Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
Os puntos obtidos na liga ata o de agora facian ao Cerceda como favorito para gañar os tres puntos. Con este resultado empatan a puntos co Boiro. O Fabril, a sete puntos. 24 Abr 2016, 21:08 545.93
O Ribadeo foi quen de estrepear a quiniela, como se di vulgarmente. Os tres puntos quedaron no Pepe Barrera. Empatados a puntos co Bergan aínda están na zona de descenso directo e sen contar cos arrastres. O Ordes a cinco puntos. Emprea complicada para os locais. 24 Abr 2016, 21:07 545.93
Semellaba unha empresa difícil para o Noia por clasificación. Os feitos deron a razón. 24 Abr 2016, 21:05 592.77
Non foi quen o líder de gañar en Cangas. Un punto é un punto. Todo o que sexa sumar é importante na recta final da liga. 24 Abr 2016, 21:04 591.86
Resultado que se prevía. 24 Abr 2016, 21:03 570.59
O Choco non perdoou. 24 Abr 2016, 21:02 545.93
Non perdou o Bouzas. ChefAA tiña razón. A clasificación non engana. Agora hai 11 puntos de diferenza. 24 Abr 2016, 21:01 591.86
Non perdou o Fabril. A goleada da xornada. 24 Abr 2016, 20:59 591.86
Reparto de puntos. O Bergan necesitado. O Negreira a non pasasr apuros. 24 Abr 2016, 20:59 567.00
Freo do Sanlo ao Zas que adestra o xalleiro, Víctor. Favorece ao Fisterra. Os de Verdillo acordarán agora dos patinazos en varios encontros. Aínda hai liga. As esperanzas non se perden. O Zas, igual non ten a oportunidade do ano pasado. A regularidade dá os seus froitos. 24 Abr 2016, 20:56 545.73
Pola mínima, pero triunfo para o Ponteceso. 24 Abr 2016, 20:54 545.73
Sen problemas para os de Esteiro. 24 Abr 2016, 20:53 545.73
O rei do empate conseguiu un novo punto en Baíñas. 24 Abr 2016, 20:53 545.73
Moitos goles no campo do Eleuterio Balayo. O Camariñas acadou un resultado moi apretado. 24 Abr 2016, 20:52 545.73
O pechacancelas deu a sorpresa. 24 Abr 2016, 20:51 545.73
O líder, máis líder. Non perdou no partido de rivalidade xeográfica. Os verdes en volandas cuns siareiros que non permiten a relaxación e o desánimo. 24 Abr 2016, 20:50 545.73
Goleada dos xalleiros. 24 Abr 2016, 20:48 545.73
O resultado non deu lugar a dúbidas. A diferenza na clasificación é patente, 19 puntos de diferenza. A Puebla marca o listón do ascenso directo. O arrastre das categorías superiores pode facer que baixe de categoría. 24 Abr 2016, 20:47 570.59
Non hai máis leña ca que arde no Dumbría. O Laracha segundo o paso do tempo amosaba a superioridade. Dous golazos o terceiro e cuarto dos visitantes. 24 Abr 2016, 20:45 571.81
O Sada na súa liña. Non o puxo fácil a Sarriana. 24 Abr 2016, 20:44 545.73