Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
O Dumbría é un dos equipos favoritos para gañar a liga. Xa o fixo na tempada pasada. Non conqueriu o ascenso. 04 Sep 2014, 13:37 17.54
O Esteirana con dúas baixas importantes xa que ficharon polo Bergantiños da liga nacional. Antes estiveron a proba polo Depor. 03 Sep 2014, 03:20 17.69
Ata o de agora os visitantes contan os partidos amigables por victorias. O traballo do míster Lorenzo sen dúbida dará bos resultados. 03 Sep 2014, 03:16 17.69
Adestrador novo para esta tempada no Coris. Fíxose cargo da dirección técnica o míster, José Manuel Lorenzo, que na pasada tempada estivo no Castriz xuvenil. 03 Sep 2014, 03:15 17.69
Tamén xogou contra o Bergantiños xuvenil da Liga Galega. Ían gañando 1-0 cando se lesionou no minuto 12 un xogador visitante, Eloy, polo que suspenderon o encontro. Ata entón, os locais fixeran un bo encontro, con boas ocasións de gol, bo manexo do balón e sobre todo, boa colocación no campo. 31 Ago 2014, 16:55 17.33
O Dumbría vén de xogar un partido amigable co Deportivo Cadete en Abegondo. O resultado: 0-4. 31 Ago 2014, 16:53 17.33
O equipo do Cabana SD gañou un triangular en Paiosaco. Gañou aos anfitrións 0-2 e logo ao Torre SD por 1-2. 31 Ago 2014, 16:50 17.33
A FGF debe rectificar algunhas decisións e pensar máis no fútbol ao que deben defender, en especial ao fútbol base. Moitos destes nenos teñen que trasladalos os pais en vehículos propios. Con este tipo de decisións se mellorará a conciliación familiar? 31 Ago 2014, 14:18 17.28
Este compartamento da FGF é o correcto? É deportivo? Pensan non nenos e xogadores? Amais, nestas datas non hai colexio. 31 Ago 2014, 14:17 17.28
Só hai que ver na tempada pasada as datas nas que se celebraron partidos da fase de ascenso a categorías falegas. Un venres, ás 17:00 horas, a máis de 25 quilómetros o primeiro encontro. É xusto este comportamento da FGF? 31 Ago 2014, 14:15 17.28
Logo obrigarán a desputar encontros en días laborables, durante o calendario escolar, ou se desputen partidos de clasificación durante un fin de semana sen apenas descanso para os xogadores, en especial das categorías inferiores. 31 Ago 2014, 14:13 17.28
Non paga a pena ver as autorizacións nas ligas españolas e mesmo estranxeiras en cuestións similares. Algunha vez por cuestións económicas, case sempre extradeportivas. 31 Ago 2014, 14:11 17.23
A FGF, no momento de aceptar no seu día non se decatou que de xogar se adulteraría a competición? A FGF, considera de verdade que de xogarse un encontro antes do comezo da liga pode adulterar a competición? Fraco favor ao fútbol. 31 Ago 2014, 14:10 17.23
A FGF que aceptara o cambio, agora se volve atrás e supende a celebración do encontro por canto dado que aínda non comezou a liga, se se xoga adulteraría a competición. 31 Ago 2014, 14:08 17.23
O cambio fora aceptado pola Federación Galega de Fútbol. Mesmo xa o Comité de Árbitros xa tiña o árbitro designado. 31 Ago 2014, 14:05 17.23
O partido, por mutuo acordo dos equipos, estaba previsto se xogase o sábado, 30 de agosto de 2014, ás 17:00 horas. O motivo do cambio é que coincidía coa festividade da Virxe da Barca de Muxía. 31 Ago 2014, 14:03 17.23
Os locais son os vencedores das ligas das últimas tempadas. Resísteselle o ascenso á liga galega. 27 Ago 2014, 22:10 16.96
Os xalleiros a polos tres puntos. Sería importante comezar gañando e máis na casa. A por todas Castriz! 27 Ago 2014, 22:09 16.96
O equipo visitante ten un canteira de xogadores de envexa. Nas últimas tempadas conseguen boas clasificacións e bos resultados. 27 Ago 2014, 22:08 16.96
Os locais saen como favoritos. 27 Ago 2014, 22:07 16.96