Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
Tinamam42, non entro nin saio en cuestións que non vivo. Anque iso si, os rapaces, vaian de primeiros, segundos, ou últimos, teñen que ter o respecto e o cariño de todos. Os que gañan, moi ben. Os que non, tamén. Iso é o deporte. Os rapaces, rapaces son. Os pais, pais son. 27 Ene 2015, 17:48 91.32
Forza Bergan! A por todas! Hai que seguir erguer esa moral. A victoria co Rápido ten que dar confianza e moral. A seguir traballando! 26 Ene 2015, 02:00 182.03
Aínda queda liga. Si ben, non hai que durmirse. A última hora todo serán lamentacións. Pola parte baixa, hai equipos bastante igualados. Todo pode pasar. Iso si, hai que espabilar! 26 Ene 2015, 01:52 179.30
Cos resultados desta xornada o Viveiro acada a segunda posición, tras perder o Conxo. A liga igualada pola parte alta. 26 Ene 2015, 01:50 91.32
Sorpresa no Roca de Vilalba. O Boiro deixou tres puntos importantes. 26 Ene 2015, 01:45 91.32
2-0, segundo a FGF 25 Ene 2015, 16:53 91.32
Segundo a FGF o partido xogarase no campo de Estévez en San Pedro de Castriz, ás 11:00 h. Árbitro: Nicanor Antonio Frecha Arufe. 25 Ene 2015, 16:50 91.32
0-14 25 Ene 2015, 16:43 91.32
Partido cinco estrelas. O líder gañou na casa fronte a un difícil rival (3º clasificado). O Fisterra cun partido menos co XSC que é o 2º clasificado, empatados a puntos 45. 25 Ene 2015, 16:12 91.32
Mal partido de fútbol nas Eiroas. No partido de ida o resultado foi de 1-12. Que pasou naquel partido? Que pasou con este Bergan? Que pasou co San Cristóbal? 25 Ene 2015, 16:06 91.32
Bo resultado para o Bergan. No primeiro partido non mereceu o empate. Bo resultado. A seguir traballando! 25 Ene 2015, 16:03 91.32
Parabéns para o XSC, bo resultado. Aupa Xallas! 25 Ene 2015, 16:01 181.63
O Malpica con este triunfo é o terceiro clasificado empatado a puntos co Esteirana (líder) e o Coristanco. 25 Ene 2015, 02:37 91.32
Importante o triunfo do Coris en Zas. Segundo clasificado empatado a puntos co líder, o Esteirana. Tamén co Malpica, SDC. 25 Ene 2015, 02:35 91.32
Goleada no campo de San Pedro de Xallas. O Esteirana fixo unha manita (como se di agora no argot futbolístico) ao Castriz. Os de Esteiro lideran este torneo. O Castriz é o pechacancelas. Catro equipos con 0 puntos (Castriz, Cee, Baio e Zas). 25 Ene 2015, 02:32 91.32
Empate do Cabana no Hermanas Patiño. Os locais viñan de gañar ao Xallas en Santa Comba. Bo resultado o acadado polos visitantes. Primeiro punto que conseguen. 25 Ene 2015, 02:25 91.32
Superioridade do equipo local. Goleada no Conco. O Dumbría é un dos equipos favoritos nesta fase. 25 Ene 2015, 02:24 91.32
Segundo partido no que non puntúan os xalleiros. Os Miúdos un rival moi difícil e máis no seu campo. O XSC terá que esmerarse e esforzarse nos partidos seguintes se non quere seguir os pasos das xornadas pasadas. Ánimo Xallas! 25 Ene 2015, 02:22 91.32
O líder impúxose a domicilio e con solvencia. As Baleas, sexto clasificado. 25 Ene 2015, 02:20 91.32
Moitos goles na Rocheira. Resultado apretado para os visitantes. 25 Ene 2015, 02:19 91.32