gañar por 7-2 ao Camariñas. Un partido moi, moi interesante. 15 Mar 2015, 11:52 263.55
Partido cinco estrelas desta fase de liga de ascenso á galega. 15 Mar 2015, 11:50 263.55