Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
Non foi quen o Bergan de puntuar. 06 Dic 2015, 16:46 625.15
Moi bo resultado o acadado polos xalleiros. Un empate fronte ao lider. Parabéns aos xalleiros. 06 Dic 2015, 16:33 599.06
O Bergan moi superior. 06 Dic 2015, 16:30 481.85
Foifalta non é bo indicativo que nun partido se amosen 13 cartóns. Algo falla. Ou é un partido moi, moi follonero, con duras entradas, protestas a miúdo, ou ben o árbitro é dos que pensa que amosando cartóns controla o partido. E non é botar en contra deles. Un mal día teno calquera. A preparación no aspecto psicolóxico é importante para dirixir encontros. Iso si, sempre un apoio aos equipos arbitrais. En xeral, ao manteñen un bo nivel. Son persoas tamén e erran coma calquer humano. Unha lanza a prol deles, sempre! 06 Dic 2015, 11:32 625.15
Por último, a deportividade foi exquisita, dentro loxicamente do que é un partido de fútbol. En todo momento, os xogadores amosaron un fair play a destacar. Tamén hai que salientar a arbitraxe que estivo ben, xunto cos liñas. Os visitantes reclamaban que o gol anulado en fóra de xogo fora legal. O liña estaba ben situado. As opinións son variadas. Se os afeccionados temos dúbidas, imaxinenmos os xuíces que teñen que decidir en décimas de segundo. Non amosou cartón ningún. Unha nota do 0 ao 5. Un 5 de xeito moi claro. Na miña opinión claro. Tamén na dalgúns siareiros visitantes cos que puidemos charlar. 06 Dic 2015, 11:27 558.84
O Villalbés amosouse como un equipo compacto, ben asentado no campo. Dominaron nos balóns aéreos, feito que aproveitaron moito neste encontro. O desgaste físico tamén se fixo patente ao remate do partido. Víronse desbordados na primera parte polo bo fútbol dos locais. Na segunda, sen embargo, levaron a iniciativa, en especial na media hora. Trenzaron boas accións combinativas, tanto a nivel individual coma colectivo. Gustou o Vilalbés que amosou o motivo de estar líder na clasificación. 06 Dic 2015, 11:22 558.84
No apartado de destacados no Dumbría: todo o equipo. Titulares e suplentes, Partidazo no aspecto individual e colectivo. Moitas gañas e ilusión dos xogadres. No aspecto físico, o deron todo e moito máis. Na segunda parte, influiu o enorme esforzo feito na primeira parte. O aspecto negativo: os balóns por alto, non é o seu forte. Ao remate do partido o cansanzo era patente en gran parte dos xogadores. 06 Dic 2015, 11:20 558.84
O Bergan a non perder o fío dos postos de promoción de ascenso. O factor campo e a situación na clasificación do equipo visitante fan favorito aos vermellos. Aupa Bergan! 06 Dic 2015, 11:14 481.85
Interesante o comentario de Rottxeiler. A valoración de todos os xogadores do traballo feito no campo. Moitos son os factores que inflúen. Ás veces se decantan polo máximo goleador do partido ou por accións individuais que nos quedan na retina. Os administradores deberían tomar boa nota. Igual ocorre cos porteiros. Pensemos que agora hai a costume, en moitos equipos, de que os porteiros xoguen medio partido. Parabéns pola iniciativa! 06 Dic 2015, 11:10 522.03
Grazas polo comentario. Moitas veces o troco de adestrador ten bos froitos. Outras, non tanto. 06 Dic 2015, 11:04 599.06
En que senso o dis, Marcelino? 06 Dic 2015, 00:56 599.06
Bo resultado o acadado polo Orilla fronte a un rival forte e difícil. Os tres puntos son importantes para os locais. 06 Dic 2015, 00:53 599.06
Partido de rivalidade xeográfica. 06 Dic 2015, 00:47 599.07
O Boiro foi quen de gañar con folgura no campo de Santa Isabel. Agora a tres puntos do Santiago que está a un punto do Ural, segundo clasificado. Os de Santiago perderon a oportunidade de poñerse segundo na clasificación. Moitos goles no encontro. 06 Dic 2015, 00:28 590.07
A ficha do partido: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=85215 06 Dic 2015, 00:27 561.01
A ficha do partido: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=85212 06 Dic 2015, 00:24 551.09
Periscopio, seguro foi un partido xogado de poder a poder, dous bos equipos que lideran a clasificación. 06 Dic 2015, 00:21 551.09
Foi quen o Coris de empatar no campo do líder. Mesmo foi gañando por 0-2 no minuto 7. Os locais cun home menos desde o minuto 51, por dobre cartón amarelo. 05 Dic 2015, 23:20 599.06
A ficha do partido: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=82558 05 Dic 2015, 23:19 599.06
Partido de rivalidade municipal. Moitos goles no campo da Grisa. A ficha do partido http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=82559 05 Dic 2015, 23:08 599.06