Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
Os xalleiros na competición non fixeron o xogo que non teñen acostumados. Contra o San Cristóbal moito menos. Os nervios, a tensión, atenazan aos máis xoves. Cousas do fútbol. 25 May 2014, 16:13 14.49
Non se tiraron os penaltis de rigor. Os xalleiros xustos campións. 25 May 2014, 16:12 14.44
Sergio (por partida dobre), Jacobo o 2-0 e Marcos foron os goleadores do equipo xalleiro. 25 May 2014, 16:11 14.44
Parabéns aos dous equipos. Deron o máximo. Traballaron a reo. O que non é doado é que a FGF someta aos equipos a semellante esforzo. Teñen que recuncar. Facer máis cómodo e competitiva a competición. Os descansos deben ser obrigatorios, incluso para os modestos. As veces os dirixentes da FGF pensan que todos son profesionais. Non é doado os equipos xoguen o venres polo serán, un deles xogue logo o sábado (tiñan estipulado para as 11:00 h), e os demais xoguen o sábado e domingo. En fin, moito non pensaron nos rapaces, nin no colexio, nin na época de exames. Rectificar é de sabios. 25 May 2014, 16:10 14.44
Os visitantes, os xalleiros, mereceron gañar. Os locais, o Obreiro, amosaron mellores feituras que no primeiro partido co San Cristóbal. As gañas, os nervios, a tensión, puideron con moitos dos xogadores. É de entender. 25 May 2014, 16:07 14.44
Os xalleiros non fixeron o fútbol ao que nos teñen acostumado. Os nervios e a tensión inflúen moito. 25 May 2014, 16:05 14.44
Superioridade manifesta do equipo xalleiro. Curto o resultado para o que reflexa o marcador. O Obreiro puido obter un gol máis, nunca clara ocasión. 25 May 2014, 16:04 14.44
Ánimo Xallas de Santa Comba, podedes! 24 May 2014, 20:11 14.44
Os xalleiros teñen que gañar por 3-0 para ser campións desta fase de clasificación. 24 May 2014, 20:11 14.44
O Tenerife B adestrou despois do encontro. Mañá xogará contra o Cerceda na fase de ascenso á Segunda División B. 24 May 2014, 20:08 122.28
Os xalleiros gañaron na quenda de penaltis. O porteiro Alvaro estivo soberbio. Tres penaltis parou. Un deles sacouno cos pes. Parada de gran mérito que mereceu a felicitación do entrenador do Tenerife B. 24 May 2014, 20:07 122.28
Comezou marcando o San Cristóbal. Empataron e puxeron por diante os xalleiros 1-2. A falta duns cinco minutos empataron os visitantes, nesta ocasións. 24 May 2014, 20:03 122.23
El partido se jugó a las 16:30 h como se dijo antes. 24 May 2014, 20:02 87.17
O Obrero gañou na tanda de penaltis. Superiores os locais. O resultado quizá un pouco abultado. 23 May 2014, 22:52 49.25
Moita sorte para os xalleiros! A gañar! Pasiño a pasiño faise o camiño. 23 May 2014, 22:51 77.11
O encontro será ás 16:30 h en Cerceda. Importante para os siareiros que desexen ver o partido. 23 May 2014, 22:50 146.85
A verdade este sistema de competición non é o ideal. A FGF debe plantexarse un cambio. Os equipos teñen pouco descanso. O Xallas terá pouco tempo de descanso entre partido e partido. Así está disposto, así hai que aceptalo. O importante o xogo limpo e participar. 23 May 2014, 22:50 146.85
Ánimo Xallas! Hai que pelexar para ascender. Merecédelo! 21 May 2014, 23:44 146.82
Comentan que o Muxía non compareceu ao non ter xogadores suficientes para iniciar o partido. Unha mágoa o que ocorre en moitos equipos destas categorías. 19 May 2014, 21:14 14.14
O partido comezou con moito retraso. O árbitro non chegou á hora anunciada. O importante non pasara nada. O partido xogouse con moita deportividade. 17 May 2014, 23:14 14.35